lunes, agosto 31, 2009

UNION VIMIANZO 0 - S.D. SOFAN 1

Rematou a pretempada a SD en Vimianzo xogando contra o Union, que debutará este ano en 2ª Autonómica. Pouca xente presenciou o encontro en tarde calurosísima, que propiciou un ritmo de xogo moi baixo e escasez de ocasións de gol. Nótase xa que os xogadores están desexando que comence a competición, e para a SD farao o próximo domingo en Montelouro contra o cadro local. Alineou a SD a:

Jose R., Juanjo, Gende, Roberto Souto (Gustavo 45´), Diego (Oscar Pardo 45´), Pensado, Manolo Varela, Jacobo (Meniño 65´), Eloy, Abel (Alemán 45´) e Berti (Bertín 45´).

GOL:
0-1 62 minutos, Pensado transforma un penalti cometido sobre Alemán.

Levou o dominio da pelota a SD claramente no primeiro tempo, con Pensado ó mando das operacións, servindo bos balons para Eloy, Abel e Berti. A mellor ocasión foi para Abel, que mandou alto un balón cando se encontraba solo. Por parte local Javi Suarez era o xogador mais incisivo, creando moito perigo coas suas internadas por banda. O partido foi lento e pouco agresivo neste acto e dende logo baixou mais de ritmo no segundo tempo.

Os xogadores acusaron a forte calor reinante e nin os cambios realizados lle deron mais vivacidade ó xogo. O mister Fran Pioto tivo un par de boas oportunidades pero Jose R. estivo seguro coma sempre. A mais clara visitante foi de Eloy pouco despois de que Pensado anotara con frialdade o unico gol do encontro e o seu primeiro coma sofanista.

Foi o de onte un novo test a sumar ás pernas dos xogadores ante o inminente debut ligueiro. Agora chega a hora da verdade, onde non valen probaturas e os erros se pagarán caros.

miércoles, agosto 26, 2009

ROBERTO SOUTO: "O proxecto para esta tempada é moi ilusionante"

Roberto Souto Garcia, metro noventa e dous centimetros de persoa, xa é xogador da SD Sofán. Dende fai un mes está o de Boaña de Arriba (Castriz) baixo as ordes de David Baña. O central, de 27 anos, relátanos as primeiras impresións sobre esta nova etapa na súa vida deportiva.

¿por que tomaches a decision de unirte á familia sofanista?

A miña fichaxe polo Sofán é algo que se leva xestando dende fai 3 anos. As amistades que teño dentro do equipo e o bo facer da súa directiva, labor que ano a ano gaña máis recoñecimento entre o colectivo futbolístico da costa, foron os principales motivos para participar no seu proxecto para esta tempada; un proxecto moi ilusionante.

¿que esperas desta nova etapa?

Despois de moitos anos xogando na Liga da Costa e sempre na S.D. Castriz o desgaste é moi grande. Ver os entrenamentos e partidos máis como unha obligación que como unha afección fixo que perdera a ilusión polo fútbol. Recuperar esa ilusión é o meu principal obxectivo no ámbito persoal.
A nivel colectivo non teño dúvidas de que este equipo vai ser un dos que finalice arriba ó final de tempada e sen renunciar a nada.

¿que tal te encontras nos teus primeiros pasos coa sd?

A integración no grupo foi moi boa devido ó bo ambiente de traballo e ilusión coa que se afronta esta tempada. No terreo de xogo o tema físico é o que máis me está costando e respecto ó xogo pouco a pouco vou coñecendo os meus compañeiros e adaptándome ó sistema que o noso entrenador quere implantar.

¿que foi o que mais che sorprendeu nestes primeiros dias?

A forma de traballar por parte dos técnicos os entrenamentos, creo que esta planificación esta por encima do nivel da costa, e a calidade e bo facer das novas fichaxes do equipo xa que son xogadores de outras ligas e que realmente me sorprenderon.

¿como ves ó teu ex-equipo, o Castriz, para a liga que se aveciña?

Será un dos candidatos a gañar a liga. Son poucas as baixas que presenta este ano respecto ó anterior polo que conserva o bloque que o fixo tan competitivo estes últimos anos, ademáis de contar coas incorporacións procedentes do desparecido Santa Comba B que non teran problemas en adaptarse. A elección de Huelvis como novo entrenador foi un gran acerto, devido aos seu coñecimentos e experiencia estou seguro que será capaz de correxir os erros do equipo e introducir novos conceptos que o faran mellorar a nivel colectivo.

¿que equipos crees que pelearan polo titulo?

