lunes, agosto 29, 2011

S.D. SOFAN 7 - SIGRAS 0

Bo partido no Carral para rematar unha longa pretempada. Día caluroso onde xa se empezou a ver a liña que ten o equipo de Vicente Garcia ante o inminente inicio de liga. Seguridade defensiva e velocidade en ataque. Ante un frouxo rival os sofanistas abriron a lata do gol que se resistiu durante o mes de agosto, e deleitaron á afección con tantos de todas as formas e colores. A nota negativa foi a lesión de Marcos Gende no xeonllo.

S.D. SOFAN - Richard, Adrian, Diego, Juanjo, Pensado, Aleman, Pizo, Victor Docampo, Abel, Suso Docampo e Berti. Tamen xogaron Mario Casal, Gende, Juan Rabuñal, Gustavo, David Pensado, Ivan Rey, Edu e Jacobo.

GOLES:
1-0 4´Abel
2-0 27´Pensado
3-0 41´Suso Docampo
4-0 54´Mario Casal
5-0 71´Mario Casal
6-0 76´David Pensado
7-0 82´Mario Casal

Un inicio entonado de Abel propiciou o primeiro tanto e outro par de boas ocasións incluido un balon do propio dianteiro ó longueiro. Berti fallou por pouco unha vaselina e Diego cruzou en exceso un remate cando estaba solo ante o porteiro. A pesar de que o Sigras se mostrou voluntarioso e presionou a liña defensiva sofanista, as ocasións foron caendo e os goles foron consecuencia da superioridade local. Tivose que retirar Juanjo con molestias musculares. Pensado anotou á saida dun corner e Suso Docampo certificou unha boa primeira parte co terceiro gol.

O segundo tempo foi ainda mais levadeiro. A defensa adiantada dos visitantes propiciou que a Sd creara innumerables ocasións, e o seu dianteiro Mario Casal aproveitouse para anotar tres tantos e fallar outros mais. Ivan Rey e Edu estiveron moi incisivos en ataques e marraron claras ocasións, e David Pensado demostrou estar en unha gran forma, con continuas escapadas por banda e culminando maxistralmente co sexto gol da tarde.

Final da pretempada, e xa están os da Sd pensando no Pindo, primeiro rival no fin de semana que ven. Os goleadores destos 8 partidos de preparación foron: Mario Casal 5, Abel 2, Suso Docampo 2, David Pensado 1, Jacobo 1, Berti 1, Alberto Pensado 1.

jueves, agosto 25, 2011

LARACHA C.F. 4 - S.D. SOFAN 0

Amigable disputado na tarde de onte no campo municipal de Laracha entre dous conxuntos que reafirmaron as súas boas relacións. A categoría do Laracha, un dos equipos potentes de Preferente, impúxose con claridade á ilusión da Sd, que acudiu con moitas baixas ó envite, tendo incluso que ocupar Miniño a meta ante as ausencias dos dous porteiros, Richard e Jose R.

A Sd alineou a :

Miniño, Adrian, David Velo, Gende, Pensado, Aleman, Eloy Boedo, Jacobo, Abel, Edu e Mario Casal. Tamen xogaron Gustavo, Victor Docampo, Juan Rabuñal, Juanjo, Berti e Suso Docampo.

A actuación estelar da tarde - noite correu a cargo do local Heber, xogador recien saido de xuveniles, que anotou os tres tantos cos que se cerrou o primeiro tempo. Os dous primeiros foron de moi bella factura, rematando con precisión sendos centros dende a banda dereita. No segundo tempo Adriano encargouse de redondear a conta larachesa.

Para a Sd foi unha boa proba para ir pulindo defectos de cara ó inicio ligueiro. Mario e Abel foron os elementos mais incisivos en ataque no primeiro tempo, sendo o extremo o home que mais ensaiou o disparo á meta local. No segundo tempo o control do balón foi da Sd, pero a falta de profundidade foi moi acusada.

