S.D. SOFAN: Carlos Tojeiro, Roberto Sou

SAN LORENZO: Recarey, Puñal, Dubra, Iván Rey, Adrián (Fuentefría, min.80), Álex (Javi Pensado, min.65), Jorge Pichel (Quillo, min.80), Cachizo, Carliños, Alexandre, Marcos Cancela.
Goles:
1-0, min.10: Mario aproveita un balón en profundidade para bater a Recarey
1-1, min.21: Carliños, tras un erro defensivo
2-1, min.60: Bertín de penalti
2-2, min.68: Alexandre peina unha falta lanzada por Carliños
3-2, min.89: Luis de gran disparo dende a frontal.
Comezou o conxunto local moi enchufado ó partido, levando o peso e creando ocasións. O primeiro tanto chegou cedo, e serviu para aliviar a tensión que tiñan os xogadores encima. O partido parecía unha final, cun público volcado e un ritmo en

O segundo tempo foi de locura, con un aumento exponencial da tensión segundo ian pasando os minutos. O xogo endureceuse e o graderío botaba fume. David Pensado lanzou fora unha gran volea. O SAn Lorenzo creaba perigo a balón parado, pois dispón de grandes lanzadores. Luisiño foi o mais pillo e forzou un discutible penal, que se encargou de transformar Bertin. Por segunda vez igualou o equipo de Oscar Suarez ó pouco do gol local, e a expulsión de Juan Rabuñal por protestar facia inclinar a balanza ó lado visitante. Pero o San Lorenzo baixou o pistón xusto nese momento, e a SD veuse arriba. Jacobo tivo un par de bos disparos, e Luisiño deixouse ven en perigosas combinacións con Bertin, antes do golazo que decidiu o derbi. Na seguinte xogada, viuse a combinación do partido: Bertin foise de cantos rivais lle sairon ó paso pola liña de fondo pero foi incapaz de bater a Recarey. Rematou o encontro e aliviouse a tensión dun encontro que mais parecia o decisivo da liga que un mais da 6ª xornada. Foi unha homenaxe ó fútbol costeiro en toda a regra.