lunes, julio 11, 2011

Dous homes para a banda dereita: David Velo e Ivan Rey



Presentáronse o pasado viernes no campo do Carral duas novas incorporacións da Sd para a tempada 2011/2012. Tratase de David Velo e Ivan Rey, dous polivalentes xogadores que veñen a reforzar a banda dereita do equipo de Vicente Garcia.



Ivan Rey, oriundo de Sofán, é unha vella obsesión do equipo presidido por Liso Docampo. De familia moi ligada ó clube, o rapaz de 20 anos chega ó clube da súa parroquia despois de formar toda a súa vida deportiva nas categorias inferiores do Bergantiños, onde se mostrou como un dos xogadores mais prometedores das últimas remesas de futbolistas de Carballo. A última tempada formou cedido no clube veciño o San Lorenzo de Verdillo, mostrando a súa calidade polos campos da costa. Ivan xoga tanto de lateral como de interior dereito, explotando as suas grandes virtudes, a calidade e a velocidade. O corpo técnico ten grandes esperanzas depositadas na súa explosión como xogador verdadeiramente importante na liga.



Cerra así a Sd a buscada renovación en idade do plantel, coa contratación de tres xovenes valores, Edu - que xa disputou os ultimos partidos da campaña pasada- , Eloy Boedo e Ivan Rey. Entre os tres non suman mais que 58 anos de idade e supoñen o futuro do clube, no que esperamos que disputen moitos partidos a partires de agora.



David Velo, de 29 anos, ven a reforzar o posto de lateral dereito, algo coxo de efectivos a tempada pasada. O xogador, con amplia traxectoria na liga da Costa, distinguese polas suas cualidades defensivas e a polivalencia, pois pode actuar incluso no centro da defensa ou no centro do campo. Ven de celebrar o título de campion da Liga da Costa co Ponteceso. O xogador iniciouse naquel gran Cabana de Jose Antonio Cambon, subcampion de liga e copa, para pasar o Cerqueda, despuntou pronto para ir o onteceso e despois disputar unha liga en 1ª autonómica co San Lorenzo. O San Cristobal coruñés foi o seu outro clube antes de recalar no Carral.