miércoles, diciembre 28, 2011

A SD SOFAN BUSCA CAMPO


A sentencia do Tribunal Superior de xustiza de Galicia relativa ó Plan Xeral de ordenacion municipal PXOM Carballés supuxo unha traxedia para a Sd Sofan. Os terreos que ocupa o campo do Carral, declarados por este Plan Xeral como de ocupación para equipamento deportivo, pasan a ser terreos rústicos, polo que non se poderán realizar actividades deportivas federadas no devandito terreo de xogo do histórico Carral.

A Sd leva varios dias buscando opcions. A mais probable é que se traslade ó campo veciño das Pedreiras, do San Lorenzo de Verdillo, pois a masificacion existente no campo das Eiroas Carballes fai inviable esta alternativa. Outra que se baralla é a de xogar os seus partidos como locatario no campo do colexio da Gandara, de area e reducidas dimensions, pero é o que hai.

Os veciños, o enterarse desta nova, que correo como regueiro de polvora pola parroquia, estan a mostrar o seu apoio e ata houbo quen ofertou as suas leiras para facer un novo campo para a Sd. Agradecemos desde aqui o apoio de todo o mundo.

lunes, diciembre 19, 2011

CASTRIZ 2 - S.D. SOFAN 2

Igualou in extremis a Sd un partido que se lle puxera moi costa arriba. Tarde fría en San Pedro. Os de Sofán mereceron claramente a victoria, levaron o peso do partido en todo momento e foron o unico equipo que propuxo futbol sobre o tapete de Castriz, pero os erros a balón parado e unha actuación arbitral desacertada case os levan a unha derrota que seria inxusta a todas luces. A Sd rematou con 10 homes por unha incomprensible expulsión de Adrian.




CASTRIZ CF - Herrera, Sergio Pose, Michi - Ruben 35´-Prego 78´--, Toniño, Alex, Alberto, Toño, David Agra, Mauri - Jhonny 50´-, Martin e Sebas.



S.D. SOFAN - Richard, Adrian, Juanjo - David Pensado 70´-, Miniño, Diego - Edu 80´-, Ivan Rey, Pensado, Abel, Suso Docampo, Jacobo -Eloy 75´-, Berti -Alemán 61´-



ARBITRO: España Andrade, que amonestou a Mauri e Johnny por parte local, e a Adrian Garcia por duas veces no min. 81, polo que foi expulsado.



GOLES:

1-0 27´Disparo de Alberto dende fora da area que rexeita Richard e Mauri aproveita para marcar a boca de xerro.

1-1 36´Gran xogada de Ivan e Jacobo por banda dereita que remata con un centro que Abel empala na boca de gol.

2-1 67´Corner que remata Sebas so na area pequena.

2-2 89´Falta botada por Eloy con todo o equipo sofanista volcado e Aleman marca no segundo pao.



Pouco propuxo o Castriz de inicio a pesar de xogar como local. O seu fútbol directo foi contrarrestado pola Sd con un control total do balón. As ocasións de inicio foron escasas, unicamente disparos lonxanos de Sebas por parte local e de Abel pola visitante. A mais clara da Sd foi un disparo de jacobo que repeliu o longueiro. Nun despiste da zaga chegou o gol de Mauri, pero os de Sofán non lle perderon a cara ó partido e seguiron tentando o seu fútbol combinativo. O froito chegou pronto co gol de Abel, e pouco despois, nunha das mellores xogadas da tarde, un gran pase de Pensado deixou a Ivan so diante de Herrera pero o remate do rapaz saiu a rentes do pao. Reclamouse penalti por claro derrubo de Suso Docampo cando se dispoñía a rematar na area pequena.




No segundo tempo mais do mesmo. Os locais endureceron un pouco o partido, coa permisividade do colexiado. O gol de Sebas animou un pouco o partido, a Sd lanzouse a un ataque continuo, que non parou a pesar da expulsión de Adrian. Ainda con 10 o Sofán tivo o balón, e o Castriz limitouse a deixar pasar o tempo. Unha gran xogada de David Pensado non atopou rematador na area pequena. Noutra xogada polémica foille sinalado un fora de xogo incrible a Suso cando se dispoñía a encarar a Herrera. A contra o Castriz puido matar o partido, pero foi Alemán no tempo de desconto quen puxo un pouco de xustiza no marcador.

lunes, diciembre 12, 2011

S.D. SOFAN 3 - NANTON 1

Tarde fria e desapacible no campo do Carral. Uns 100 espectadores viron a segunda victoria como local da Sd ante un Nanton que deixou unha boa impresion no coliseo sofanista.

