lunes, noviembre 28, 2011

S.D. SOFAN 1 - SAN LORENZO 1

Igualada no derbi carballés da 2ª autonómica. O equipo visitante empatou o encontro cando xa esmorecía o tempo, nunha xogada moi dubidosa na que os de Sofán piden falta ó gardameta Luis. Mais de 350 espectadores presenciaron un partido moi disputado, vibrante, con momentos de bo fútbol, e sobre todo intensiadade e pelexa a raudales.


S.D. SOFAN - Luis de la Peña, Adrian, Miniño, Juanjo, Juan Rabuñal -Diego 84´-, Pensado, Ivan Rey, Suso Docampo, Edu -Mario Casal 46´-, David Pensado -eloy 67´- e Berti -Jacobo 86´-


SAN LORENZO - Recarey, Casillero -Javi Varela 75´-, Adrian Varela, Dubra -Anxo 85´-, Puñal, Cachizo, Fuentefria, Santi -Carliños 50´-, Javi Pensado -Chucho 80´-, Jorge Pichel e Marcos Bartolo.


ARBITRO: Trigo Martinez, que amonestou a Berti, Ivan Rey, Edu e Mario Casal por parte local, e a Adrian, Puñal, Marcos e Carliños por parte visitante.

GOLES.

1-0 36´Corner sacado dende o lado dereito, producese un rexeite e Ivan Rey empalma unha gran volea ó fondo das mallas.

1-1 88´ Saque de banda á area da Sd, o porteiro local non agarra o balón pode que molestado por algun xogador do San Lorenzo, e Carliños empuxa o esférico ó fondo das mallas.





Tensión dende o primeiro minuto en Sofán. Saiu reservon o San Lorenzo, esperando ó equipo local agazapado no seu campo. A primeira media hora de xogo foi das mellores da Sd no que vai de tempada, combinando dende a zona defensiva, entrando ben por bandas e sendo moi superior ós visitantes. David Pensado foi un puñal por banda dereita, e Ivan facia diabluras na mediapunta. Pensado no centro do campo era o amo e señor. As ocasións foron chegando, sendo a mais clara un disparo de David Pensado que rechazou Recarey como puido, e un posible penalti a Edu non sinalado. Ivan adiantou ós locais con un golazo. Estirouse enton o San lorenzo, e dispuxo de duas boas ocasións, unha nunha falta colgada á area que Luis salvou con problemas, e outra nun disparo de Marcos que rexeitou o meta local. Tivo Berti unha boa á contra tras un gran pase de Pensado, e Ivan mandou fora por pouco unha vaselina antes do descanso.




No segundo tempo endureciuse o encontro. Os visitantes puxeron un punto mais de intensidade e ganaron a maioria dos balons divididos. Buscaron un futbol directo que pouco a pouco foi metendo á Sd na sua area, incapaz o conxunto local de combinar como no primeiro tempo. Tivo Javi Pensado a mais clara do San Lorenzo, pero enviou o balon o pao cando se atopaba so diante de Luis. A Sd, sin ter o dominio do partido, creou un par de boas ocasións, un disparo de Suso que sacou un defensa cando xa se cantaba o gol, e unha boa xogada por banda esquerda que non rematou Pensado na boca de gol por pouco. Anulouselle un gol a Mario por dubidoso fora de xogo. Dentro da bronca que foi o encontro no segundo acto quen pescou en rio revolto foi o equipo de Chema Eiris, co tempo case cumplido, e nunha xogada moi dubidosa que o colexiado decidiu pasar por alto.

Gran partido de fútbol, dos de antes, intenso, con dous equipos dandoo todo e coas gradas cheas de xente.

miércoles, noviembre 23, 2011

O DOMINGO, DERBI: S.D. Sofán vs San Lorenzo

Unha nova edición do clásico derbi de rivalidade carballés se producirá o domingo a partir das 16:15 horas no campo do Carral. Visitanos o San Lorenzo de Verdillo, enemigo deportivo por excelencia da Sd.





Tras 12 xornadas de liga ambos equipos están separados por 6 puntos. A Sd está 7º con 17 puntos e o San Lorenzo ocupa a 17ª praza con 11. No banquiño visitante sentarase o ex-adestrador da Sd Sofán Chema Eiris.




O ano pasado, nun intensisimo e espectacular partido, a Sd levouse o gato á auga con un gol do xogador do XAllas Luisito a falta de pouco para o final. O resultado foi de 3-2. O equipo da primeira foto é o que venceu ese dia diante de case 800 espectadores.




Fai duas tempadas o resultado foi de empate a 1, anotando o gol sofanista o extremo de Pastoriza, Abel. Vemos os xogadores que participaron ese dia na segunda instantanea.

lunes, noviembre 21, 2011

MUROS 0 - S.D. SOFAN 1

Gran partido da Sd en Miraflores. Soubo conter o acoso inicial dos muradáns, para pouco a pouco facerse co dominio do encontro. Uns moi bos vinte minutos ó inicio do segundo tempo serviron para poñerse por diante no marcador, e a partir de ahi demostrar a solvencia defensiva que ven acreditando nos últimos desplazamentos e levarse o gato á auga.