Para rematar a pretempada o domingo visita o campo do Carral o Sigras a partir das sete da tarde.

lunes, agosto 22, 2011

TORNEO DE PONTECESO. A Sd 3º clasificado.

Disputou o sábado pola tarde a Sd o Torneo Eduardo Pondal de Ponteceso no campo do Pinguel da vila pondaliana. Tarde de tremendo e axfisiante calor, que empañou un pouco o espectaculo que quixeron ofrecer os catro equipos. O gato á auga levouno o Corme, que tras vencer ó Laxe na semifinal impúxose ó cadro local na final por 3 tantos a 1. A Sd pola sua parte igualou na semifinal contra o Ponteceso para caer a penaltis. No partido de consolación venceu comodamente ó Laxe.


PONTECESO - SD SOFAN. Partido marcado pola tremenda calor reinante que fixo que o xogo fora lento e impreciso. Ambos equipos mostraronse moi igualados, e nos 45 minutos disputados tiveron unha ocasión cada un. A mais clara foi para a Sd con un remate de Mario Casal ó pao. Foron expulsados Edu por parte da Sd e Mario por parte do Ponteceso.


A tanda de penaltis foi eterna. Nos primeiros tres lanzamentos Miniño detivo o de Luisete, pero Berti mandou o balón ó pao. Tras mais de 20 lanzamentos foi Gustavo o que marrou o decisivo, dando a clasificación ó conxunto local.


LAXE - SD SOFAN. 45 minutos de tramite nos que a Sd se dedicou a mover o balón con maior ou menor acerto, e a convertir a porta valeira as duas ocasións que tivo. A primeira delas nace nunha gran xogada entre Suso e Berti que deixan o balón a Jacobo para que este anote. A segunda nunha das clasicas galopadas de Abel, que esta vez cedeu o balón a Berti para que marcara.


A 15 dias do inicio ligueiro, so 2 partidos mais lle restan á Sd para rematar a pretempada. O miercoles xogarán en Laracha contra o equipo local, e o domingo contra o Sigras no Carral, para rematar o periodo de preparación e xa pensando no Pindo.

domingo, agosto 21, 2011

S.D. SOFAN 1 - SONEIRA 1

O pasado xoves disputouse no campo do carral un encontro amigable entre o equipo local e o Soneira de Manolito, conxunto que este ano disputará a liga de Preferente Autonómica. A igualada reflexa o que sucediu no terreo de xogo, onde se viu un encontro de poder a poder, con dous equipos xogando a un ritmo bastante alto para o mes de agosto no que nos atopamos. Alinearon ambos equipos a:

S.D. SOFAN - Richard, Adrian, Diego, Roberto Souto, Juanjo, Pensado, Pizo, Eloy, Victor Docampo, David Pensado e Suso Docampo. Tamen xogaron David Velo, Juan Rabuñal, Gustavo, Aleman, Berti, Mario Casal, Jacobo e Edu.

SONEIRA - Fran, Ferreiro, Vecino, Modesto, Pablo, Mayor, Garcia, Michel, Via Rapida, Vigo e Dario. Tamen xogaron Kike, Jose Angel, Mauro, Fran de urroa e Santi.

GOLES:
1-0 72´Roubo de balón de Edu en campo do Soneira, cedello a Mario Casal que de tremendo trallazo bate a J.Angel pola escadra.

1-1 84´Indecisión da defensa sofanista na sua propia area que aproveita Vigo para ceder atras a Santi que dende o borde da area engancha un disparo inapelable.