SD SOFAN - Richard, Ivan Rey, Diego, Juanjo, Pensado, Eloy Boedo, Suso Docampo, Jacobo -Aleman 55´-, David Pensado - Juan Rabuñal 63´-, Berti -Mario Casal 71´- e Abel -Edu 75´-.

NANTON - Bonano, David - Ivan 79´-, Diego, Felix, Sito, Carlos Vidal, Fabio, Cristian, Luis, Manolo e Martin.

Arbitro - Prieto Rojo

GOLES:
1-0 33´Centro de Diego dende a banda esquerda que remata Jacobo de cabeza ó fondo das mallas.
2-0 61´Suso Docampo engancha unha gran volea dende 25 metros que se cola por encima do meta visitante.
3-0 66´Falta botada ó punto de penalti que remata Berti de cabeza libre de marca.
3-1 81´Ivan remata no segundo pao unha xogada a balon parado.

Foi o Nanton un rival correoso. Non se viu bo futbol no inicio de encontro. Abel probou fortuna con varios disparos á meta de Bonano. O Nanton, con un futbol moi directo, disparaba á porta de Richard á minima ocasión. A ocasión mais clara da Sd tivoa Pensado á saida dun corner, pero o seu remate foise alto por pouco. O gol de Jacobo despertou ó Nanton que xogou os seus mellores minutos, pero atopouse con un inspiradisimo Richard que fixo duas grandes paradas antes do descanso, a tiros de Fabio e sobre todo de Manolo, sacando os aplausos do graderio.

O Nanton, con Luis como referente ofensivo, e Sito de mariscal da defensa, buscou o empate ó inicio do segundo tempo. Tivo duas claras ocasións, sobre todo un remate de Luis ó largueiro, pero foi a Sd quen matou o partido nas duas ocasións que tivo no segundo tempo. A pesar de estar xogando un frouxo encontro, a Sd atopouse con un 3-0 a favor, realmente inmerecido. O Nanton seguiuno tentando ata o final do encontro, pero o partido xa estaba decidido. De aqui o final, reseñar que a Sd se soltou un pouco, enlazou boas xogadas, e tanto Edu como Mario poideron ampliar a conta local.

miércoles, diciembre 07, 2011

MAZARICOS 1 - S.D. SOFAN 1

Partido igualado o vivido na Pedra de Ouro. Uns 120 espectadores aguantaron as inclemencias meteorolóxicas, viroun un primeiro tempo aburrido e un segundo mais movido, con polémica arbitral incluida.

MAZARICOS: Juan, Casais, Ramón, Matías, Tuco, Rodri, Esteban Pereiro (Chico, min.80), Brais, Estéfano (Aldo, min.50), Cristian (Marcos, min.70), Kevin.

S.D.SOFÁN: Richard, Adrián Diego, Juanjo, Meniño, Pensado, Suso Docampo, David Pensado, Berti (Eloy, min.65), Iván Rey (Jacobo, min.75), Abel.

Goles:
1-0, min.70: Ramón de penalti;
1-1, min.88: David Pensado anticipase á saida do gardameta local, centra dende a liña de fondo e Suso Docampo remata case na liña de gol o tanto do empate.

Dominou con solvencia o balón a Sd no primeiro tempo, pero sin a penas profundidade. O campo estaba moi rápido e faciase dificil a precision nos envios. Unicamente Abel por banda esquerda foi quen de penetrar un par de veces con certo perigo. Os locais estaban moi repregados, ben cerradiños sobre a meta de Juan, e buscando a Kevin á contra. A unica ocasión do Mazaricos foi deste xogador, pero Juanjo estivo rápido ó corte.

No segundo tempo cambiou o panorama. O Mazaricos saiu con moita intensidade. Un gran centro de Kevin non o rematou Estefano de milagro. Richard detivo un disparo lonxano de Brais. A Sd tamen tivo as súas. Suso disparou desde lonxe, e unha boa internada de Diego non foi rematada por Berti na boca do gol. As xogadas clave chegaron nos últimos intres. Un penalti de Miniño foi transformado por Ramon. A Sd estirouse definitivamente, e apareciu a figura do meta local Juan, que primeiro fixo un paradon a gran disparo de Abel, e despois detivo unha axustada falta lanzada por Eloy Boedo. Cando ninguen o esperaba unha picardia de David Pensado serviu para alcanzar a igualada, xusta a tenor do visto no terreo de xogo.