lunes, octubre 31, 2011

S.D. SOFAN 3 - ESTEIRANA 1

Está a Sd a recuperar a liña de xogo de pasadas tempadas, e o sabado impuxose con xustiza no Carral a un sempre dificil rival, a Esteirana. Escasos 100 espectadores presenciaron un encontro de dominio local, e por fin viron unha victoria da Sd no seu feudo.




S.D. SOFAN - Luis de la Peña, Adrian, Miniño, Juanjo, Juan Rabuñal, Pensado -Diego 89´-, Jacobo - Manolo Varela 75´-, Suso Docampo, Abel, Ivan Rey -Edu 63´- e Berti - David Pensado 80´-.



ESTEIRANA - Ramon, Fran Maceiras, Jose Varela, Dani Rama, Chispi, Picho - Adrian 65´-, Simon, Uru, Adelino, Andel - Alex 57´- e Iago - Cajulo 57´-.



ARBITRO. Vazquez Suarez, que amonestou a Miniño e Suso Docampo por parte local, e a Simon, Adelino, Iago e Alex por parte visitante.



GOLES.

1-0 32´Tras duas clarisimas ocasións diante de Ramon, o balon chega a Ivan Rey, que saca un gran centro ó segundo pao e Abel, chegando en carreira, marca.

1-1 43´Falta que mete Simon pola escadra.

2-1 45´Corner que remata Miniño no segundo pao

3-1 49´Contra da Sd que remacha Berti.



A victoria en Fisterra dou confianza á Sd, e demostrouse levando o peso do partido en todo momento contra a Esteirana. O balón circulaba con precisión e as ocasións non tardaron en chegar. Berti marrou unha clarisima a porta vacia tras unha gran xogada de Adrian. Adelino respostou pero Luis detivo a sua clara ocasión. Posteriormente Abel falla un man a man con Ramon, e o rexeite non foi capaz de marcalo Berti. Menos mal que na mesma xogada chegou o 1-0, pois a parroquia local xa se desesperaba. A Esteirana, que ata ese momento estivera ben controlada, estirouse un pouco, creou perigo nun par de balons parados, e igualou con un golazo de Simon. Unha vez mais repetiase a historia no Carral, pero encargouse Miniño de revertila na seguinte xogada, moi oportuno no segundo pao, para desfacer o empate.



O mazazo definitivo para a Esteirana chegou a pouco do inicio do segundo acto, aproveitando Berti unha boa xogada de Abel para batir a Ramon. Relaxouse un pouco a Sd neses intres despois do gol, e tivo que facer unha tremenda parada Luis a tiro de Uru, que podia meter a Esteirana no partido. A Sd recobrou o mando, tocou ben o balón, e dominou o xogo ante unha Esteirana que baixou os brazos. As contras da Sd crearon bastante perigo, destacando unha gran xogada de Edu que non acabou en gol de milagro.

viernes, octubre 28, 2011

Ivan Rey, convocado coa selección da Costa.


O xogador da SD IVAN REY foi convocado para o amigable que disputará a selección da Costa en Santa Comba o vindeiro martes 1 de novembro, contra a Selección Galega Sub-18, ás 16:30h. Este combinado costeiro será dirixido por Huelvis, e acollerá a un futbolista de cada clube costeiro na Preferente, 1º e 2ª Autonómica, e buscará amosar o potencial dos máis novos futbolistas da zona.

A selección é casi na súa totalidade sub-23, coa única excepción de Doro, que será o capitán da mesma, nunha especie de homenaxe ó magnífico xogador xalleiro pola súa traxectoria no fútbol galego.

A convocatoria foi a seguinte:

Esteirana SRCD: Simón.
Muros SD: Mayuyo.
Ponteceso SD: Luisete.
San Lorenzo de Verdillo: Fuentefría.
UC Cee: Parroto e Fernando
Buño S.D: Ismael
UD Corcubión: Alan
SD Fisterra: Roa
SD Sofán: Iván Rey.
Cub del Mar de Caión: Rubén.
SD Mazaricos: Matías Ramos.
Camariñas CF: De la Sierra.
SD Soneira: Brais Lado.
Dumbría CF. Tati e Toni.
SD Castriz: Alberto e Sebas.
Xallas CF: David e Adrián Prol.
Santa Comba CF: Doro e Chinda

lunes, octubre 24, 2011

FISTERRA 1 - S.D. SOFAN 2

E na 8ª xornada apareceu a Sd que todos coñecemos. Foi no histórico Ara Solis, e ante un dos equipos de maior calidade da categoría. Os de Sofán sairon concienciados da importancia do encontro, e a pesar de encaixar un tanto na primeira xogada do partido, souberon refacerse, empataron antes do descanso, e deron a puntilla no segundo tempo. O nivel defensivo do equipo foi excelente, non permitindo apenas ocasións a un equipo que soe crear moitas en cada partido. Un dato importante foi o infortunio fisterrán: ata tres xogadores, Joselu, Roco e Pana tiveron que sair lesionados durante o encontro.

FISTERRA. Joselu -Nico 28´-, Juan de elvira, Pana, Gustavo, Piti, Roco -Edu 41´-, Santi, Guardiola, Tata -Rivas 67´-, Dudo e Marco Docabo -Mané 61´-.

S.D. SOFAN. Luis de la Peña, Adrian, Miniño, Juan Rabuñal, Juanjo, Pensado, Jacobo -Varela 89´-, Suso Docampo, Ivan Rey, Abel e Berti -Edu 75´-.

GOLES:
1-0 1´corner botado por Roco que remata de maneira impecable Gustavo ó fondo da rede.