Vironse cousas moi interesantes durante os 90 minutos. O Soneira demostrou a calidade dos seus homes, con un Via Rapida moi activo, Vigo participando e creando perigo na mediapunta, e unha liña defensiva moi segura coa incorporación de Modesto. A Sd demostrou estar a un alto ritmo, exercendo unha presión axfisiante e aproveitando as reducidas dimensións do Carral para desenrolar o seu futbol de roubo e contragolpe. As ocasións no primeiro tempo foron escasas e para o Soneira, pero no segundo acto cambiou a cousa coa saida de Mario, que creou moito perigo, e Aleman, que se cansou de cortar e distribuir balóns para os atacantes. Foille anulado un gol a Mario por posible fora de xogo. O Soneira puido levarse o partido xa cara o final pois Vigo estrelou un balón no poste da portería de Richard.

lunes, agosto 15, 2011

UNION DENA 1 - S.D. SOFAN 0

Moi boa a experiencia vivida pola Sd en terras de Sanxenxo este fin de semana. A xente do Union Dena fíxonos sentir como un equipo importante, tratandonos de maravilla en todo momento, e culminando todo na disputa do troféo local, que levou o Dena con un gol a falta de 2 minutos, cando xa se esperaba a tanda de penaltis.


En contra do que poida parecer en aquelas latitudes, o tempo estivo de inverno, con auga durante todo o partido. Mais de 35 xiareiros da Sd acompañaron ó equipo a terras pontevedresas, e disfrutaron das magnificas instalacións das que dispon o Dena. O capitan Juanjo entregou ó seu homologo local un pequeno obsequio agradecendo a invitación o torneo.


A Sd Sofán xogou con Richard, Adrian, David Velo, Juanjo, Diego, Pensado, Jacobo, Ivan Rey, Victor Docampo, Suso Docampo e Abel. Tamen participaron no segundo tempo David Pensado, Edu, Gende e Miniño.








O partido foi de un nivel moi parexo. O Union Dena é un dos equipos punteiros da 2ª autonómica da zona sur, perdendo o ano pasado o ascenso no último partido, e demostrou a súa categoría. A Sd xogou a un ritmo moi alto, traballando ben a presión, e dominando os primeiros 45 minutos con claridade. Dispuxo de un par de boas ocasións, sobre todo un gran disparo cruzado de Diego tras pase de Jacobo, e o colexiado comeuse un clarisimo penalti a Suso Docampo, en deferencia ó clube local, supoño.







O segundo tempo supuxo un baixon no xogo visitante, dada a escasez de cambios dos que se dispoñía, o equipo baixou o ritmo, pero ainda así dispuxo das mellores ocasións, sobre todo un disparo de Pensado ó largueiro. No treito final o encontro púxose un pouco brusco a raiz dunha forte entrada a David Pensado, pero a sangue non chegou ó río. O final, entrega de trofeos, conversas amigables diante de uns pinchos e un Madrid - Barsa en confraternización total para rematar un gran fin de semana.

viernes, agosto 12, 2011

Entrevista a Manuel Varela en Quepasanacosta.

Enlace da entrevista :

http://www.quepasanacosta.com/?p=8648

miércoles, agosto 10, 2011

S.D. SOFAN 3 - QUEIXAS 0





Partido de pretempada disputado no campo do Carral en tarde noite moi soleada ante escaso publico. O equipo de Vicente Garcia logrou marcar os primeiros tantos da tempada e levarse o partido con solvencia no segundo tempo despois dunha primeira parte moi igualada.



S.D. SOFAN - Richard, David Velo, Gustavo, Pensado, Juan Rabuñal, Aleman, Eloy, Suso Docampo, Jacobo, Edu e Mario Casal. Tamen xogaron Roberto Souto, Diego, Ivan Rey, ADrian, Berti, Victor Docampo, Abel e Pizo.



QUEIXAS - Pallas, Chuco, Romero, Compi, Maka, Minguilla, Ruben, Alex, Pichurri, Rubio e Damian. Tamen xogaron Miki, Luis, Alvaro e Alex II.



GOLES.

1-0 55´gran xogada de Ivan Rey pola banda dereita que acaba en claro penalti. Suso Docampo transforma o maximo castigo


2-0 67´Abel define con facilidade unha das suas habituais escapadas.