Pola clasificación da temporada pasada o Muros e o Castriz parecen os principales favoritos aínda que terán como rivales a equipos que se reforzaron moi ben este ano como o Carnota e o Sofán. A espera de que surxa algunha sorpresa como a do Porteño o ano pasado quen espero que estea arriba tamén é o Xallas aínda que de momento é unha incógnita.

domingo, agosto 23, 2009

S.D. SOFAN 4 - ORILLAMAR 5

Espectaculo de futbol ofensivo o visto onte no campo do Carral, en tarde soleada que tiraba mais para a praia que para o fútbol. Os dous equipos ofreceron un bonito encontro, marcado pola fraxilidade das liñas defensivas e a inspiracion dos atacantes, que ademais de marcar nove goles marraron un bo numero de ocasions, sobre todo o cadro local, que dende logo non mereceu sair derrotado.

SD SOFAN - Carlos Tojeiro, Juanjo, Oscar Pardo (Diego m.55), Roberto Souto, Gustavo (Gende m.55), Manolo Varela (Palermo m.73), Jacobo, Bertin, Eloy, Abel e Berti (Mario m.64).

ORILLAMAR - Maxi, Benito, Alex, Adrian, Alberto, Juan, Gelo, Pablo, Manu Piquer, Nano e Josito.

GOLES:

0-1 m.5 Manu Piquer aproveita unha indecision no corte da defensa local
0-2 m.8 Gran combinacion da dianteira visitante que transforma Nano de disparo axustado
1-2 m 31 Abel resolve con calidade diante de Maxi
2-2 m 40 Pilleria no saque dunha falta e Jacobo marca de disparo axustado
2-3 m.43 Manu Piquer marca tras un novo erro da zaga local
3-3 m. 59 Maxistral pase de Eloy a Abel que define en posible fora de xogo.
3-4 m.79 Josito de disparo cruzado
3-5 m.83 Josito de penalti
4-5 m.88 Abel.


Saiu o cadro local a un nivel moi baixo de intensidade e tiña dous goles nas suas redes ós 10 minutos. O Orillamar movia con criterio a pelota, buscando a asociacion dos seus mellores homes, e sobre todo Manu Piquer creaba moito perigo á zaga local. Reaccionou David Baña e cambiou a defensa de 5 homes, e a partir de ahi o dominio foi claro para o equipo local, que logrou remontar antes do descanso. O 3º gol do Orillamar foi un xerro de auga fria antes de irse ós vestiarios.

No segundo tempo xogou mellor a Sd, realizando combinacions de auténtico mérito, aproveitando o baixon físico dos visitantes. Abel tiña a tarde inspirada e creou constante perigo. Jacobo e Bertin fixéronse co medio campo e fluiu o bo futbol no Carral. As ocasions foron numerosas pero o gardameta suplente o Orillamar estivo prodixioso, sobre todo en duas incribles mans que lle sacou a Bertin cando xa se cantaba o gol. No treito final de encontro a relaxacion do cadro local propicion dous novos goles visitantes, e o postreiro tanto de Abel no fixo mais que maquillar un extraño e abultado resultado.

Xa solo quedan 15 dias para o inicio de liga, e o proximo domingo xogarase o último amistoso da pretempada, Union Vimianzo - SD Sofan. A ver si as baixas por lesion remiten, e xente como Mario, Pizo, Adrian ou o propio Aleman se incorporan para este último test preparatorio.

jueves, agosto 20, 2009

MARIO CASAL OPERADO CON EXITO







Na mañan de onte foi operado do tabique nasal Mario Casal. O bravo xogador sofanista sufrira unha fisura no encontro que nos enfrontou co Ponteceso fai semana e media, e esa pequena averia foi subsanada con éxito. Agora Mario deberá permanecer 10 dias coa incómoda escayola e posteriormente poderá incorporarse ós adestramentos. Parece dubidosa a sua presencia para o primeiro encontro de liga a disputar en Montelouro, ainda que do maior dos Casal pódese esperar calquera cousa.

lunes, agosto 17, 2009

BERGANTIÑOS XUVENIL 1 - S.D. SOFAN 3

Venceu na tarde de onte a SD ó equipo xuvenil do Bergantiños no campo das Eiroas por 1 tanto a 3. Boa proba esta ante os rapaces de Molk, que este ano competirán en Liga Nacional de xuveniles. As múltiples baixas da Sd condicionaron a alineación, sobre todo na zona central do terreo, onde parece que temos gafe, pois cada semana que pasa hai un novo xogador lesionado. Alineou a SD a:

Jose Ramón, Juanjo, Gustavo, Gende, Manolo Varela, Roberto Souto, Aleman, Bertin, Oscar Pardo, Eloy e Berti. Tamen xogaron Abel, Jacobo e Miniño.

GOLES:

0-1 m.34 Bertin rouba un balón cerca da area visitante, encara ó porteiro e bateo tras regatealo

0-2 m.58 Roubo de Eloy que da o pase da morte a Abel que non perdoa

1-2 m.65 Nando de penalti

1-3 m.70 Eloy recibe á espalda da defensa local e bate de gran disparo a Fedello.