1-1 27´corner de Jacobo, moi cerrado, que Joselu introduce na portería, lesionandose na mesma xogada.

1-2 60´xogada de Abel por banda esquerda, centra raso hacia atras e Berti chegando en carreira engatilla ás mallas.

Iniciouse o partido da peor maneira para a Sd, con un gol en contra na primeira xogada. Pero non se descompuxo o equipo de Vicente, que tiña as ideas moi claras. Miniño e Juan Rabuñal aportaron claridade na saida de balón dende atras, e as bandas eran dous puñales, especialmente Ivan neste primeiro tempo. Berti fajábase en ataque. Defensivamente o equipo estivo impecable, cerrando todos os camiños á meta de Luis. A ocasión mais clara dos locais foi un remate de Santi tras un rexeite de Luis que se foi alto. O gol do empate serenou os visitantes, que viron ademais como Juan de elvira se tiña que poñer de porteiro tras a lesión de Joselu. A postreira lesion de Roco acabou por descompoñer os locais, que vian dificil facerlle outro gol á Sd.

O segundo tempo foi da Sd nos instantes iniciais. Abel comenzou a crear perigo. Jacobo conectou un gran disparo que o gardameta local rexeitou como puido. O gol de Berti fixo xustiza ó control de partido visitante. A partir de ahi o encontro loqueou. O Fisterra, coa entrada de Mané fixo mais perigo, e primeiro o propio Mané e logo Rivas, puideron marcar, pero Luis estivo moi seguro. Nas contras a Sd tivo a sentencia, pero na mais clara ocasión Abel enviou unha vaselina alta. Ata o final, e con mais de 7 minutos de desconto, a Sd aguantou con veterania os acosos locais e levouse tres importantes puntos dun dos campos mais dificiles da liga.

lunes, octubre 17, 2011

S.D. SOFAN 0 - MALPICA 3

Prosegue a mala xeira de resultados da Sd, que non levanta cabeza. No derbi de onte, igualado ata os últimos minutos, a falta de acerto diante da meta contraria condenou ó equipo de Vicente. A gran actuación do meta Suso, moi acertado en tres grandes intervencións, foi decisiva. Mais de 250 espectadores presenciaron un disputado encontro.


SD SOFÁN: Richard; (Luís de la Peña, m. 25); Adrián, Víctor Docampo, Juanjo, Miniño, Alemán, (Alberto Pensado, m. 58), David Pensado, (Edu, m. 70), Suso Docampo, Mario Casal, Iván Rey, (Jacobo, m. 54), Abel, (Berti, m. 70).
SCD MALPICA: Suso; Charly, Marcos Amado, Víctor, Iago, Rancaño, (Alfredo, m. 61), Cheo, (David Álvarez, m. 70), Daniel, (Neucha, m. 60), Pablo, Andrés, (Dani, m. 60), Nando.

Árbitro: Rama Cotelo. Amonestou a Adrian, Abel e Jacobo por parte local, e a Amado, Andres e Alfrediño por parte visitante.

Gole:
0-1, m. 31: saque de banda á area local, que aproveita Pablo co seu habitual oportunismo para marcar na area pequena.
0-2, m. 64: falta directa que marca Alfrediño.
0-3, m. 88, contra do Malpica que define Pablo de gran vaselina.

Partido moi disputado no centro do campo nos intres iniciais. O visitante Nando dou o primeiro susto ó estrellar no longueiro unha falta dende casi o centro do campo. A Sd estirouse e Abel primeiro e logo Miniño probaron a seguridade de Suso. O meta visitante fixo a parada do partido nun man a man con Mario Casal, cando casi se cantaba o gol. A lesión de Richard fixo que entrara Luis no seu sitio, e a primeira accion foi para recoller no fondo das mallas o gol visitante. Nando en sendas chegadas de segunda liña tivo duas boas ocasións para os visitantes ante o desconcerto local antes do descanso.

Iniciouse o segundo tempo coa sd arriscando cunha liña de tres en defensa, pero as mellores opcions seguian sendo para o malpica á contra. Juanjo sacou un gran disparo de Rancaño. A mellor da Sd foi unha internada de Victor, que tras recortar a un defensa, disparou duro pero Suso fixo outra gran parada. O segundo gol dos visitantes foi outro clavo na tumba da Sd, que seguiu atacando a desesperada. O colexiado comiuse un claro penalti por mans de Amado, e acto seguido chegou o terceiro e definitivo gol.

martes, octubre 11, 2011

CLUB DO MAR 2 - S.D. SOFAN 0

O debut do meta coruñés Luis de la Peña non foi suficiente para que a Sd se levara algo positivo de Paiosaco, pese a merecelo largamente. Os de Vicente foron mellores que os locais, levaron o peso do encontro en todo momento, non deixaron xogar cómodo ó lider pero marraron as ocasións que tiveron. Pola contra, os de Caion demostraron a pegada que teñen en punta, aproveitaron as súas e levaronse o gato á auga.


CLUB DO MAR: Iago Dans, Corral (Chori, min.80), Álex, Chechu, Rubén, Bertín, Juan Lareo, Repi, Santi Silva (Piñeiro, min.70), Jacobo (Tonecho, min.60) e Vituco.

S.D. SOFÁN: Luis de la Peña, Adrián, Víctor, Miniño, Alemán (Jacobo, min.80), Picas (Juanjo, min.70), Suso Docampo, Mario, Iván Rey e Abel (Edu, min.67).

Goles: 1-0, min.14: Bertín bombea de cabeza ante a saida de Luis, tras un gran pase Repi
2-0, min.86: Repi aproveita un rexeite que deixa o balón morto na area pequena para bater a Luis de forte disparo.

