lunes, enero 30, 2012

S.D. SOFAN 0 - CAMARIÑAS 3

Partido extrano o de onte no campo do Carral. O Camariñas atopouse en ventaxa moi pronto, pero nun bo primeiro tempo da Sd so a actuación do meta Pombo evitou a remontada dos de Sofan. O segundo acto foi un mero tramite.

S.D. SOFÁN: Richard, Adrián, Gustavo (Eloy, min.60), Meniño, Juanjo, Pensado, Alemán, David Pensado, Edu, Berti, Gurita (Suso, min.75).

CAMARIÑAS: Pombo, Ogando (Nico, min.75), Maikel (Doyle, min.80), Manuel, Diango, Paco, Carlos, Brais, Javi (Nené, min.75), Juan oBello (Adrián, min.85), Leo.

Goles:
0-1, min.8: Brais de cabeza a centro de Leo;
0-2, min.15: Ogando de falta;
0-3, min.41: Juan oBello de falta.

O inicio de partido foi o que sentenciou a contenda. Dous despistes da Sd propiciaron a ventaxa visitante. Cando o equipo local quixo arrancar xa levaba dous ó lombo, pero reaccionou ben e a base de empuxe e velocidade comenzou a crear ocasións diante da meta de Pombo. Ata sete clarisimas ocasions marraron os de Sofan. Berti rematou frouxo cando se atopaba so diante do meta camariñán. Edu tivo dous mans a man que enviou fora. David Pensado en duas ocasións e Gurita marraron disparos case a boca de xerro. Pombo fixo unha gran parada a disparo lonxano de Adrian. Non era o día da Sd de cara a porta, e o terceiro gol de Bello non fixo mais que sentenciar o partido.

No segundo tempo os locais seguiron con un bo nivel de pelexa, pero os visitantes cerraron mellor os camiños ó seu marco e apenas se crearon ocasións. So un par de lanzamentos lonxanos de Pensado e varias xogadas embarulladas na area camariñana crearon algo de incertidume nos de Manolín, que se levaron unha victoria mais comoda do esperado.

lunes, enero 23, 2012

C.D. BAIO 4 - S.D. SOFAN 0



Acabouse a xeira da Sd de 11 partidos seguidos sin perder no Platas Reinoso de Baio, nun encontro marcado pola actuación arbitral. O colexiado deixou con 9 homes á Sd á media hora de partido tras unha pequena tangana iniciada por unha entrada do local Eloy a Ivan Rey, que ainda por encima de recibir unha brutal patada, foi expulsado. Con dous homes menos a Sd xogou con gallardía pero a tremenda actuación do local Javi Suarez, un dos mellores dianteiros da categoría, acabou coa resistencia dos de Vicente.

BAIO: Manuel, Matías, Mario, Iván, Ramon, Eloy, Iago, MC -Valentin 75´-, Canai - Fachal 65´-, Alberto (Martín, min.70), Javi Suárez.
SOFÁN: Luis de la Peña, Adrian, Miniño (Gurita 55´), Pensado, Juanjo, Eloy Boedo, Suso Docampo, David Pensado, Abel, Edu (Alemán 55´) e Iván Rey.

Goles:
1-0: 20´ Roubo de balón de Canai, que cede a MC, e este bate a Luis na sua saida.
2-0: 67´Javi Suárez encara a Luis e bateo cun tiro cruzado
3-0: 70´Javi Suárez cede o balón a MC que marca a porta valeira
4-0: 87´Javi Suárez asina un golazo para completar a sua gran tarde.

EXPULSIÓNS: os sofanístas Iván e Abel no minuto 35´de partido, o adestrador visitante Vicente por protestar, e o xogador visitante Jacobo no descanso por protestas. O local Eloy foi expulsado tamen no minuto 50.

Iniciou a Sd ben plantada no campo, buscando a Abel para que a velocidade do dianteiro creara perigo, pero resultou dificil chegar con claridade á area de Manuel. Un par de disparos do dianteiro antecederon ó gol baies nun erro defensivo visitante. O Baio fiaba a sua aportacion ofensiva ós seus dous dianteiros, MC e Javi Suarez, que xogaron un gran partido. Adrian, que fixo un tremendo desgaste todo o partido, empezou a intentar entrar por banda dereita, e un disparo seu que rexeitou un defensa a piques estivo de converterse no empate. Outra boa xogada do lateral rematouna Ivan alta, na mellor ocasion visitante. O partido foise enrarecendo, e a xogada polemica chegou cunha fortisima entrada de Eloy a Ivan, que acabou cunha pequena tangana e dous xogadores da Sd nos vestiarios. Mal panorama para os de Vicente, e así se chegou o descanso.

no segundo tempo a Sd arriscou, continuou tendo o balon a pesar da clara inferioridade, pero o Baio, sabedor dos seus puntos fortes, machacou á contra. Javi Suarez foi un pesadelo, e os de Tono non tiveron mais que defender con orden e esperar que as contras fixeran o seu efecto, como así foi. A partir do 3-0 non houbo partido, ainda que a Sd, coa entrada de Gurita e Aleman, seguiu poñendo ilusion, e tivo ocasión para marcar un par de tantos en botas de David Pensado, Suso e Gurita. O cuarto tanto foi un clavo mais na tumba dos visitantes.