Dominou o esférico o equipo xuvenil no primeiro tempo, basados no bo trato de balón dos seus centrocampistas Alex e Miguel. A defensa da SD contiña como podia o acoso dos rapaces, pero non era capaz de hilvanar xogadas en ataque. Únicamente en algunha contra chegou con perigo o Sofán, sobre todo por medio de Eloy e Bertin. O gol de este último dou paso a un rato de acoso do equipo local, pero J.Ramón estivo moi seguro e realizou algunha parada de mérito.

A lesión de J.Ramon posibilitou que vísemos as cualidades de porteiro de Miniño, que recordou vellos tempos e so foi batido nun riguroso penalti. O segundo tempo foi para a SD, que coa saida de Jacobo e Abel, e os cambios no equipo local, dominou por completo o partido, realizando combinacións de mérito. Destacou novamente Eloy, que tivo unha boa tarde, e Alemán, que se fartou a recuperar balóns.

Xa van catro encontros e o equipo comeza a dar sintomas de acoplamiento, ainda sobrepoñendose ás baixas que estan asolando o vestiario sofanista. O próximo sabado no Carral recibiremos ó Orillamar, un dos históricos da 1ª Autonomica.

domingo, agosto 09, 2009

S.D. SOFAN 2 - PONTECESO S.D. 0

Quedou o Trofeo das Festas nas vitrinas do equipo local, que venceu onte a un gran rival, o Ponteceso de Chema Eiris, dando unha alegria o numeroso público que acudiu a ver o equipo de David Baña. En tarde soleada ambos equipos depararon un bonito partido para a altura de pretempada á que nos encontramos, con ocasións para ambos bandos e a nota negativa da lesión de Mario Casal, que sufriu unha fisura no tabique nasal que o terá apartado dos terreos de xogo un par de semanas. O visitante Ruben Rama tamén se retirou con unha probable lesión muscular. Alinearon ambos equipos a:


S.D. SOFAN - Jose R., Juanjo, Diego, Roberto Souto, Gustavo, Mario Casal, Alemán, Jacobo, Eloy, Abel e Bertin. Tamen xogaron Gende, Oscar Pardo, Berti, Manolo Varela e Christian.

PONTECESO S.D. - Barca, David, Bolon, Mato, Rios, Josito, Tucho, Toniño, Luis Miguel, Ruben Rama e Pablo. Tamen xogaron Mario, Charro, Pablo Vazquez.

GOLES:
1-0 m.75 pase en profundidade de Gende a Jacobo, Barca erra sa sua saida e o Arteixán marca a porta vacia
2-0 m.81 Berti de tiro cruzado
Saiu dominador o Ponteceso, que se aproveitou das imprecisions visitantes para ter o control do partido no primeiro tempo. O bo trato ó balón que lle dan homes como Josito ou Tucho facia que a posesión fora para o equipo visitante, ainda que a defensa local aguantou ben as embestidas dos de Chema. A ocasión mais clara tivoa Josito, que estrelou un tremendo trallazo no longueiro da meta de J.R. Respondeu a SD no treito final do primeiro tempo, e Bertin disparou con violencia rexeitando o tiro o pao dereito da meta de Barca. Abel rematou de cabeza e fixo lucir ó cancerbeiro visitante, e o propio Abel marrou a ocasión mais clara deste acto o botar alto un balón a porta valeira. O partido tiña un bo ritmo e era xogado de poder a poder.


No segundo tempo o Ponteceso baixou un pouco o ritmo da presión, do que se aproveitou a SD para comenzar a xenerar perigo por ambas bandas. Novamente Abel, tras gran xogada individual, botou fora o balón cando o mais facil era marcar. Eloy disparou un par de veces a rentes do pao de Barca. Os goles da SD chegaron case seguidos e o partido quedou visto para sentencia. Tivo outra boa opcion Bolon, cun tremendo tiro que volveu a dar no pao sofanista. No treito final Abel foi expulsado polo colexiado Jorge Esparís.


Moi positivo o amistoso de onte, onde se vai demostrando que as novas fichaxes están a ter un acoplamento moi rápido ó que pretende o mister local. Debutaron onte no Carral Alemán, Jacobo e Roberto Souto, e gustaron os tres xogadores á afeccion.

martes, agosto 04, 2009

BUÑO 1 - S.D. SOFAN 1

Igualou no seu segundo partido amistoso a SD en Xaviña contra o cadro local, nun encontro dominado de principio a fin polos de David Baña, pero a falta de pericia de cara á porteria contraria fixo que o resultado fora de empate a un tanto. Debutou o ex-xogador do Castriz Roberto Souto nas filas sofanistas. Na SD xogaron:

S.D. SOFAN - J.Ramon, Juanjo, Roberto Souto, Miniño, Diego, Pizo, Aleman, Martin, Eloy, Abel e Bertin. Tamen xogaron Gende, Gustavo, Alberto P., Oscar Pardo, Jacobo e Berti.