Saiu a Sd ó campo con ganas de demostrar que a sua traxectoria actual é so producto dunha mala xeira. Tivo a posesión da pelota inicialmente, pero o gol de Bertín desmoralizou un pouco ó equipo sofanista. Ainda así, co marcador en contra, dedicaronse a mover a pelota con paciencia, buscar ben as bandas, e as ocasión empezaron a chegar. Un disparo de Abel dende lonxe, un par de centros perigosos de David Pensado e unha boa xogada de Ivan Rey, precederon a unha das xogadas clave do partido. Un disparo de Suso foi repelido en gran intervención por Iago, e o rexeite caeulle a Abel a escasos metros da porta, pero o meta local, en felina intervencion, atallou o casi cantado gol. A Sd mereceu chegar con empate o descanso, con un Aleman no seu mellor partido da tempada, con Mario en todos lados, e un Ivan Rey que demostrou a sua calidade. Por parte local Santi Silva foi o home mais incisivo, e Bertin o decisivo coas suas accions e o seu gol.

No segundo tempo, mais do mesmo. Os locais tiraron de veterania e tentaron baixar o ritmo ó partido, ralentizando o xogo. Tivo Abel unha nova ocasión pero o seu remate saiu fora por pouco. Miniño tentouno dende o borde da area e o seu disparo saiu alto. O Club do mar aplicouse en cortar o xogo de mediocampo sofanista con continuas faltas, e buscou as contras de Vituco, que tivo a mellor ocasión local, pero enviou alto o remate cando se atopaba so na area. O gol de Repi sentenciou o choque.

jueves, octubre 06, 2011

NOVO EXITO DA FESTA DO SOCIO

Na tarde noite do sábado celebrouse no colexio da Gandara de Sofán a tradicional festa do socio organizada pola S.D. SOFAN. A celebración xa cumple a sua 15ª edición, e foi esta unha das de maior asistencia de público. Mais de 300 persoas disfrutaron da cea composta por mexillóns e xamon asado. Posteriormente pasouse unha proxección que resumía a historia mais recente do clube e os proxectos de cara ó futuro, sendo acollida con gran entusiasmo.





O momento alxido da noite produciuse coa presentación dos equipos alevin e benxamín da Sd, que debutarán este ano na liga da costa. Uns 30 rapaces foron subindo ó palco como si de estrelas do fútbol se trataran, cos pais en primeira fila sacando multitude de fotos dos seus retoños. Tras os clásicos sorteos de regalos, pasouse á parte musical da velada: os Trastes fixeron bailar á xente ali congregada a ritmo dos últimos éxitos de verbeneo, e posteriormente os Killer Cats puxeron a parte mais rockeira para que os xovenes moveran a cintura.




Ata mais alá das 3 da mañan se alongou a celebración, un éxito de organización e de público un ano mais.

martes, octubre 04, 2011

S.D. SOFAN 1 - CORME C.F. 2


Repetiuse a historia no Carral. A Sd foi quen de adiantarse no marcador, dominar o encontro con solvencia por momentos, pero sucumbiu á súa propia ansiedade e á calidade dos xóvenes xogadores cormeláns. Á Sd pódelle a necesidade de victorias e non é capaz de realizar o fútbol que se lle supón a estos xogadores.



S.D. Sofán: Richard, Víctor, Adrian (Juan Rabuñal, min.75), Juanjo, Meniño, Alemán (Manuel Varela, min.75), Iván Rey, Suso Docampo, Abel (Edu, min.70), Mario Casal, Jacobo (David Pensado, min.55).


Corme: Susiño, Abel, Adolfo, Jesús, Lelo, Alejandro, Lucas, Diego (Gonzalo, min.75), Adrian Doldan, Iago (Chino, min.88), Martín (Dani, min.82).




Arbitro: Guerra Rodriguez, que amonestou por parte local a Adrian, Victor, Juanjo, Miniño, Aleman, Suso e MArio, e por parte visitante a Doldan, Iago e Lucas.

Gol: 1-0, min.10: Mario a centro de Victor ó segundo pao.

1-1, min.65: Martín tras unha boa xogada de Lucas, define ben ante a saida de Richard;

1-2, min.80: Iago tras un rexeite a unha boa xogada de Adrián e un tiro ao poste.




Saiu ben plantado o equipo local, presionando a saida de balón do Corme e chegando con perigo á meta de Suso. O tempraneiro gol de Mario tras gran xogada de Victor, lonxe de asentar ós de Vicente, parece que os puxo nerviosos. O Corme pasou a ter o dominio do balón, basado na calidade dos seus rapaces. Adrian Doldan con un gran disparo e Lucas con un lanzamento de falta que petou na escadra, sembraron o panico na meta de Richard. A Sd tentaba lanzar rápidas contras, pero so un par de lanzamentos de Jacobo e outro alto de Suso puxeron en apretos a Suso. O descanso chegou en tempo para o equipo local.



O segundo tempo iniciouse con dominio da Sd, que chegaba con claridade á meta de Suso, xogando os mellores momentos dos locais. As ocasión sucederonse, unha de Miniño á saida dun corner, outra clarisima de Abel tras gran xogada de Ivan por banda, un gran disparo de Mario que saiu rozando o pao, e un gol mal anulado a Abel, puideron sentenciar o partido. Pero cumpliuse o pronostico de que o que perdoa paga, e o Corme nunha rapida contra empatou. A partir de ahi as presas e o futbol directo foron os enemigos dos locais, que non trenzaron boas xogadas. O segundo gol foi un mazazo, e o arreon final, con todos volcados na area do corme, serviu de pouco.

lunes, septiembre 26, 2011

S.D. SOFAN 2 - BUÑO C.F. 2

Persiste a maldición para a Sd. Sairon os xogadores dispostos a dedicar unha victoria ós lesionados de larga duración Gende e David Velo, pero o que se atoparon foi un novo lesionado, Eloy Boedo, con un esguince forte no tobillo, e con un gol no tempo de desconto de corner directo que fixo voar dous puntos do Carral. Moi boa entrada de público, mais de 170 afeccionados, viron en tarde moi calurosa a igualada entre Buño e Sofán.





