Fin de semana marcado outra vez polas
condicions climatolóxicas, coa comunidade galega en alert

a ante os fortes ventos e a auga que presumiblemente vai caer do ceo a paladas. E no medio destas, unha SD en crisis de resultados ten que acudir nin mais nin menos que ó
Ara Solis, campo mítico costeiro, a enfrontarse a un conxunto local que se encontra en mais dificultades das previstas a estas alturas de tempada. Ocupa
o Fisterra o 13º posto con 18 puntos, mentres que a SD é 4º con 34. O resultado do partido de ida, sen embargo, foi de 0-1 pos de Fisterra, gol de Manuel Cartamil, que non poderá xogar o domingo pois ainda lle resta un dos 4 partidos de sanción que lle impuxera o subcomité. Recupera Angel Canosa a Luisito despois de non xogar nas Pedreiras por estar sancionado.
Por p

arte da SD, ademais das baixas xa eternas e Adrian Garcia, Pizo e Adrian Abelenda, únense as de
Mario e Gustavo sancionados, e as dúbidas de Berti e Victor Docampo por mot

ivos personais. Terá o mister David Baña unha dificil papeleta para confeccionar o once do domingo ante a ausencia destes homes.
Levan unha boa xeira os sofanistas nas súas últimas visitas ó fin do mundo. O ano pasado igualou 1-1 a SD en Fisterra, gol de Cristian Periscal para o Sofán e de Tatá por parte local. Fai dous anos vencera o Sofán 1-2 con tantos de José e Marcos Cancela
Viaxa a SD coa satisfacción da noticia recibida de que se lle volveu a dar a razon no "caso Lupi", esta vez polo Comité Galego de Xustiza Deportiva, e definitivamente os puntos do Muros - Sofan quedan no Carral. Boa falta fan nesta época de crise.