GOLES:
1-0 m.21 Diego de pty.
1-1 m.41 Bertin

O balón foi da SD todo o partido, cun mediocampo que dominou o xogo, pero o Buño encerrouse moi ben atras e case non permitiu as ocasions visitantes. As mais claras corresponderon a Eloy e Berti, que non definiron ben no man a man co porteiro. Moi positiva a participacion dos novos fichajes da SD, que pouco a pouco se van acoplando ó sistema de xogo que pretende implantar Baña. A nota negativa foi a lesion de Pizo, que tivo un esguince de tobillo que o terá apartado quince dias dos terreos de xogo.

jueves, julio 30, 2009

CALENDARIO TEMPADA 09/10

Xa saiu o calendario da vindeira tempada, e deparounos un viaxe a Louro na primeira xornada. Así foi o sorteo:

1ª xornada - Montelouro - SD Sofan
2ª xornada - SD Sofan - Carnota
3ª xornada - Porteño - SD Sofan
4º xornada - SD Sofan - Malpica
5ª xornada - Fisterra - SD Sofan
6ª xornada - SD Sofan - San Lorenzo
7ª xornada - Sp. Zas - SD Sofan
8ª xornada - SD Sofan - Esteirana
9ª xornada - SD Sofan - Corme
10ª xornada - O Pindo - SD Sofan
11ª xornada - SD Sofan - Lira
12ª xornada - Muros - SD Sofan
13ª xornada - SD Sofan - Camariñas
14ª xornada - Xallas - SD Sofan
15ª xornada - SD Sofan - Castriz
16ª xornada - Baio - SD Sofan
17ª xornada - SD Sofan - Union Vimianzo

miércoles, julio 29, 2009

LARACHA C.F. 2 - S.D. SOFAN 2

Iniciou a pretempada a SD cun esperanzador empate no Municipal de Laracha ante un dos favoritos de Rexional Preferente. A pesar de ser o primeiro entrenamento do ano, os rapaces de Baña derrocharon ilusion e plantaron cara ós de Javier Bardanca. Ainda sendo martes uns 50 afeccionados se acercaron ó sintético laraches para ver as evolucions dos dous equipos, que alinearon a:

LARACHA CF: Pedro, Fandiño, Mariano, Miguel, Javi Fuentes, Roberto, Bolo, Josito, Josiño, Brais e Eloy. Tamen xogaron Adrian, Cano, Miguel Martinez, Alfonso Castro, Luisito, Pitu, Michel, Manteca.

SD SOFAN: Carlos Tojeiro, Diego, Meniño, M.Varela, Gende, Aleman, Pizo, Mario, Eloy, Abel e Berti. Tamen xogaron Gustavo, Juanjo, Martin, Mario II, Jacobo e Bertin.

GOLES:

1-0 m. 15 Josito aproveita un rexeite do gardameta Carlos.
2-0 m.32 Eloy recibe solo dentro da area e marca con frialdade.
2-1 m. 58 Pase en profundidade que Eloy transforma no man a man.
2-2 m. 75 Jacobo recibe cerca da area, e engancha un disparo coa zurda que entra moi axustado.


Partido clasico de pretempada, onde ambos equipos probaron a todos os seus xogadores e diferentes variantes de cara a tempada que se aveciña. O dominio do 1º acto correspondeu o cadro local, con ese ductil mediocampo formado por Bolo, Roberto e Josito tocando o balon con maestria. A SD mostrouse algo despistada nestes minutos, coa loxica falta de acoplamento dos homes novos, pero pouco a pouco foise soltando e hilvanando algunha xogada que poñia en perigo a Pedro. Fandiño tivo que sacar un remate de Abel baixo paos cando xa se cantaba o gol.

Cos cambios baixou a intensidade do encontro e a SD aproveitou o segundo tempo para levar o peso do partido, ainda que os xovenes xogadores laracheses montaron varias contras perigosas, cun Luisito moi incisivo. O gol de Eloy animou a Sd, e un Jacobo moi participativo logrou a igualada a pouco do final. Destacou a entrega de todos os xogadores que mostraron un bo nivel para a altura de competicion á que estamos.

viernes, julio 24, 2009

PRESENTACION DA SD SOFAN 09/10

Presentouse na noite do venres a SD, con 5 novedades no seu plantel: Miniño (Sp. Zas), Martin (Meicende), Aleman (San Martiño), Jacobo (At. Arteixo) e Mario. Con estos xogadores e mais os do ano pasado pretendese dar un salto de calidade con respecto a anterior tempada. A falta de concretar un par de novidades mais, conseguiuse xuntar unha plantilla moi competitiva que a bo seguro dará que falar. No capitulo de baixas citaremos a Christian, Marquitos, Santi, Adrian Abelenda e Alex. A presentación limitouse a unhas palabras do adestrador Baña, unha sesion fotografica e a posterior e tradicional churrascada onde os novos xogadores se foron integrando na peculiar maneira de facer as cousas na SD.