SD SOFAN - Richard, Adrian, Victor Docampo, Jesus, Juanjo, Aleman -Roberto Souto 78´-, Eloy - Abel 21´-, Jacobo -David Pensado 68´-, Ivan Rey -Berti 75´-, Suso Docampo e MArio Casal



BUÑO - Toni, Brais, Oscar Pardo, Alfredo, Angel, Jorge Calvete, Ismael, Elias - Antelo 46´-, Emilio, Victor e Dourado -Dani Calvete 78´-.




GOLES:

1-0 33´Centro cerrado de Jacobo que Mario deixa pasar e cólase na meta de Toni.

1-1 51´Centro sin perigo de Ismael que Richard o intentar blocar mete na porteria.

2-1 83´boa xogada da sd por banda dereita, o balón chega a Suso no borde da area, fai un recorte e clava o esférico na escadra.

2-2 92´Richard de corner directo.




Saiu moi forte a Sd, impoñendo un ritmo alto de presión, roubando balóns e acercandose con perigo á meta de Toni. Ainda así as imprecisións predominaron e o fútbol non era fluido. O Buño fiaba a súa ofensiva ás arrancadas de Victor, ben controlado en principio por Juanjo. O cuarto de hora unha nova lesión nas filas da Sd. Retirouse Eloy con un forte esguince de tobillo.




Jacobo e Mario estaban peleóns, e unha boa xogada do arteixán non a rematou Casal por pouco. Ivan disparou forá á saida dun corner. O partido era moi trabado, de loita constante no centro do campo. O primeiro gol da tarde tranquilizou ós homes de Vicente, que xogaron os seus mellores minutos. Unha gran contra da Sd cortouna Angel, o mellor do equipo visitante, cando Mario se dispoñía a marcar. Ivan Rey fixo a mellor xogada do encontro, nunha arrancada dende o centro do campo na que se foi de canto rival lle saiu o paso e espetou o balon no largueiro cando xa se cantaba o gol. O descanso a Sd dominaba a situación.



Pero o inicio do segundo tempo foi nefasto para os locais. O desafortunado gol levou a un periodo de desconcerto local, que a piques estivo de aproveitar o Buño para adiantarse no marcador. A saida de Antelo e as dubidas da defensa local propiciaron varias situacións de panico na meta de Richard. A ocasión mais clara foi para Dourado, que tras unha gran contra se plantou ante Richard e enviou o balon fora.



Os ultimos minutos foron de acoso da Sd, con mais corazón que claridade futbolistica. Adrian disparou con potencia fora. Berti e Abel tiveron un par de boas ocasións, antes do golazo de Suso Docampo, que parecia sentenciar o encontro. Pero este ano non se sabe o que pode pasar nos partidos da Sd, e o incrible gol de Richard deixou as tablas no marcador xa no tempo de desconto.

lunes, septiembre 19, 2011

CAMARIÑAS C.F 3 - S.D. SOFAN 0

Caeu derrotara a Sd no Hnas. Patiño con estrépito, ainda que o resultado non reflexa o igualado e competido do partido. A peor nova foi a lesión de David Velo no hombreiro, unha mais a añadir á xa interminable lista de baixas sofanistas.






CAMARIÑAS . Pombo, Pesqui - Nico 46´-, Carlos, Breo, Maikel, Moriño, De la Sierra - Javi 60´-, David - Daniel 76´-, Juan Bello, Brais e Leo.




S.D. SOFAN . Richard, David Velo - Victor 72´-, Adrian, Juanjo, Eloy Boedo, Aleman, Ivan Rey, Suso Docampo, Abel, Edu - Berti 69´-e Jacobo.




ARBITRO. Vazquez Suarez, que amonestou a Maikel , Bello e Javi por parte local, e a Aleman por parte visitante.




GOLES. 1-0 75´Leo 2-0 78´Javi 3-0 80´Leo.




Partido tenso o disputado onte en Camariñas. Iniciou ben a Sd, saindo con velocidade á contra e controlando ós perigosos dianteiros camariñáns. Abel creaba bastante perigo pola sua banda, e Jacobo estaba moi peleon e incisivo. Ainda así a primeira clara ocasión tivoa Leo tras un gran centro de Bello, pero Richard enviou a corner con un tremendo paradón. Un disparo desde lonxe de Jacobo foi a primeira para a Sd. Anulouselle un gol a Abel por fora de xogo, e acto seguido o colexiado non sinalou un penalti claro a Suso Docampo. O partido era de un ritmo alto pero algo falto de calidade. Despois de outra parada de Richard a tiro de David chegouse ó descanso con igualada.




