martes, julio 30, 2013

Martin Dominguez, novo inquilino do vestiario do Carral

A penultima incorporación da Sd, Martin Dominguez Frade, presentouse onte diante dos seus compañeiros no dia da reanudación dos adestramentos do equipo de Pablo Mallon. O xogador integrouse rápidamente na disciplina sofanista, como era de esperar.

Martín, centrocampista de calidade indiscutible, procede do Naron de terceira división. O xogador coruñes recalou alí o ano pasado, tras xogar case 8 anos no Sada, onde era un dos indiscutibles e capitan do equipo. Anteriormente o mediocentro xogara un ano no Español da Coruña, e dous anos no Malpica, ó inicio da sua carreira. Desta experiencia na Liga da Costa garda bos amigos no vestiario sofanista.

Con esta incorporación, case deixa a Sd o plantel cerrado, á falta de un home de ataque que posiblemente se incorpore en proximas datas. A Sd debutará nesta tempada o domingo 4 en Cambre contra o equipo local.

lunes, julio 29, 2013

Dous sofanistas na selección da costa norte que venceu onte á costa sur

Ivan Rey e Javi Souto foron os representantes da Sd no partido que onte enfrontou as seleccións Norte e Sur da costa, no campo de Outes. O resultado foi de 1-0, victoria para os norteños con gol do ex xogador do San Lorenzo Carliños.

viernes, julio 26, 2013

Pablo Martinez e Raul xogarán no campo do Carral a próxima tempada

Firmaron na tarde de onte o compromiso que os une á Sd Sofán os coruñeses Pablo Martinez e Raul Diaz. Os xogadores, que o ano pasado competiron en 1ª autonómica co Club do Mar de Caion, mostraron a súa satisfacción por poder disputar a prestixiosa liga da Costa.

Xogadores ambos de prestixio indudable, e moi coñecidos no ambito do fútbol coruñés, o feito de que todavía non coñecia o fútbol costeiro foi un factor determinante para a contratación de ambos. Levan traxectorias paralelas dende fai moitos anos, pois foron compañeiros no Vizoño, Silva e Club do Mar, e ahora volverán a compartir vestiaro na Sd.

Raul Diaz ten 34 anos, e actua como dianteiro centro. É un atacante dos da antigua usanza, mortal na area, e con recursos suficientes para facer gol en calquera situación. Ven a sustituir o goleador da tempada pasada, Abel, traspasado ó Malpica. Raul formouse na canteira do Deportivo, nunha xeración de xogadores dos que o representante mais coñecido pola zona é Xaco, ex-xogador do Cerceda. Posteriormente xogou no Imperator, Olimpico de Rutis, Vizoño, Silva e Club do Mar, sendo goleador do equipo en todos os que estivo. Ten contrastada experiencia tanto en Preferente como en 1ª autonómica, e o ano pasado, a pesar de non contar en exceso coa confianza de Repi, foi o pichichi do equipo.

Pablo Martinez, de 32 anos, é un todoterreo clásico. Xogador adaptable a calquera posición do campo, normalmente actua no centro do terreo de xogo, ainda que o ano pasado en Caion xogou moitos partidos de central cun rendemento mais que satisfactorio. O xogador destaca por un despliegue físico importante, un alto nivel de agresividade e dominio do xogo aereo. É o clasico box to box, término ingles que designa o xogador que é decisivo tanto na parcela defensiva como na ofensiva. Pablo ten traxectoria parexa con Raul, xogando no Vizoño tanto en Preferente como en Primeira, indo ó Silva que ascendeu fai 2 anos a Preferente, e sendo referencia no Club do Mar o ano pasado.

Sorte a ambos xogadores na nova e ilusionante etapa que empezan na Sd.

miércoles, julio 17, 2013

JAVIER SOUTO FIRMA POLA SD

JAVIER SOUTO Insua, firmou onte o seu compromiso coa Sd Sofán para a próxima tempada. Nacido o 1 de novembro do 86, Javier é un defensa conocido pola súa agresividade, bo xogo aereo e intensidade á hora de defender o marco propio. Tras seis anos no Cerqueda, clube do que era un dos capitáns, decide dar o salto de categoría e tentar demostrar as súas cualidades na pradeira do Carral. Xogador clave no clube malpicán estos ultimos anos, veu frustrado por duas veces as tentativas de ascenso á segunda autonómica, a cada cal mais dificil de dixerir. Se o ano pasado foi o Volantes o que os apartou do ascenso, este ano o Camelle no último partido, deixou ó Cerqueda un ano mais en terceira.

Desexamoslle a máxima sorte ó xogador na sua nova andaina, na que estamos seguros que mostrará todo o potencial que atesora.

miércoles, julio 10, 2013

A Sd convoca a asamblea xeral ordinaria.

A Sociedade Deportiva Sofán, en reunión da Xunta Directiva de 25 de xuño de 2013, acordou convocar a súa Asamblea Xeral Ordinaria de socios, para o próximo venres 12 de xullo de 2013, as 21:00 horas en primeira convocatoria, e as 21:30 horas en segunda, no Local Social de Sofán.

 
Orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta da anterior Asamblea Xeral 2011/2012.

2. Balance económico da tempada 2012 - 2013.
3. Proxecto económico e deportivo da tempada 2013 - 2014.

4. Rogos e preguntas.