DATOS DO CLUBE:

ANO DE FUNDACION - 1979
PRESUPUESTO - 22.000 €
SOCIOS - 492
CAMPO DO CARRAL


CALENDARIO DE AMISTOSOS


28 de julio: Laracha - SD SOFAN
2 de agosto: Buño - SD SOFAN
8 de agosto: SD SOFAN - Ponteceso TROFEO DAS FESTAS DE SOFAN
22 de agosto: SD SOFAN - Orillamar
30 de agosto: Union Vimianzo - SD SOFAN


ADESTRADORES:


David Baña Ramirez – 37 anos – 2º ano na SD – Equipos anteriores: Oseiro, At. Arteixo, Victoria.
Jesus Miniño - 33 anos - 2º adestrador - 1º ano na SD
Carlos Subiela -adestrador de porteiros - 1º ano na SD - Equipos anteriores: Suevos.


PLANTEL PARA A TEMPADA 2009/2010


PORTEIROS


JOSE RAMON Rodriguez Fariña - 21 anos - 3ª tempada no clube - Equipos anteriores: Bergantiños - 08/09 25 partidos xogados
CARLOS Tojeiro - 35 anos - 2º tempada no clube - Equipos anteriores: Endesa As Pontes, Malpica - 08/09 4 p.x.

DEFENSAS


Marcos GENDE Periscal - Central - 27 anos - 4ª tempada na SD Sofan - Equipos anteriores: Ponteceso - 08/09: 18 p.x
GUSTAVO Eiris Becerra - Central ou lateral esquerdo - 27 anos - 12ª tempada na SD Sofan - 08/09 23 p.x.
Manuel VARELA Añon - Central - 32 anos - 5º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Bergantiños, Imperator OAR, San lorenzo, Malpica - 08/09 16 p.x. 2 goles
JUANJO Rey Arijon - Central ou lateral dereito - 32 anos - 11º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Bergantiños juv. e Golmar - 08/09: 29 p.x.
OSCAR Pardo Rey - Lateral ou interio esquerdo - 31 anos - 3º ano na Sd - 08/09 5 p.x.
DIEGO Fernandez Santos - lateral esquerdo - 25 anos - 2º ano na Sd - Equipos anteriores: Laracha, Malpica - 08/09: 21 p.x. 6 goles
Jesus MINIÑO - Latelal esquerdo ou central - 33 anos - FICHAXE PROCEDENTE DO SP. ZAS - Equipos anteriores: Laracha, Montañeros, At. Arteixo, Sp. Zas.


CENTROCAMPISTAS


David Arijón Vigo, PIZO - Mediocentro - 25 anos - 4º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Bergantiños - 08/09: 19 p.x. 2 goles
ELOY Cabeza Varela - Interior - 22 anos - 4º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Calasanz juv., Bergantiños juv. - 08/09: 25 p.x. 7 goles
ADRIAN Garcia Varela - Interior dereito - 22 anos - 3º ano na SD - equipos anteriores: Bergantiños - 08/09 15 p.x. 4 goles
MARIO CASAL Rellan - Mediocentro - 28 anos - 2º ano na SD - Equipos anteriores: Buño e Larín - 08/09 23 p.x. 2 goles
Jose Antonio Gesto Regueiro "ALEMAN" - Mediocentro - 26 anos - 1º ano na SD - FICHAXE PROCEDENTE DO SAN MARTIÑO - Equipos anteriores: San Martiño, Paiosaco, Meson do Vento, San Martiño.
MARTIN - Mediocentro - 20 anos - 1º ano na SD - FICHAXE PROCEDENTE DO MEICENDE - Equipos anteriores: Arteixo, Meicende.

