domingo, abril 27, 2008

SD SOFAN 2 CAMARIÑAS CF 1

Venceu a SD ó Camariñas no partido ida de dezaseisavos de final da Copa da Costa, ainda que o resultado mais xusto sería un empate, pois o encontro foi moi disputado, bastante trabado e con poucas ocasións de gol. En tarde gris uns 100 afeccionados acudiron ó Carral a ver o estreno dos homes de Chema na competición do KO. SD SOFAN - José Ramón, Victor, Gustavo, Juanjo, Gende, Pizo, Baneira (Marcial m.88), Bertin (Berti m.32), Cristian, Eloy (Oscar m.87) e Suso Docampo. CAMARIÑAS - Marcos, Iago Carril, Pablo, Valeiro, Nando, Moriño, Dario, Robertito (Alex Camean m.78), Brais Triñanes, Pirucho e Brais Casal. ARBITRO: Cives Enjo, que amonestou a Baneira por parte local e a Iago e Pablo por parte visitante. Expulsou ó tecnico do Camariñas Tono. GOLES: 1-0 m.6 Eloy recibe ó borde da area, acomoda o balón á sua perna dereita e saca un trallazo que da no pao e entra. 1-1 m. 35 Saque de banda que remata Robertito de impresionante volea ante a que José R. non pode facer nada. 2-1 m.86 Balon á espalda da defensa camariñana, Berti realiza un bo control e dispara cruzado batendo a Marcos. Non pareceu un partido de copa o disputado hoxe no Carral, con dous equipos que se mostraron moi tensos e non foron capaces de desenrolar o futbol que levan dentro. O tempraneiro gol de Eloy paradoxicamente quizais perxudicara ós locais, pois foi o Camariñas o que se fixo co control do balon. Un trallazo de Suso que se foi alto por pouco precedeu a unha boa ocasion de Brais Casal que salvou Jose con unha gran parada. Á media hora lesionouse Bertin, o que trastocou un pouco os plans dos locais, que en ningun momento deste periodo encontraron o seu mellor futbol. Os visitantes xogarou un cuarto de hora moi bo que culminou no golazo de Robertito, pero logo mostraronse conformistas co empate, ainda que ó filo do descanso Gende salvou baixo paos un remate de Brais Triñanes. O segundo tempo parecia un tramite, pois o centrocampismo foi a nota predominante. Os dous equipos mostraronse moi igualados e as defensas impuxeronse ós ataques. Cristian disparou fora antes de que Jose tivese que intervir a un remate de cabeza de Brais Triñanes. A pouco do final Robertito, un dos mellores dos visitantes, lanzou unha falta alta por pouco, e pouco despois, na mellor xogada dos locais no partido, un centro de Victor rematouno Cristian de espuela parando Marcos con problemas. O gol de Berti faltando tres minutos desatou a locura na Sd, pois na seguinte xogada un centro de Suso foi cortado coa man por Pablo con claridade, e no tempo de desconto foille anulado un gol a Cristian por inexistente fora de xogo. Ainda así non se pode queixar o Sofan do resultado que leva para o partido de volta vistos os meritos de uns e outros no partido de hoxe.