
SANTA COMBA B: Dani, Miguel Riveiro, Paco, Gonzalo, Dani Nieves, Matias Pazos, Diego Arnejo, Iago, Churian, Capís (Oscarín 72´), Julián.
S.D. SOFAN: J.Ramon, Victor Docampo, Diego (Oscar 84´), Juanjo, Gustavo, Pizo, Mario, M.Varela (Christian 60´), Abel, Bertin (Gende 78´) e Suso Docampo.
ARBITRO: Gonzalez Marquez, que amonestou a Gonzalo por parte local e a Diego, Mario, Abel, Suso Docampo, Gende e Christian por parte visitante. Expulsou a Gustavo no min. 76 por agresión a Gonzalo.
1-0 m. 28 Falta lateral colgada sobre a area sofanista, erra J.R. na saida e Diego Arnejo empuxa o balón a porta vacia
2-0 m.88 Nova falta que se bota dende a mesma posición que a anterior e Gonzalo peina no primeiro pao ó fondo das mallas.
Dito todo o anterior sobre a esperpéntica actuación arbitral, a verdade é que o filial foi mais equipo que o Sofan. Parece claro que os 11 homes que presentaron onte en Fontenla, de ter a oportunidade de disputar toda a tempada en boas condicións, non estarían clasificados no posto no que están. Destacaron sobremaneira o lateral Paco, o extremo Iago e o mediapunta Julian, todos eles habituais das convocatorias de Gelucho.
Levou o peso do partido o Santa Comba no primeiro tempo e anotou o primeiro gol logo das accións polémicas anteriormente referidas. Desperezouse a SD co gol recibido e ainda sen facer bo fútbol conq

No segundo tempo abriu liñas a SD, o que propiciou as contras do filial. O pouco de comezar Capís fallou un penalti co que fora sinalada unha entrada fantasma de Mario. J.R. estivo moi acertado e detivo o balón. Suso rematou no segundo pao unha falta botada por Pizo alto por pouco, e Gustavo tivo outra boa ocasión a balón parado, respondendo Diego cunha gran parada. O filial tivo boas opción por medio de Iago e Arnejo antes do gol que sentencióu o partido, posteriormente a unha gran ocasión de Suso que non entrou de auténtico milagro.