DIANTEIROS

BERTIN Abelenda Cabeza - Extremo ou dianteiro - 24 anos - 4º ano na SD Sofan - Equipos anteriores:Bergantiños juvenil, Paiosaco - 08/09: 19 p.x. 10 goles
Alberto Lorenzo Suarez, BERTI - Dianteiro - 24 anos - 3º ano na SD - Equipos anteriores: Malpica, San Lorenzo, Cerqueda - 08/09 10 p.x. 1 gol
SUSO DOCAMPO Blanco - Dianteiro - 30 anos - 11º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Bergantiños - 08/09 15 p.x. 5 goles
ABEL Souto Cores- Extremo ou dianteiro - 20 anos - 2º ano na SD - Equipos anteriores: Arteixo, Victoria - 08/09 24 p.x. 13 goles
MARIO - dianteiro - 20 anos - 1º ano na Sd - FICHAXE - Equipos anteriores: Arteixo
JACOBO Buedo Novo - 24 anos - 1º ano na SD - FICHAXE PROCEDENTE DO AT.ARTEIXO - Equipos anteriores: Meicende, Arteixo.

lunes, julio 20, 2009

HABERA PROMOCION DE SEGUNDOS NA LIGA 09/10

En decision tomada pola Asamblea da Federacion Galega de Futbol acordouse que os segundos clasificados das 2ª Autonomicas da provincia da Coruña disputaran unha promoción de ascenso, ocupando o vencedor a plaza en 1ª Autonómica que ata agora lle correspondía ó 2º clasificado da liga da Coruña. Asi, os 2º clasificados das ligas da Costa, Coruña, Ferrol, Santiago e Barbanza disputarán un torneo de formato ainda por determinar, e o vencedor ascenderá a 1ª Rexional.

A Liga da Costa sae moi favorecida, pois tendo un número de equipos sensiblemente inferior as de Coruña nas categorías de 2ª e 3ª Autonómica, contará cos mesmos ascensos a 1ª Autonómica. Boa para os intereses dos equipos costeiros, que ven así un aliciente mais nunha liga que este ano será de 18 equipos.

lunes, julio 13, 2009

PRIMEIRAS PRESENTACIONS DA TEMPADA 09/10

Este venres no campo do Carral presentaronse os dous primeiros xogadores do proxecto de David Baña (2ª parte). Son os arteixans Mario e Martin, que veñen da man do mister. David xa os coñece sobradamente do seu paso polo Arteixo e Oseiro, e confia que os xovenes xogadores poidan seguir a progresion que se lles preveia en categorias inferiores. Martin é un mediocentro de calidade e bo trato co balon, que xa adestrou co equipo nos ultimos meses da tempada pasada. Mario actua de dianteiro, ten boa planta e zancada, e non desmerece tecnicamente. Os dous xogadores teñen por diante unha dura pretempada para demostrar que a confianza que pon o adestrador en eles non é en balde.

martes, junio 30, 2009

FINAL DE PEÑAS: DEP. RAZO 3 - INDEPENDIENTE 3

Tremendo espectaculo o protagonizado por ambos equipos este sabado no carral, nun partido que se prolongou ata cerca das 11 da noite, que tivo prorroga, polemica, bo futbol, intensidade... todos os ingredientes que normalmente adornan a Superbowl carballesa. O resultado final foi de 3-3, e o DEPORTIVO RAZO levouse a final tras parar o seu porteiro Dani o ultimo penalti da tanda. Mais de 300 persoas no Carral que disfrutaron co gran partido presenciado. O partido foi grabado polo noso amigo Pablo de El Sur Se Mueve. Moi comentada foi a actuacion arbitral, pois o terceiro tanto chega tras un riguroso penalti indicado no minuto 101 de partido. Un expulsado por cada bando. Publicamos algunhas fotos do evento.













jueves, junio 25, 2009

O SABADO FINAL DE PEÑAS NO CARRAL: INDEPENDIENTE - DEP. RAZO

O sabado ás 19:15 horas disputarase a final do trofeo de peñas no cespede do Carral. Chegan a ela o DEPORTIVO RAZO e os carballeses do INDEPENDIENTE. O Independiente dou a sorpresa en semifinais o eliminar o favorito Baldaio nas semifinais. O Razo pola sua parte apeou o Cances

Baldaio - Independiente : 1-2 (2-2, en la ida).1-0, min 25: Tonecho; 1-1, min 55: Jorge; 1-2, min 80: Sande.

Dep. Razo - Cances : 5-3 (4-3, en la ida). 0-1, min 4: Borrazás; 1-1, min 15: Bolón, 2-1, min 27: Suso Docampo, 3-1, min 40: Palermo; 4-1, min 60: Gus; 5-1, min 85: Morientes; 5-2, min 86: Iván García; 5-3, min 90: Nadela.

domingo, junio 21, 2009

A CEA DA SD, UN CLASICO DAS FESTAS VERANIEGAS

En Casa Loureiro xuntouse a xente da SD para clausurar a tempada futbolistica e comezar a falar da proxima, na que se teñen depositadas moitas ilusions. Acudiu a totalidade da plantilla asi como os directivos e moitos dos xogadores do plantel de veteranos. Previamente disputouse un partido a vida ou morte no Carral entre o equipo de veteranos dirixido por España e o de modestos dirixido por Marcos "Buchanan" Gende. O xogador mais destacado foi o porteiro Jose R., que actuou de extremo dereito e dou mostras da sua clase. Na cea tamen foi o home mais destacado, comendo de todo, contando anecdotas e creando bo ambiente. Mostramos unhas instantaneas para que vos fagades unha idea.