MUROS - Lupi, Mayuyo, Gael, Marco, Gelo, Alberto, Jesus - Mingos 60´-, Dani, Oscar, Sexo e Adrian - Maxi 81´-.

S.D. SOFAN - Luis de la Peña, Adrian, Diego - Juanjo 69´-, Miniño, Juan Rabuñal, Pensado, Suso Docampo, Ivan Rey, Abel - Edu 88´-, David Pensado - Jacobo 66´- e Berti - Mario Casal 80´-.

ARBITRO. Hermo Alonso, que amonestou a Dani por parte local, e a Miniño, Abel, Mario e Juanjo por parte visitante. Unha vez rematado o encontro expulsou ó xogador local Sexo.

GOL.
0-1 58´ Gran combinacion entre Abel e Diego por banda esquerda que remata con un centro raso deste ultimo que Berti empalma á rede na boca de gol.

O equipo local, facendo honor á fama de equipo intenso e aguerrido que ten esta tempada, comenzou acosando a meta de Luis. O meta sofanista luciuse a tiro de Oscar nada mais comenzar o encontro. Cada saque de banda e cada corner era defendido con mimo polo equipo de Vicente, sabedor do potencial neste tipo de xogadas dos de Sil. Tivo Sexo a mais clara ocasion neste periodo, pero cando se atopaba so diante de Luis o meta coruñés arrebatoulle o balon nunha gran intervencion. A Sd probou sorte con disparos lonxanos, primeiro Abel e logo Berti e Ivan, pero sin inquietar en gran maneira a Lupi. Oscar e Jesus probaron sorte por parte muradana, pero o meta da Sd estivo moi ben toda a tarde e non deixou resquicio para o gol dos locais. A ultima antes do descanso foi para a sd pero o remate frouxo de Abel de cabeza despexouno Lupi.

A tonica do primeiro tempo, con un Muros buscando rapidas contras aproveitando a velocidade dos seus homes en punta Sexo e Adrian, e coa Sd contemporizando e levando o control do balon, non mudou no segundo. Os primeiros vinte minutos foron de total dominio da Sd, que xogou francamente ben, tivo duas boas ocasións por medio de Ivan e Pensado, e anotou o gol que decidiu o encontro. A partir de ahi o Muros volcouse, con mais corazon que cabeza, fiando as suas internadas ofensivas á velocidade de Sexo e ó talento de Oscar. Tivo este xogador a mais clara do partido pero botou alto un remate na boca do gol tras centro de Sexo. A Sd sacou a relucir a veterania da sua xente de retaguardia e solventou o acoso e derribo final do Muros, con Mayuyo de dianteiro centro. Incluso Jacobo e Abel tiveron duas boas ocasións á contra, pero o partido esmoreciu co 0-1 no marcador.

lunes, noviembre 14, 2011

S.D. SOFAN 2 - SP. ZAS 2

Non mereceu tan pouco premio a Sd onte no Carral. Puxo todo sobre o pesado cespede, adiantouse por duas veces no marcador, marrou varias ocasións claras, pero cando o día non está para ganar, non é malo un empate. O Zas, con un equipo xovencisimo, e a incorporación de Rubio, á postre xogador decisivo, arrancou un punto con fe e pelexa. Mais de 150 espectadores presenciaron un precioso encontro, dos de antaño, no coliseo sofanista.







S.D. SOFAN - Luis de la Peña, Adrian, Diego, Juan Rabuñal, Miniño, Pensado, Jacobo - Aleman 61´-, Suso Docampo, Berti - Edu 76´-, Ivan Rey - David Pensado 80´- e Abel.





SP. ZAS - Elias, Amado, Pereiro, Daniel Mata, Oliver, Martin - Cesar 73´- , Pablo, Rubio, Rafa, Peque -Solis 62´- e German -Jorge Espasandin 83´-





ARBITRO - Fernandez Liñares, que amonestou a Diego e Abel por parte local, e a Jorge por parte visitante.





GOLES -


1-0 29´Saque de banda de Juan Rabuñal que peina Miniño e Berti no segundo pao marca.


1-1 40´Falta que bota Rubio, rexeita Luis e Martin aproveita para empatar.


2-1 55´Boa xogada da Sd por banda esquerda, o balón chega a Berti dentro da area, que tras un recorte remata, rexeitando a defensa. Abel, no punto de penalti, realiza un contro inverosimil e remata con calidade anotando un autentico golazo.


2-2 60´Xogada calcada á do primeiro gol do Zas. Nova falta que lanza Rubio, rexeita Luis, e esta vez German é o que fai a igualada.





