Atractivo partido o que se ten que disputar o domingo ás 16:00 horas no campo do Carral, entre a S.

D. e o histórico C.D.Baio. Encontro este condicionado por diversos factores, o primeiro e mais morboso a presencia de
Chema Eiris, ex-adestrador dos sofanistas, no banq

uiño baies. É este o debut oficial de Chema, ainda que xa estivo presente no partido que os enfrontou ó San Lorenzo a pasada semana.
Chegan os dous equipos con bastantes baixas ó encontro. O Baio ten sancionados a dous impor

tantes xogadores,
Alberto Costa e Sergio Pensado. Ademais, unha plaga de lesions cebouse con eles, polo que son dúbida para o partido Diego Diaz, Martin, Carliños e Dani. Chema posiblemente terá que tirar de xogadores do equipo xuvenil para completar a convocatoria.
O da SD xa é cómico. Cada semana aparece unha nova baixa. Ás xa consabidas de Santi e Pizo únese esta semana a do porteiro Adrian Abelenda, con problemas nun ombreiro. Marquitos tampouco estará por motivos persoais. Recuperase Christian para xogar contra o seu ex-equipo e posiblemente Mario tamen sexa da partida.
Caso aparte é o de
Abel, expulsado a semana pasada e ó que o comité lle met

eu unha sancion de ¡¡
4 partidos¡¡. Resulta curioso este tema, pois a expulsión, moi rigurosa a todas luces, veu por un forcejeo que tivo co xogador do Porteño Valeiro que posteriormente lle lanzou o balón á espalda a Abel. O colexiado tomou a salomónica decisión de botar ós dous xogadores do partido, cando na opinión do que esto escribe cunha palmadiña a cada xogador seguro que solucionaba o problema. O indignante do caso é que
ó xogador do Porteño solo lle caiu un partido. Excesivo o castigo para Abel tendo en conta o que fixo, dende logo
non se pode decir que se teña aplicado a xustiza neste caso, e haberá que estar atento a ver se a outros xogadores se lles aplica a mesma vara de medir que ó noso dianteiro.
Fai duas te

mpadas o Baio abrira a liga no Carral e nun gran partido dérase o resultado de 1-1, marcando polo equipo local o capitán Suso Docampo. O ano pa

sado o marcador foi de 2-0 a prol dos locais, xogando por ambos equipos:
SD SOFAN: Costa, Victor, Oscar, Juanjo, Gende, Bertin, Eloy, Marcial (Pombo m.89), Cristian (Jose m.78), Suso Docampo(Berti m.88) e Adrian (Pizo m.84).
CD BAIO: Poli, Fermin, Cristian, Diego Diaz (Santi m.66), Diego Costa, Sergio Pensado, David Costa, Adrian, Jacobo, Mario e Diego Suarez (Ivan m.77).
GOLES: 1-0 m.65 Bertin. 2-0 m.7
1 Cristian Periscal