3-0 71´Mario Casal tras driblar ó porteiro a porta valeira.



Foi trabado o primeiro tempo, coas defensas impondose ás dianteiras. A Sd tivo as primeiras ocasións claras por medio dos xóvenes Eloy e Edu. Na parte visitante Rubio e Minguilla xeraban perigo diante dun seguro Richard. O primeiro tempo discurriu con moito centrocampismo e sin claridade de ideas.



A entrada dos homes de refresco no segundo tempo doulle unha clara superioridade á sd neste acto. Pizo mandaba no medio do campo. Adrian e Victor facian da banda dereita un pasillo de constante perigo. Abel por banda esquerda era un pesadelo, e Ivan Rey facia diabluras na media punta. Unha xogada do de Guntián foi a orixe do 1º gol da tempada. Mario Casal fallou a porta valeira outra clara ocasión e Victor Docampo mandou un balón á cruceta. Os goles acabaron entrando e a victoria local foi clara.


martes, agosto 09, 2011

A S.D. A SANXENXO: Sabado 14 ás 19.00 horas, DENA vs S.D. SOFAN

Desplázase o domingo a Sd Sofán a Sanxenxo a disputar un amigable co equipo local, o Dena. A cinco minutos da praia da Lanzada,e a 10 km do casco urbano de Sanxenxo, a tranquila localidade invitou á Sd Sofan ó I Trofeo Campo das Cachizas. O Dena é un dos equipos poderosos da 2ª autonómica da zona, e estivo a un palmo de ascender o ano pasado a 1ª autonómica. Disputa os seus encontros nunha magnífica instalación de herba sintética que probarán os xogadores de Vicente Garcia o domingo pola tarde, a partir das sete horas. Os afeccionados que se queiran desplazar co equipo poden reservar unha das 50 invitacions que o Dena cedeu amablemente á Sd Sofan.

domingo, agosto 07, 2011

S.D. SOFAN 0 - CLUB DO MAR 2





O Club do Mar levou o Trofeo das festas de Sofán ó derrotar ó equipo local por 2-0. Gran asistencia de publico no Carral, con mais de 300 afeccionados, pois habia levantado unha gran expectacion o encontro entre dous dos mellores equipos costeiros.




S.D. SOFAN - Richard, David Velo, Diego, Juan Rabuñal, Pensado, Aleman, Eloy Boedo, Suso Docampo, Edu, Victor Docampo e Berti. Tamen xogaron Jose R., Ivan Rey, Juanjo, Roberto Souto, Abel, David Pensado e Jacobo.




CLUB DO MAR - Iago, Chori, Fran Borrazas, Ruben Garcia, Chechu, Juan Lareo, Repi, Bertin, Jacobo, SAnti Silva e Vituco. Tamen xogaron Borja, Isaac, Pablo Corral, Luis Lareo, Alberto, Tonecho, Manu e Brais.




GOLES:


0-1 16´escapada de Santi Silva por velocidade e o coruñés define con maestria ante Richard.


0-2 41´Trallazo de Bertin dende lonxe que se cola por encima de Richard.





Partido mais propio do mes de decembro que de pretempada, con dous equipos que dende o inicio xogaron a un altisimo ritmo e mostraron as suas armas de cara ó inicio ligueiro. O Club do Mar demostrou o porque da sua candidatura o titulo costeiro este ano, con un equipo moi compacto, cargado de individualidades na zona atacante. Os locais , con un Eloy moi activo nos primeiros minutos, presionaron con vehemencia pero costoulles chegar á area con perigo. E como soe pasar nestos encontros tan igualados, un erro defensivo serviu en bandexa o primeiro gol da tarde a Santi Silva. O xogador apenas estivo no campo media hora pero bastoulle para demostrar a sua calidade. Estivo algo despistada a Sd durante este treito de partido, e o Club do Mar adueñouse da pelota. Jacobo Campo tivo outra boa ocasión pero enviou o balón fora cando se atopaba en inmellorable posicion para marcar. Diego tivo a única da Sd nun disparo lonxano que se foi fora por pouco.