As choivas afectaron ó terreo de xogo do Carral que se atopaba bastante pesado, pero ainda así ambos equipos tentaron de xogar un futbol combinativo. Tras uns primeiros intres de tanteo, comenzou a Sd a acosar a meta de Elias. Suso tivo a primeira ocasión, con un disparo que saiu fora por pouco. Unha boa xogada de Jacobo enviouna un defensa a corner cando xa se cantaba o gol. Chegou o primeiro tanto de Berti e a Sd pareceu serenar o seu fútbol. A defensa non pasaba por apuros, Adrian controlaba ben ó Rubio, o elemento mais perigoso dos visitantes. Pero unha vez mais, unha xogada a balón parado foi a tumba da Sd. O Zas igualou sin apenas acercarse pola meta de Luis. Chegou o descanso con empate, e un sabor agridoce na parroquia local.





O segundo tempo empezou coa Sd buscando o gol que desnivelase a balanza. Berti, moi ben en punta, estivo a piques de marcar nun par de ocasións, pero foi Abel, un dos mellores do partido, o que o fixo. Cando parecia que chegaba a tranquilidade ás filas locais, novamente outra falta significou o empate. Os sofanistas desesperabanse, pero sacaron casta e bo futbol e a ultima media hora foi un asedio do que o Zas saiu vivo de milagro. Os visitantes estiveron encerrados na sua area e con disciplina e un pouco de fortuna defenderon a igualada. Reclamaronse dous penaltis, un por mans e outro por un derribo a Suso que o arbitro sacou da area incomprensiblemente. Un disparo de Suso rebotou en Rubio e dou no pao cando xa se cantaba o gol, David Pensado e Edu, moi incisivos o rato que estiveron no campo, tiveron as suas. Unha chilena de Abel saiu fora. Foi inutil. A pesar de que se empeza a ver ó Sofan de outras tempadas, onte non se tivo a fortuna necesaria para levar os puntos.

lunes, noviembre 07, 2011

DUMBRIA B 0 - S.D. SOFAN 1

Segue a Sd corrixindo erros pasados a base de traballo, actitude e seriedade no campo, e onte volveu a dar unha lección de xogo en equipo e sacrificio para levar os tres puntos do dificil campo do Conco. Uns 100 espectadores, con nutrida presencia de seguidores de Sofán, viron un disputadisimo encontro que decidiu un gol de Suso Docampo no primeiro tempo.




DUMBRIA B - Anxo, Jose Manuel, Ramiro, David Carreira, Sergio Cives, Tati, Riki - Ivanete 76´-, Jesus, Esteban - Rodrigo 45´-, Pablo Leston e Fernando.



S.D. SOFAN - Richard - Luis de la Peña 45´- Adrian, Diego, Juanjo, Miniño, Pensado - Manuel Varela 87´-, Jacobo - Aleman 64´-, Suso Docampo, Abel, Ivan Rey e Berti - Edu 74´-




ARBITRO - Rodriguez Campos, que amonestou a Tati, en partido xogado con moita deportividade.



GOL:


0-1 14´ Gran pase de Pensado a Suso Docampo, que controla o balón no punto de penalti e bate a Anxo con calidade.




Está sendo moi seria a Sd nos seus ultimos partidos a nivel defensivo, e o encontro de onte non foi unha excepción. Todo o equipo traballou a destallo, cerrando liñas de penetración a un conxunto que ten demostrada a sua capacidade ofensiva, como é este Dumbria de Cesar Ferrio. Richard apenas tivo que intervir no primeiro tempo, unicamente os lanzamentos de falta lonxanos de Pablo Leston levaron algo de perigo, asi como un disparo dende fora da area de Jesus que saiu fora por pouco. Pola contra, a Sd buscou o contragolpe coas ideas claras, abrindo o xogo polas bandas, con un Abel moi profundo e perigoso. O tempraneiro gol serenou e afirmou a idea da Sd, que se dedicou a controlar o balón e o ritmo do partido, tentando crear perigo á minima ocasión. Unha boa xogada visitante non acabou en gol de milagro, pero o remate de Jacobo foi frouxo ás mans de Anxo.



No intermedio retirouse o gardameta Richard lesionado. O seu substituto Luis cumpliu a perfeccion, impoñendose nos balóns aereos e dando seguridade á zaga. O Dumbria fixo un cambio táctico situando a Cives de dianteiro centro. O capitan creou incertidume na zaga sofanista, pero foi ben controlado por Juanjo e Miniño, inconmensurables. Diego e Adri puxeron o candado ás bandas e ó Dumbria fíxoselle dificil crear perigo. As contras da Sd foron cada vez mais claras, e so a falta de punteria de Abel en un par de ocasións, Suso e Berti, impediu que o partido fora mais tranquilo para o conxunto visitante, que solventou con veterania os ultimos minutos de acoso para levarse tres importantes puntos.