No segundo acto comenzou a funcionar o centro do campo camariñán, quizais debido ó baixon físico mostrado polos xogadores da Sd. moriño fixose co mando das operación e o fútbol local empezou a fluir. Pero a Sd lanzou varias contras que puideron ser mortais , se o colexiado estivese un pouco mais fino. Non viu unhas mans de Maikel dentro da area, e pouco despois sancionou con amarilla unha entrada do mesmo xogador a Abel cando este encaraba so a Pombo. Da posible expulsion do central, chegouse á grave lesión de Velo, e parece que a saida do racial lateral descompuxo ó equipo, pois o plantexamento da Sd veuse abaixo como un castelo de naipes tras o gol inicial de Leo. Os outros caeron polo seu propio peso.

lunes, septiembre 12, 2011

S.D. SOFAN 1 - BAIO C.F. 2

Tarde soleada no Carral, con media entrada de publico. Uns 150 espectadores presenciaron a primeira derrota da Sd nun partido disputadisimo, moi trabado, con momentos de xogo duro e no que a expulsión de David Pensado foi o elemento desequilibrante entre dous equipos moi igualados ata ese momento.

S.D. SOFAN - Richard, Adrian, Diego, Pensado (Berti 54´), Juanjo, Juan Rabuñal, Alemán (Jacobo 88´), Ivan Rey, Suso Docampo, Abel (Edu 86´) e David Pensado.


BAIO C.F. - Poyo, Matias, José Antonio (Andres 37´), Mario, Ivan de Treos, Martin Perez, Eloy, Canay, MC, Alberto (Rubio 85´)e Javi Suarez.


ARBITRO: Pardo Pose, que amonestou a Diego, Ivan Rey e Abel por parte local, e a Ivan, Eloy e Martin por parte visitante. Expulsou de maneira moi rigurosa a David Pensado no minuto 51 por doble amonestación.


GOLES:


1-0 36´Diego engancha un duro disparo dende fora da area que se lle cola a Poyo entre as mans.




1-1 44´Falta directa que lanza Matias, e o seu tremendo disparo colase irremisiblemente tras pegar no pao da meta de Richard.




1-2 84´Penalti de Diego sobre MC que transforma Alberto.



O Baio saiu ó campo do Carral consciente de como habia que xogarlle á Sd, apretandolle a saida do balón e montando veloces contragolpes que de inicio sorprenderon ós de Vicente. A primeira ocasión de todos modos foi para David Pensado, que tras unha veloz internada disparou cruzado a rentes do pao. Colleu o mando do partido o centro do campo baies, e Eloy respondeu a esta primeira ocasión con un gran disparo que chapou Richard ben colocado. Pouco despois o meta sofanista, o mellor dos locales no encontro, desviou milagrosamente un gran lanzamento de Canay. Cando se olia o gol baies chegou, pola contra, o da Sd. Unha racial internada de Diego acabou con un dos seus clasicos disparos, que o meta visitante non foi quen de deter. O Baio mostrouse algo desconcertado en estes minutos, e a Sd puido sentenciar o encontro. Abel tivo duas clarisimas ocasións, unha á saida dun corner que rematou alto cando se atopaba so na area pequena, e outra tras unha boa xogada por banda dereita, rematando alto o pase atras de Suso dende o punto de penalti. O que perdoa paga, e o golazo de Matias facia xustiza ó visto nos primeiros 45 minutos.


O segundo acto foi caotico. A tempraneira expulsión de David Pensado descentrou totalmente á Sd, que xogou sin cabeza, mostrandose erratica no seu fútbol, con un xogo demasiado directo. O Baio supo conservar a calma, e pouco a pouco foise facendo co control do xogo, e as ocasións foronlle chegando. Tivo Javi Suarez a mais clara, pero case a porta valeira tras unha boa xogada de Alberto enviou o balón fora. Richard fixo outra intervencion maxistral a tiro de Martin. A Sd poñia mais corazón que cabeza, e so unha falta lanzada por Pensado, e unha boa xogada de Ivan que rematou Suso, batendo no corpo de un rival cando o balón se colaba, foron as xogadas de perigo neste periodo. Cando o partido esmorecia un rapido contragolpe baies acabou con penalti e o gol que sentenciou o partido. Ainda a tivo Berti a pouco do final pero o seu remate saiu fora.

lunes, septiembre 05, 2011

O PINDO C.F. 0 - S.D. SOFAN 2

Iniciou o torneo ligueiro a Sd no campo de Lombáns con unha clara e merecida victoria ante o equipo local. Os xogadores dirixidos polo tandem Vicente - Miniño levaron o peso do partido dende o inicio, ainda que non foi ata o segundo tempo cando chegaron os goles.

O PINDO: Diego Garrido, Juan, Herminio, Manolito do Porto, Javi Conexo (Jose da Maroca, min.50), Ángel (Juli, min.60), Lolo, Nano, Hugo, Vicente (Pablo, min.25) e Carlos.


S.D. SOFAN - Richard, Adrian García, David Velo, Juanjo - Gustavo 78´-, Alberto Pensado, Eloy Boedo, Ivan Rey, Suso Docampo, David Pensado - Berti 71´-, Abel - Edu 75´- e Mario Casal.

ARBITRO: Fdez. Liñares, que amonestou a Garrido e Lolo por parte local, e a Richard e Eloy Boedo pola Sd.

GOLES:
0-1 49´Penalti claro sobre David Velo que transforma Suso Docampo.

0-2 53´falta directa que Pensado mete pola misma escadra.


Día caluroso en Carnota, á inhabitual hora de inicio do partido. Dende o saque inicial a Sd fíxose co balón, con un Eloy Boedo facendose co dominio do centro do campo e dirixindo as maniobras de ataque. David Pensado e Abel estiveron moi inicisivos por bandas, e Ivan e Suso levaban o perigo polo centro. Foi anulado un gol a Mario Casal por dubidoso fora de xogo ós 12 minutos. A Sd tiña pacencia para mover a pelota e pouco a pouco foi entrando na tupida defensa local. Os de Caluso defendían con orden e fiaban as suas opcions ofensivas a xogadas aisladas de Hugo e Nano. A meta de Richard apenas pasou por apuros. Reclamouse un penalti a Ivan Rey que o colexiado pasou por alto. Garrido estivo bastante seguro a disparos de Abel e Adrian. Chegouse ó descanso coa sensación de superioridade da Sd pero co 0-0 no marcador.