Cos cambios non baixou o nivel, ambos equipos estaban moi motivados, e incluso no segundo tempo houbo algun que outro roce impropio de partidos amistosos. A Sd levou o control do balón atacando hacia o muro, pero a defensa visitante estivo moi segura, e os de Repi lanzaron perigosas contras. Neste acto as ocasións mais claras foron para a Sd, sobre todo unha de David Pensado que tras gran xogada individual non foi quen de superar a Borja na sua saida. Jacobo lanzou unha falta a rentes do pao, e un par de saques de banda sembraron o panico na area do Club do Mar, que aguantou perfectamente o resultado con solvencia propia da veterania dos seu homes e levou o trofeo para Caion.

viernes, agosto 05, 2011

1ª xornada de liga: O PINDO - S.D. SOFAN

Xa se realizou na sede da Federación Galega de Fútbol o sorteo do calendario para a tempada 2011/2012. A sorte deparou un O Pindo - S.D.Sofán na xornada inaugurál, do día 04/09/11. O calendario completo queda como segue:



Xornada 1. O Pindo - Sd

Xornada 2. Sd - Baio

Xornada 3. Camariñas - Sd

Xornada 4. Sd - Buño

Xornada 5. Sd - Corme

Xornada 6. Club do Mar - Sd

Xornada 7. Sd - Malpica

Xornada 8. Fisterra - Sd

Xornada 9. Sd - Esteirana

Xornada 10. Dumbria B- Sd

Xornada 11. Sd - Zas

Xornada 12. Muros - Sd

Xornada 13. Sd - San Lorenzo

Xornada 14. Mazaricos - Sd

Xornada 15. Sd - Nanton

Xornada 16. Castriz - Sd

Xornada 17. Sd - Corcubion

miércoles, agosto 03, 2011

lunes, agosto 01, 2011

SAN MARTIÑO 0 - S.D. SOFAN 0



Primeiro partido de pretempada disputado no campo anexo do Roxo de Cerceda, ante o equipo do San Martiño da Silva, dirixido por Pol, e con vellos coñecidos do fútbol carballés nas súas filas, como Toñito, Javi Gonzalez, José Manuel, Vicente ou Gonzalez, así como o ex sofanista Alex. Encontro típico de pretemporada, cos dous equipos mais preocupados de facer probaturas e ver a evolución dos novos xogadores que no resultado do encontro.




A Sd alineou a:



Richard, Juanjo, David Velo, Roberto Souto, Diego, Pensado, Eloy Boedo, Ivan Rey, Edu, Suso Docampo e Jacobo. No segundo tempo xogaron tamen Juan Rabuñal, Gustavo, Adrian, Victor Docampo, Aleman, David Pensado, Abel e Berti.



O obxectivo do mister de traballar conceptos defensivos, de presión e de circulación de balón quedaron sobradamente cumplidos. Os xovenes xogadores sofanistas traballaron a destajo no primeiro tempo, e accións de calidade de Ivan Rey, Jacobo, Edu, Eloy e Suso levaron o perigo á meta defendida por David Castro, que fixo a parada da tarde a tiro de Jacobo. Eloy rematou de cabeza ó longueiro nunha das mais claras ocasións e Pensado e Suso ensaiaron o disparo sin fortuna neste primeiro acto. A porteria de Richard a penas pasou por apuros.




No segundo tempo cos cambios e a calor o ritmo baixou, e a Sd levou con maior insistencia o dominio do xogo, pero con pouca profundidade. Un par de arrancadas de Abel e un disparo de Eloy foron do mais destacado. A volta o equipo de Victor Docampo dou as mellores sensacións neste intervalo, así como o rendemento xa coñecido de Alemán ou Juan Rabuñal.


O proximo sabado unha nova proba ante o Club do Mar de Caion no trofeo das festas de Sofán.