miércoles, junio 10, 2009

EXITO NA FESTA DO SOCIO

Celebrouse o pasado sabado a tradicional festa do socio no colexio da Gandara en Sofán. Mais de 170 persoas se congregaron para compartir cea e bailes nunha noite que pese a ameaza da choiva resultou moi agradable. Os concurrentes disfrutaron da presencia o sensacional comico David Amor, que fixo rir e animou o respetable coas suas ocurrencias. Contouse por suposto co gaiteiro de rigor que interpretou un par de pezas tradicionais, e o duo cubano Melao Caribeño amenizou a noite cos seus ritmos latinos.
De arredor da barra consumironse bebidas e conversas animadas sobre o pasado, presente e futuro da SD. Representantes das autoridades, futbolistas de diversos equipos e afeccionados en xeral alabaron a boa organizacion da directiva sofanista, que ano tras ano mellora esta xa clasica reunion. Contouse coa presencia de varios directivos do Bergantiños, os que queremos felicitar polo seu magnifico ascenso a terceira division.

martes, junio 02, 2009

FESTA DO SOCIO: 6 de junio


Como todos os anos co remate da tempada a SD homenaxea e agradece o apoio incondicional dos seus 500 socios cunha tremenda festa na que habera de todo: comida e bebida a rachar, actuacions de grupos musicales e comicos, os habituais sorteos de regalos e sobre todo, entrañable convivencia entre a familia sofanista.


Os interesados en acudir teñen a sua cita no colexio da Gandara, o sabado 6 de junio a partir das 10 da noite. A entrada e gratuita para os socios e de 12 € para os non socios. Serviranse mexillons e xamon asado para matar a fame, viño e refrescos a rodar e sobremesa de cafes e copas. O baile corre a cargo do famoso duo MELAO CARIBEÑO, un grupo de cubanos que fan as delicias ali a donde van. A sorpresa deste ano constituea o coñecido comico DAVID AMOR, que nos fara rir coma nel e habitual.


Quedades todos invitados a este evento, formedes parte da familia da SD ou non, e a bo seguro que os que acudan xa se faran fijos neste evento, xa tradicional no veran carballes.

lunes, mayo 25, 2009

XALLAS C.F. 2 - S.D. SOFAN 1

Caeu eliminada a SD no campo de Fontenla, nun partido no que mereceu mais pero a falta de pericia de cara a porta rival acabou por ser a tumba dos sofanistas. Moi boa entrada no campo xalleiro. Uns 100 afeccionados se acercaron dende Sofan para animar o equipo de Baña. Dia pasado por auga e terreo de xogo en perfectas condicions. Podese ver un resumo do partido en www.copadacosta.com

XALLAS: Gómez (David, min.89), Rubén, Sergio Pose (Sergio, min.67), Carteiro, Ricar, Ricardo Toni, José Ángel (David Pose, min.85), Jaime, Jesús e Ovidio.

S.D.SOFÁN: José Ramón, Cristian (Abel, min.46), Víctor Docampo, Juanjo, Gus, Gende, Pizo, Mario, Suso Docampo, Eloy e Bertín.



Goles:

1-0, min.1: Ovidio, tras gran xogada individual, engancha un trallazo coa esquerda dende fóra da área que se cola a rentes do pao;

1-1, min.79: Bertín aproveita un tiro frouxo dende a frontal de Victor Docampo e empuxa o balon a gol no borde da área pequena;

2-1, min.85: Toni saca unha falta dende o medio campo e o bote rápido xógalle unha mala pasada a Jose Ramón.


Arbitro: Gallego Hernandez. Amonestou aos visitantes Mario (min.37); Abel (min.60), José Ramón (min.57) e o local Sergio (min.70). Bertín foi expulsado por doble cartón no 85 e no 90.


SAiu a SD decidida a queimar as naves en Fontenla, pero atopouse co gol de Ovidio na primeira xogada de partido. Como no encontro de ida, tocaba remar contracorrente. De todas maneiras seguian necesitandose 2 tantos e foise a por eles con decision. As ocasions foron caendo. Remataron Suso e Mario sendos corner por enriba do longueiro. Victor realizou unha gran xogada por banda dereita e o seu lanzamento saiu un pouco alto. Pouco despois o mesmo xogador estrelou un balon no pao. O encontro era de ida e volta. Toni comenzou a mostrar a sua calidade e rematou alto por pouco unha gran xogada con Ovidio. Jose Angel lanzou unha falta directa ben detida por J.R. A loita era nas areas e o partido estaba moi bonito. Ambos equipos mostraron o seu potencial ofensivo. Jesus, ben marcado por Gustavo toda a tarde, buscou acomodo no mediocampo, deixando para Toni as labores mais ofensivas. A SD foise inxustamente sin marcar o descanso.


