S.D. SOFAN - Carlos Tojeiro, Adrian Garcia, Diego (Oscar Pardo 90´), Juanjo, Pensado, Miniño, Pizo, Aleman, Mario Casal (Jacobo 67´), Bertin (Manolo Varela 77´) e Luisito (Gende 88´).
CARNOTA - Manuel, David, Nico, Pedro, Tono (Chouza 46´), Demetrio, Toniño, Pablo Beiro (Toumo 60´), Manu, Pumuki (Gabri 46´), Oliver (Urko 75´)
ARBITRO: Yañez Muiño, que amonestou a Diego, Mario e Luisito por parte local, e a Pedro por parte visitante. Expulsou no min. 60´a Demetrio e Adrian tras unha pequena tangana.
GOL: 1-0 29´ Contra da SD, Luisito chega adentrase na area e define con clase e maestría.
Chegaba o Carnota ó Carral con moitas baixas na súa liña atacante, de homes importantes,e abofé que se notaron, pois apenas inquedaron a portería de Tojeiro en todo o encontro. A Sd exerceu un dominio aplastante no primeiro acto, xogando
O segundo tempo iniciouse mais parsimonioso, pero a doble expulsion de Adrian e Demetrio parece que fixo despertar un pouco ós xogadores. O Carnota tentouno cun futbol mais directo pero foi incapaz de crear perigo. Por contra a SD seguia marrando claras ocasións. Bertin, tras unha gran xogada individual, botou o balón fora diante de Manuel. Mario rematou de cabeza e incomprensiblemente o balón foise alto. Bertin, pouco despois, rematou un gran centro de Luisito e o balón saiu lamento o pao. Tanto perdonar fixo que se temera que en calquera xogada o Carnota igualara, pero a defensa da Sd estivo moi sobria e contivo as timidas ofensivas visitantes.