sábado, junio 30, 2012

CRISTIAN MUÑOZ, un dianteiro para a Sd

Cristian Muñoz Belda, nacido en Alcoy e afincado en Carballo, é novo atacante da Sd Sofan. O rapaz, de 19 anos, é a segunda incorporación do Baby - Sofan que se está a construir para a tempada 2012/2013. Rapaces talentosos e con proxección que teñen que complementar ós veteranos de contrastada calidade que xa hai no vestiario sofanista.

Cristian destaca por ser un atacante rápido e peleón, con un bo disparo coas dúas pernas e ganas de comerse o mundo. O rapaz iniciouse no fútbol na sua terra co CD Javer. Xa en Galicia, xogou un ano no Coristanco cadete, onde destacou e pasou a enrolar as filas do Bergantiños cadete, co que ascendeu a división de honor. Estivo un ano no Dubra xuvenil, para voltar ó Bergantiños, e ser campeon de liga galega xuvenil, cunha promocion de grandes xogadores entre os que se atopaba o xa sofanista Ivan Rey, que será compañeiro seu no vestiario do Carral.