Pero o inicio do segundo acto decidiu o encontro. Unha internada de David Velo rematou en claro penalti, que Suso Docampo non desaproveitou para abrir o marcador. E acto seguido unha falta ó borde da area foi transformada con maestria por Alberto Pensado. 0-2 e o encontro decidido. De aquí o final a Sd ralentizou o ritmo do partido, dedicouse a tocar o balón con tranquilidade e as ocasións foron caendo polo seu propio peso. Suso rematou de cabeza ó longueiro. Mario Casal tivo 3 ou 4 claras oportunidades pero onte non tiña o seu dia de cara a gol. Edu disparou fora unha boa xogada individual. David Pensado non definiu ante Garrido tras un gran pase de Abel.

Satisfactorio debut da Sd, que a pesar de ter 8 homes de baixa, demostrou que dispon de un plantel amplio onde calquera xogador que saia ó campo pode rendir a bo nivel. Mostrouse moi segura a liña defensiva, co tandem central do ano pasado Juanjo - Pensado, e Adrian moi adaptado á sua nova posición, e con David Velo realizando un gran partido a pesar de xogar de lateral esquerdo pola baixa a ultima hora de Diego. Eloy como mediocentro cuajou unha sensacional actuación, moi apoiado por Suso e Ivan Rey. O trio de atacantes, Abel - David - Mario, estiveron moi perigosos toda a tarde e non tiveron o premio do gol por verdadeira mala sorte.

jueves, septiembre 01, 2011

O domingo debut da SD na liga 11/12: O PINDO C.F. vs S.D. SOFAN

Chegou o momento: tras unha longa pretempada o inicio ligueiro está as portas. O domingo a partir das 15:45 horas rodará o balón en Lombans, Carnota. A Sd e o Pindo disputarán o encontro que abrirá a tempada 2011/2012. Horario pouco habitual este que se debe á coincidencia no mesmo campo de Pindo, Carnota e Lira, tendo que adaptarse as horas de xogo para que teñan cabida os tres equipos.

O conxunto local, autentica besta negra da Sd, pois cando se vai a xogar alá normalmente o resultado é de derrota: 3-1 o ano pasado, e 2-0 fai duas tempadas. Si que é verdade que con respecto ó ano anterior o equipo perdeu bastante potencial. As baixas de homes tan importantes como Aitor, que se foi ó Xallas, ou Victor e Piquero ó Cee, restoulle presencia sobre todo no ataque, pero os homes de Caluso sempre son un rival dificil para a Sd.

Os homes de Vicente e Miniño teñen a enfermería chea: Jacobo, Gustavo, Juanjo e Victor Docampo arrastran problemas musculares. Gende é baixa para un longo tempo, Juan Rabuñal e Aleman perdense a cita por temas laborales, e Eloy Boedo, Pizo, Ivan e Richard arrastran variadas molestias. De todas maneiras a profundidade do plantel tense que notar e 11 que saian o domingo a defender as cores da Sd seguro que dan un nivel moi altol.

lunes, agosto 29, 2011

S.D. SOFAN 7 - SIGRAS 0

Bo partido no Carral para rematar unha longa pretempada. Día caluroso onde xa se empezou a ver a liña que ten o equipo de Vicente Garcia ante o inminente inicio de liga. Seguridade defensiva e velocidade en ataque. Ante un frouxo rival os sofanistas abriron a lata do gol que se resistiu durante o mes de agosto, e deleitaron á afección con tantos de todas as formas e colores. A nota negativa foi a lesión de Marcos Gende no xeonllo.

S.D. SOFAN - Richard, Adrian, Diego, Juanjo, Pensado, Aleman, Pizo, Victor Docampo, Abel, Suso Docampo e Berti. Tamen xogaron Mario Casal, Gende, Juan Rabuñal, Gustavo, David Pensado, Ivan Rey, Edu e Jacobo.

GOLES:
1-0 4´Abel
2-0 27´Pensado
3-0 41´Suso Docampo
4-0 54´Mario Casal
5-0 71´Mario Casal
6-0 76´David Pensado
7-0 82´Mario Casal

Un inicio entonado de Abel propiciou o primeiro tanto e outro par de boas ocasións incluido un balon do propio dianteiro ó longueiro. Berti fallou por pouco unha vaselina e Diego cruzou en exceso un remate cando estaba solo ante o porteiro. A pesar de que o Sigras se mostrou voluntarioso e presionou a liña defensiva sofanista, as ocasións foron caendo e os goles foron consecuencia da superioridade local. Tivose que retirar Juanjo con molestias musculares. Pensado anotou á saida dun corner e Suso Docampo certificou unha boa primeira parte co terceiro gol.

O segundo tempo foi ainda mais levadeiro. A defensa adiantada dos visitantes propiciou que a Sd creara innumerables ocasións, e o seu dianteiro Mario Casal aproveitouse para anotar tres tantos e fallar outros mais. Ivan Rey e Edu estiveron moi incisivos en ataques e marraron claras ocasións, e David Pensado demostrou estar en unha gran forma, con continuas escapadas por banda e culminando maxistralmente co sexto gol da tarde.

