lunes, septiembre 13, 2010

S.D. SOFAN 1 - O PINDO 0

José R., Miniño, Juan Rabuñal, Pensado, Aleman, Pizo, Diego, Carlos Tojeiro... non é a alineación de onte, senón a lista de baixas que arrastra a SD. Pizo e Diego son as últimas, producidas no encontro de onte. Ó descanso a SD xa fixera dous cambios. Parece que a sorte neste aspecto non está do lado da SD.
Si que o estivo no aspecto futbolístico, pois nun partido igualado os puntos caeron do lado local. A resaca da Festa do Socio fíxose notar no campo e o Sofán estivo moi espeso no primeiro tempo, para mellorar algo no segundo.

S.D. SOFAN - Costa, Roberto Souto, Oscar Pardo, Gende, Juanjo, Pizo (Manolo Varela 46´), Mario Casal, Diego (Berti 38´), Adrian, Jacobo, Bertin.

O PINDO - Garrido, Alex (Angel 87´), Piquero, Miguel de Lira, Pulpo (Paulo 70´), Julian, Rafa (Diego 70´), Poky, Rivas, Fran de Cee, Victor (Aitor 60´).

GOLES:
1-0 23´Balón en profundidade a Adrian que se fai un lio, pero Bertin chegando dende atras remata ó fondo das mallas.

Saiu O Pindo ben replegado e buscando as contras. A Sd, dirixida por un Pizo que vai pillando o seu nivel habitual, tentouno nun par de ocasións pero as ideas non eran moi claras. Fran tivo unha boa ocasión pero Costa abortouna na súa saida. O gardameta sofanista fixo unha gran parada a lanzamento de falta de Victor, e pouco despois chegou o gol de Bertín. A defensa da SD non tiña a súa tarde e regalou un par de ocasións os visitantes, que non souberon aproveitar. Entre bostezos chegouse ó descanso.

A SD saiu mellor no segundo tempo e durante a primeira media hora levou o peso do partido, apretando mais no centro do campo e saido con ataques rapidos. Jacobo estivo a piques de marcar nun disparo dende fora da area, e Berti tivo a mais clara da tarde tras desfacerse dun rival, pero o seu remate saiu alto. O Pindo reclamou penalti por mans inexistentes de Roberto, e Costa completou unha boa actuación, impoñendose nos ultimos minutos no xogo aereo e dando gran seguridade á defensa. Jacobo e Varela tiveron a última dos locais pero a defensa do Pindo rexeitou os seus remates. Traballado e sufrido triunfo da SD, que suma a segunda victoria á espera de que se vaia recuperando a xente e o mister Baña poida dispoñer de todo o plantel.