- Foto de Alejandro Mel.

lunes, enero 16, 2012

S.D. SOFAN 9 - O PINDO C.F. 0

Borracheira de goles na tarde de onte no Carral. Uns 80 afeccionados presenciaron en tarde fría o acerto goleador do equipo local ante o colista Pindo, que se mostrou moi desmotivado e non soubo frear a hemorraxia goleadora dos de Vicente. Ainda así a actitude visitante foi de caballerosidade e o equipo do Pindo competiu con nobreza e limpeza ata o final do encontro, cousa de agradecer. Debutou o dianteiro carballés Adrian Gurita, procedente do Laracha, anotando un tanto.

S.D SOFAN - Luis, Ivan Rey, Miniño, Juanjo - Gustavo 63´-, Pensado, Eloy Boedo, Suso Docampo - Aleman 53´-, David Pensado -Jacobo 53´-, Abel, Edu e Berti -Gurita 46´-.

O PINDO - Garrido, Casais, Jose, Manolito, Juan, Hipolito, Lolo, Julian, Carlos - Conexo 60´-, Leis e Riolo.

GOLES-
1-0 11´centro de Ivan Rey que Garrido introduce na sua meta.
2-0 21´gran combinacion entre Ivan e Abel que remata con un pase atras do extremo, e DAvid Pensado chegando en carreira clava o balon na escadra. Un golazo.
3-0 24´Novo centro de Abel que remata Berti en media chilena. Outro gran tanto.
4-0 28´Abel vaise con facilidade da defensa, e bate a Garrido na sua saida.
5-0 35´Berti remata cruzado e Abel chegando ó segundo pao introduce o balon nas mallas.
6-0 55´corner botado por Edu que remata Abel de cabezazo impecable ó fondo das mallas.
7-0 62´Novo corner e novo gol de Abel.
8-0 75´Gran xogada de Abel por banda e Gurita marca dende o punto de penalti.
9-0 80´Edu de penalti.

De inicio se viu que a Sd ia monopolizar o balón, como así foi. Pronto, o gol de Ivan, decantou un encontro que a partir de ahí foi costa abaixo para o conxunto local, pois case en cada chegada á meta de Garrido marcaba. Foron de moi bela factura os tantos de Berti e David Pensado, moi aplaudidos polo público. Eloy dominou o centro do campo, e a presencia de Abel mais en punta que noutros partidos foi un pesadelo para o conxunto visitante. O dianteiro creou perigo dende o minuto 1 e anotou 4 goles nunha tarde na que puido anotar un par deles mais.

O segundo tempo serviu para ver o bo debut de Gurita, e para que os xovenes futbolistas locais disfrutaran e fixeran disfrutar á parroquia co seu bo futbol. Ivan Rey era amo da banda dereita, Edu xogou un bo partido e anotou o seu tanto, e ainda tivo tempo de anotar outro mais que o arbitro incomprensiblemente non concedeu. Luis de la Peña foi un mero espectador toda a tarde.

Bo inicio de segunda volta para a Sd, que xa leva 11 partidos sin ser derrotado, e afronta o proximo encontro en Baio á alza.

lunes, enero 09, 2012

S.D. SOFAN 0 - CORCUBION 0

Non foi quen a Sd de atravesar a muralla defensiva situada por Manin no Carral e non pasou da igualada no último encontro da primeira volta. Uns cen espectadores presenciaron o encontro en tarde soleada.

S.D. SOFAN - Richard, Juanjo, Diego - Edy 65´-, Miniño, Pensado, Eloy Boedo, Ivan Rey, Suso Docampo, Abel, David Pensado - Jacobo 73´- e Berti - Aleman 46´-

CORCUBION - Andres, Jose, Senra, Manin, conguito, Sebas, Papi, Lourido - Sergio 85´-, Camacho, Johny e Miguelon - edu 65´-

A Sd levou o peso do partido en todo momento, ante un equipo visitante agazapado, ben ordeado defensivamente, e buscando descaradamente as contras. Un corner botado por Diego pasease pola area pequena sin atopar rematador. No primeiro tempo a Sd move con solvencia o esferico pero costalle atopar as ocasións de gol. Abel, moi incisivo toda a tarde, rematou detendo Andres, e unha boa xogada do extremo pouco despois non atopa rematador unha vez mais. A Sd probaba a disparar dende todos lados, pero a defensa visitante era un verdadeiro fronton. Na única ocasión visitante en todo o encontro Richard ten que sacar unha boa man a disparo de Miguelón. O descanso, igualada, e a sensación de que a Sd é superior pero que lle vai costar marcar gol.

Como así foi. O segundo tempo foi de mais baixo nivel técnico, con un equipo visitante totalmente crecido defensivamente, reafirmandose na sua idea co paso dos minutos. As ocasións neste periodo foron escasas pero mais claras. Un disparo de David Pensado rexeitouno o meta visitante como puido, e faltando pouco para o remate, volviuse a lucir en doble remate de Jacobo dende fora da area e Suso Docampo casi a boca de xerro. A pesar de ter o balon na maior parte do encontro, a Sd non atopou o gol, mal que leva padecendo toda esta primeira volta.