Final da pretempada, e xa están os da Sd pensando no Pindo, primeiro rival no fin de semana que ven. Os goleadores destos 8 partidos de preparación foron: Mario Casal 5, Abel 2, Suso Docampo 2, David Pensado 1, Jacobo 1, Berti 1, Alberto Pensado 1.

jueves, agosto 25, 2011

LARACHA C.F. 4 - S.D. SOFAN 0

Amigable disputado na tarde de onte no campo municipal de Laracha entre dous conxuntos que reafirmaron as súas boas relacións. A categoría do Laracha, un dos equipos potentes de Preferente, impúxose con claridade á ilusión da Sd, que acudiu con moitas baixas ó envite, tendo incluso que ocupar Miniño a meta ante as ausencias dos dous porteiros, Richard e Jose R.

A Sd alineou a :

Miniño, Adrian, David Velo, Gende, Pensado, Aleman, Eloy Boedo, Jacobo, Abel, Edu e Mario Casal. Tamen xogaron Gustavo, Victor Docampo, Juan Rabuñal, Juanjo, Berti e Suso Docampo.

A actuación estelar da tarde - noite correu a cargo do local Heber, xogador recien saido de xuveniles, que anotou os tres tantos cos que se cerrou o primeiro tempo. Os dous primeiros foron de moi bella factura, rematando con precisión sendos centros dende a banda dereita. No segundo tempo Adriano encargouse de redondear a conta larachesa.

Para a Sd foi unha boa proba para ir pulindo defectos de cara ó inicio ligueiro. Mario e Abel foron os elementos mais incisivos en ataque no primeiro tempo, sendo o extremo o home que mais ensaiou o disparo á meta local. No segundo tempo o control do balón foi da Sd, pero a falta de profundidade foi moi acusada.

Para rematar a pretempada o domingo visita o campo do Carral o Sigras a partir das sete da tarde.

lunes, agosto 22, 2011

TORNEO DE PONTECESO. A Sd 3º clasificado.

Disputou o sábado pola tarde a Sd o Torneo Eduardo Pondal de Ponteceso no campo do Pinguel da vila pondaliana. Tarde de tremendo e axfisiante calor, que empañou un pouco o espectaculo que quixeron ofrecer os catro equipos. O gato á auga levouno o Corme, que tras vencer ó Laxe na semifinal impúxose ó cadro local na final por 3 tantos a 1. A Sd pola sua parte igualou na semifinal contra o Ponteceso para caer a penaltis. No partido de consolación venceu comodamente ó Laxe.


PONTECESO - SD SOFAN. Partido marcado pola tremenda calor reinante que fixo que o xogo fora lento e impreciso. Ambos equipos mostraronse moi igualados, e nos 45 minutos disputados tiveron unha ocasión cada un. A mais clara foi para a Sd con un remate de Mario Casal ó pao. Foron expulsados Edu por parte da Sd e Mario por parte do Ponteceso.


A tanda de penaltis foi eterna. Nos primeiros tres lanzamentos Miniño detivo o de Luisete, pero Berti mandou o balón ó pao. Tras mais de 20 lanzamentos foi Gustavo o que marrou o decisivo, dando a clasificación ó conxunto local.


LAXE - SD SOFAN. 45 minutos de tramite nos que a Sd se dedicou a mover o balón con maior ou menor acerto, e a convertir a porta valeira as duas ocasións que tivo. A primeira delas nace nunha gran xogada entre Suso e Berti que deixan o balón a Jacobo para que este anote. A segunda nunha das clasicas galopadas de Abel, que esta vez cedeu o balón a Berti para que marcara.


A 15 dias do inicio ligueiro, so 2 partidos mais lle restan á Sd para rematar a pretempada. O miercoles xogarán en Laracha contra o equipo local, e o domingo contra o Sigras no Carral, para rematar o periodo de preparación e xa pensando no Pindo.

domingo, agosto 21, 2011

S.D. SOFAN 1 - SONEIRA 1

O pasado xoves disputouse no campo do carral un encontro amigable entre o equipo local e o Soneira de Manolito, conxunto que este ano disputará a liga de Preferente Autonómica. A igualada reflexa o que sucediu no terreo de xogo, onde se viu un encontro de poder a poder, con dous equipos xogando a un ritmo bastante alto para o mes de agosto no que nos atopamos. Alinearon ambos equipos a:

S.D. SOFAN - Richard, Adrian, Diego, Roberto Souto, Juanjo, Pensado, Pizo, Eloy, Victor Docampo, David Pensado e Suso Docampo. Tamen xogaron David Velo, Juan Rabuñal, Gustavo, Aleman, Berti, Mario Casal, Jacobo e Edu.

SONEIRA - Fran, Ferreiro, Vecino, Modesto, Pablo, Mayor, Garcia, Michel, Via Rapida, Vigo e Dario. Tamen xogaron Kike, Jose Angel, Mauro, Fran de urroa e Santi.

GOLES:
1-0 72´Roubo de balón de Edu en campo do Soneira, cedello a Mario Casal que de tremendo trallazo bate a J.Angel pola escadra.

1-1 84´Indecisión da defensa sofanista na sua propia area que aproveita Vigo para ceder atras a Santi que dende o borde da area engancha un disparo inapelable.