No segundo acto apareceu a auga que condicionou o partido. A saida de Abel dou mordente no ataque visitante, e o propio xogador tivo un par de boas ocasions sobre todo nun remate na area pequena. O Xallas especulou mais neste periodo, sabedor da ventaxa que tiñan no marcador. Ricardo era dono do mediocampo e Ricard e Carteiro contiñan ben os dianteiros sofanistas. A ocasion mais clara tivoa Suso, pero Gomez sacou o balon in extremis. Un gran disparo de Pizo detivoo o porteiro, que onte tivo unha acertada actuacion. O gol de Bertin dou emocion a eliminatoria, pero pronto Toni acabou coas ilusions visitantes. A entrega dos xogadores da Sd esta fora de toda dubida, pois deixouse todo no campo e fixeronse ocasion suficientes para pasar a eliminatoria, pero o Xallas e un gran equipo e xusto gañador da eliminatoria.




@Fotos de Oscar Santos e Diego Fernandez

lunes, mayo 18, 2009

S.D. SOFAN 1 - XALLAS C.F. 2

Derrota da SD na ida de octavos de final da Copa da Costa, nun encontro moi competido entre dous equipos igualados, que se decidiu por pequenos detalles. O Xallas mostrouse como un gran equipo e demostrou que en campos de reducidas dimensions e un equipo moi dificil de bater. Un expulsado por cada bando, Diego e Alvaro. Baixo un sol esplendido uns 150 espectadores se acercaron o Carral. Terreo de xogo en perfectas condicions.

S.D. SOFAN - J.Ramon, Victor Docampo, Diego, Juanjo, Gustavo, Pizo, Mario, Abel (Berti 75´ (Christian 87´)), Eloy, Bertin e Suso Docampo.

XALLAS C.F. - Gomez, Ruben, Sergio Pose, Carteiro, Alvaro, Ricardo (Sergio M. 86´), Toni, Jaime (D.Pose 78´), Ovidio (J.Angel 68´), Jesus e Ricard.

ARBITRO: Rodriguez Viñas, que amonestou a Mario, Abel e Bertin por parte local, e a Sergio Pose, Carteiro e Ricardo polo lado visitante. Expulsou a Alvaro no min. 52 na xogada do penalti, a Diego no 82 e o mister David Baña no 89. Retirouse lesionado Berti con un golpe na espalda.

GOLES:

0-1 6´ Balon colgado a area que peina Jesus e Ovidio marca de extraordinaria volea

1-1 54´ Bertin de penalti feito a Suso Docampo

1-2 85´ Falta que lanza J.Angel, rexeita J.R. como pode e Jesus moi atento remacha na area pequena.


Saiu o Xallas moi metido no partido, con contundencia na liña defensiva e xogando un futbol directo moi efectivo. Sorprendiu a colocacion de Ovidio como extremo dereito, con Ricard e Jesus en punta ganando todos os balons aereos. O primeiro gol foi un mazazo para o cadro local, que tardou en reaccionar. Tivo Abel unha gran ocasion pero o seu disparo foi sacado in extremis na liña de gol por Carteiro. As aproximacions dos locais eran contadas pois a batalla dispuxose principalmente no medio do campo. Toni dominou o xogo en ambos periodos, surtindo de balons os dianteiros. O Xallas traballou moi ben defensivamente, e os locais non encontraron o camiño da porta de Gomez en ningun momento. Reclamouse penalti a Suso nunha entrada de Sergio Pose. Jesus tivo unha boa ocasion pero o seu lanzamento saiu un pouco cruzado.

A SD pareceu outra no inicio do segundo tempo, con Eloy moi incisivo e Pizo movendo ben o equipo. A xogada do penalti e posterior expulsion de Alvaro parecia que podia ser a da reactivacion local, que tivo os seus mellores minutos. Diego internouse un par de veces pola banda esquerda pero os seus centros non encontraron rematador. Tivo Toni a mais clara ocasion deste periodo nunha contra na que se plantou solo diante de J.R. pero este sacou milagrosamente co pe. A expulsion de Diego e o posterior gol de Jesus foron un xerro de auga fria para a parroquia local.

Gran equipo este Xallas, xa gustara moito en liga, pois aparte das suas figuras Toni e Jesus ten outra xente que da un rendemento optimo. Claro exemplo e o veterano Ricard, que incluso xogou os ultimos minutos do partido de central ante a ausencia de Alvaro. O proximo domingo en Fontenla a definitiva resolucion da eliminatoria. Teno costa arriba a Sd, pero confiamos que o equipo de unha boa medida das suas posibilidades e logre remontar o resultado de onte.