sábado, febrero 20, 2010

S.D. SOFAN - SP. ZAS, Domingo ás 16:15 no Carral

Partidazo o que se poderá presenciar este domingo a partir das 16:15 horas no tapete do Carral. O lider Sp. Zas visita ó 3º clasificado, a SD, do que o separan 9 puntos. É a derradeira opción dos de Sofán de engancharse á loita polo título. De caer derrotados ante os zasenses as opcións serían prácticamente nulas. Esperase unha grande afluencia de publico no recinto sofanista.

Ambos equipos son dos mais goleadores da competición, con 54 tantos en 23 partidos, o que da unha media de 2,35 tantos por partido, unha cifra mais que respectable. So o Xallas os supera. Os xogadores mais destacados polos locais neste eido son Bertín e Berti, con 12 tantos cada un, e Eloy con 6. Por parte visitante, Braulio leva 13, Navarro 10 e Rubio 7. O meta Norberto é o menos goleado da categoría. O Zas so encaixou 15 tantos no que vai de competición, mentres que a porteria sofanista se viu perforada en 27 ocasións.

O equipo de Felipe Solís é un bloque sólido, basado nunha liña defensiva practicamente imbatible, ainda que a posible baixa do capitán David lles poida restar potencial e xerarquia. O veterano Julian exercerá de lider, acompañado posiblemente dos Pereiro, Mario, e Roli. O bastón de mando no centro do campo é para o ductil Jorge Espasandín, mediocentro de calidade que esta vez poida notar a baixa de Kiko, outra das dubidas do mister visitante, xogador vital no conxunto polo seu despliegue fisico e sapiencia tactica. A sua baixa pode ser cuberta polo xoven Juan Ramon. A liña de ataque é de luxo, coa posible presencia do Rubio, acompañando a Navarro e Braulio, a mellor da liga sen dúbida. O cuarto en discordia estaría entre Pichin e Ibiza, sen descartar ó ex do Baio Diego Suarez. Un gran equipo, sen dubida.

A convocatoria local , con todos os homes á disposicion de Baña é a seguinte:
Porteiros: Jose R. e Costa
Defensas: Roberto Souto, Juanjo, Gende, Diego, Manolo Varela e Miniño.
Centrocampistas: Pensado, Mario, Aleman e Adrian.
Atacantes: Bertin, Eloy, Jacobo e Suso Docampo.
Caense da cita Pizo, Gustavo, Berti, Oscar Pardo e Carlos Tojeiro.