Vironse cousas moi interesantes durante os 90 minutos. O Soneira demostrou a calidade dos seus homes, con un Via Rapida moi activo, Vigo participando e creando perigo na mediapunta, e unha liña defensiva moi segura coa incorporación de Modesto. A Sd demostrou estar a un alto ritmo, exercendo unha presión axfisiante e aproveitando as reducidas dimensións do Carral para desenrolar o seu futbol de roubo e contragolpe. As ocasións no primeiro tempo foron escasas e para o Soneira, pero no segundo acto cambiou a cousa coa saida de Mario, que creou moito perigo, e Aleman, que se cansou de cortar e distribuir balóns para os atacantes. Foille anulado un gol a Mario por posible fora de xogo. O Soneira puido levarse o partido xa cara o final pois Vigo estrelou un balón no poste da portería de Richard.

lunes, agosto 15, 2011

UNION DENA 1 - S.D. SOFAN 0

Moi boa a experiencia vivida pola Sd en terras de Sanxenxo este fin de semana. A xente do Union Dena fíxonos sentir como un equipo importante, tratandonos de maravilla en todo momento, e culminando todo na disputa do troféo local, que levou o Dena con un gol a falta de 2 minutos, cando xa se esperaba a tanda de penaltis.


En contra do que poida parecer en aquelas latitudes, o tempo estivo de inverno, con auga durante todo o partido. Mais de 35 xiareiros da Sd acompañaron ó equipo a terras pontevedresas, e disfrutaron das magnificas instalacións das que dispon o Dena. O capitan Juanjo entregou ó seu homologo local un pequeno obsequio agradecendo a invitación o torneo.


A Sd Sofán xogou con Richard, Adrian, David Velo, Juanjo, Diego, Pensado, Jacobo, Ivan Rey, Victor Docampo, Suso Docampo e Abel. Tamen participaron no segundo tempo David Pensado, Edu, Gende e Miniño.








O partido foi de un nivel moi parexo. O Union Dena é un dos equipos punteiros da 2ª autonómica da zona sur, perdendo o ano pasado o ascenso no último partido, e demostrou a súa categoría. A Sd xogou a un ritmo moi alto, traballando ben a presión, e dominando os primeiros 45 minutos con claridade. Dispuxo de un par de boas ocasións, sobre todo un gran disparo cruzado de Diego tras pase de Jacobo, e o colexiado comeuse un clarisimo penalti a Suso Docampo, en deferencia ó clube local, supoño.







O segundo tempo supuxo un baixon no xogo visitante, dada a escasez de cambios dos que se dispoñía, o equipo baixou o ritmo, pero ainda así dispuxo das mellores ocasións, sobre todo un disparo de Pensado ó largueiro. No treito final o encontro púxose un pouco brusco a raiz dunha forte entrada a David Pensado, pero a sangue non chegou ó río. O final, entrega de trofeos, conversas amigables diante de uns pinchos e un Madrid - Barsa en confraternización total para rematar un gran fin de semana.

viernes, agosto 12, 2011

Entrevista a Manuel Varela en Quepasanacosta.

Enlace da entrevista :

http://www.quepasanacosta.com/?p=8648

miércoles, agosto 10, 2011

S.D. SOFAN 3 - QUEIXAS 0





Partido de pretempada disputado no campo do Carral en tarde noite moi soleada ante escaso publico. O equipo de Vicente Garcia logrou marcar os primeiros tantos da tempada e levarse o partido con solvencia no segundo tempo despois dunha primeira parte moi igualada.



S.D. SOFAN - Richard, David Velo, Gustavo, Pensado, Juan Rabuñal, Aleman, Eloy, Suso Docampo, Jacobo, Edu e Mario Casal. Tamen xogaron Roberto Souto, Diego, Ivan Rey, ADrian, Berti, Victor Docampo, Abel e Pizo.



QUEIXAS - Pallas, Chuco, Romero, Compi, Maka, Minguilla, Ruben, Alex, Pichurri, Rubio e Damian. Tamen xogaron Miki, Luis, Alvaro e Alex II.



GOLES.

1-0 55´gran xogada de Ivan Rey pola banda dereita que acaba en claro penalti. Suso Docampo transforma o maximo castigo


2-0 67´Abel define con facilidade unha das suas habituais escapadas.


3-0 71´Mario Casal tras driblar ó porteiro a porta valeira.



Foi trabado o primeiro tempo, coas defensas impondose ás dianteiras. A Sd tivo as primeiras ocasións claras por medio dos xóvenes Eloy e Edu. Na parte visitante Rubio e Minguilla xeraban perigo diante dun seguro Richard. O primeiro tempo discurriu con moito centrocampismo e sin claridade de ideas.



A entrada dos homes de refresco no segundo tempo doulle unha clara superioridade á sd neste acto. Pizo mandaba no medio do campo. Adrian e Victor facian da banda dereita un pasillo de constante perigo. Abel por banda esquerda era un pesadelo, e Ivan Rey facia diabluras na media punta. Unha xogada do de Guntián foi a orixe do 1º gol da tempada. Mario Casal fallou a porta valeira outra clara ocasión e Victor Docampo mandou un balón á cruceta. Os goles acabaron entrando e a victoria local foi clara.


martes, agosto 09, 2011

A S.D. A SANXENXO: Sabado 14 ás 19.00 horas, DENA vs S.D. SOFAN

Desplázase o domingo a Sd Sofán a Sanxenxo a disputar un amigable co equipo local, o Dena. A cinco minutos da praia da Lanzada,e a 10 km do casco urbano de Sanxenxo, a tranquila localidade invitou á Sd Sofan ó I Trofeo Campo das Cachizas. O Dena é un dos equipos poderosos da 2ª autonómica da zona, e estivo a un palmo de ascender o ano pasado a 1ª autonómica. Disputa os seus encontros nunha magnífica instalación de herba sintética que probarán os xogadores de Vicente Garcia o domingo pola tarde, a partir das sete horas. Os afeccionados que se queiran desplazar co equipo poden reservar unha das 50 invitacions que o Dena cedeu amablemente á Sd Sofan.