lunes, abril 02, 2007

CARNOTA 2 S.D. SOFAN 0

Xornada casi festiva para a SD que non se xogaba nada no envite, e ainda que puxo toda a carne no asador viuse desbordado por un Carnota que se xogaba a permanencia e conseguio o seu obxectivo nunha segunda parte moi ben xogada por parte do equipo local

ALINEACIONS-

CARNOTA . Luis, Nico, Alex, Pedro, Sebas, Eli, Marco (Demetrio m.64), Martin, Jorge Cagide(Jose Manuel m. 83)(Urko m.87), Piri, Miguel(Pablo Beiro m.45).
SD SOFAN. Costa, Pancho, Gustavo(Mutio m.75), Gende, Varela, Pizo, Marcos Cancela, Juanjo, You, Pombo(Jose m.73) e Bertin.

ARBITRO - Sergio Rodriguez Tajes, que amonestou a Eli.

GOLES - 1-0 m. 48 rapido contragolpe do Carnota que culmina Pablo Beiro anticipandose de cabeza á defensa visitante. 2-0 m. 77 xogada embarullada na area visitante con claro fora de xogo incluido, e Pablo Beiro define a porta vacia.

Nos compases inicias do primeiro tempo a SD levou o peso do partido. O Carnota mostrabase moi agarrotado debido posiblemente ó importante que era o partido para eles. O medio campo visitante contactaba ben con Pombo e o xogo da SD era fluido . Na zona defensiva non se pasaban apenas apuros, excepto nunha gran xogada de Piri dentro da area que desbaratou Costa nunha gran salida. O dominio territorial da Sd non se transformou en ocasions de gol e Luis foi un mero espectador durante todo o encontro.

O gol nada mais sair dos vestiarios sentenciou o partido, pois a Sd, sen xogarse nada no partido, non tivo forzas para remar co marcador en contra e deixouse levar ata que o Carnota, moi tensionado e animado por un publico volcado co equipo local, marcou o segundo tanto que dou por finiquitado o partido. Os carnotans estiveron moi seguros en defensa toda a tarde, con un Pedro moi seguro no xogo aereo e un Eli que levou a manija no medio campo, e mereceron a victoria de maneira clara.