lunes, noviembre 29, 2010

CORME C.F. 4 - S.D. SOFAN 4

Surrealista. O de onte no campo do Cairo foi mais unha obra de teatro que un partido de fútbol, e como actor principal un colexiado: o inclito Rubén Rivas Rodriguez, protagonista de principio a fin. Nun encontro sin apenas faltas, entre dous equipos que caracterizan os seus enfrontamentos pola limpeza e deportividade, vimos 5 expulsións e descontento xeneralizado, ata o punto de plantexarse ambos equipos o abandoar o encontro antes do remate, visto o recital do suposto xuiz da contenda.

A Sd considerase perxudicada pola actuación arbitral pois tivo que xogar con 9 a maior parte do segundo tempo, pero é verdade que os erros se compensaron na parte final, sobre todo no incrible penalti que dou lugar ó empate a catro. As decisions do colexiado foron en todo momento inexplicables. As mais graves, sen dúbida, a expulsión de Dieguito por darlle un puñetazo á porta do vestiario no descanso, supoño que do cabreo de recibir o empate a dous a pouco do final deste tempo. O motivo da expulsión foi, segun palabras do colexiado, que diante del non se maltratan as instalacións. A expulsión de Gende foi algo parecida, por duas faltas, unha delas que non comete o zagueiro, senon outro compañeiro, e a segunda que nin falta foi. O penalti do cuarto gol do Sofán ninguen sabe por que foi, e pouco despois non sanciona unha clara man na area do Corme. Foras de xogo inventados, faltas señalizadas por tropezar co balón, a postreira expulsión de Luisito e Alejandro por intercambiar unhas palabras nin tan sequera subidas de tono... Antolóxico recital arbitral, que ninguén non campo se explicaba nin daba crédito.

Sirva esto para explicar que o partido foi moi limpo, sen accións en ningún momento violentas, como pode parecer vendo a lista de cartóns, pero non para explicar porque a SD igualou en Corme un partido que tiña que ter gañado con comodidade. Un Corme plagado de baixas plantexou unha alineación tan talentosa como chea de xuventude, e a SD levou o peso do partido con claridade, pero os graves erros defensivos levarón á igualada final. Un equipo que pretende estar na parte alta da taboa non pode encaixar os goles que encaixou onte, pois se marcando 4 goles fora da casa, ainda xogando con 9, non se leva a victoria é que algo grave sucede.

Bertin segue coa súa xeira goleadora, e está a levar o peso atacante no equipo de Baña. Os seus dous tantos no primeiro tempo parecian dar tranquilidade os visitantes, pero o erro de Costa a pouco do descanso foi decisivo. No segundo tempo tivose que remar contra o arbitro e o marcador, e o empate é un mal menor vistas as circunstancias de onte, ainda que nun campo no que todos os grandes gañaron a SD solo puido sacar un empate. Quizais sexa porque todavia non se pode considerar ó Sofán como un equipo punteiro da liga.

CORME C.F. - Susiño, Jesus, Abel, Martinciño, Pandi, Alejandro, Gonzalo -Martin Torrado 90´-, Diego -Daniel 78´-, Lucas, Adolfo -Jorge 70´- e Iago.

S.D. SOFAN - Costa, Juanjo, Diego, Miniño, Pensado -Gende 39´-, Pizo, Aleman -Mario 59´-, Jacobo -David Pensado 59´-, Luisito, Adrian e Bertin.

ARBITRO: Rivas Rodriguez, que amonestou a Jorge por parte local e a Miniño por parte visitante. Expulsou a Diego no descanso, a Gende no m. 65, a Iago no 85 e a Alejandro e Luisito no 90.

GOLES:
0-1 3´Gran centro de Luisito que remata Bertin ó fondo das mallas.
1-1 25´Falta lateral que remata Alejandro ante a pasividade da defensa visitante.
1-2 32´Trallazo de Jacobo ó largueiro e o rexeite mandao Bertin ó fondo das mallas.
2-2 45´Erro de Costa que se deixa roubar o balón na area pequena por Iago, que dende a liña de fondo marca con maestria.
3-2 53´Iago vaise solo cara a porteria e marca practicamente sin oposición do porteiro.
3-3 61´Disparo de Bertin que rexeita Suso e David Pensado anota no rexeite.
4-3 66´Gonzalo de falta directa.
4-4 87´Bertin de penalti

lunes, noviembre 22, 2010

S.D. SOFAN 2 - MUROS 3

Partido atipico o xogado o sabado no campo B das Eiroas. O temporal obrigou a disputar o encontro neste terreo de xogo de reducidas dimensións. A pesar da incesante choiva e do impropio do horario a fiel afición sofanista acompañou ó equipo de maneira admirable. O Muros levouse os puntos merced a un intenso primeiro tempo no que foron superiores ó equipo local, que o intentou por todos os medios no segundo pero non foi quen de levantar o resultado.

S.D. SOFAN - Carlos Tojeiro, Juanjo, Pensado, Juan Rabuñal, Miniño, Diego, Pizo -Jacobo 62-, Aleman -Manolo Varela 80-, Mario Casal, Bertin -Adrian 57- e Luisito -David Pensado 54-

MUROS: Ruben, Ivan Cerilla, Teo, Mayuyo, Miguel Riveiro, Manu Dosil, David -Dani-, Bibi, Varito, Cexo e Yanki -Toni-

GOLES:
0-1 10´Perdida de balon no centro do campo sofanista que aproveita Cexo para enganchar un gran disparo raso que se cola irremisiblemente.
0-2 21´Erro na saida do gardameta local que aproveita Manu Dosil para marcar a porta valeira
1-2 31´Pensado de falta directa
1-3 37´Yanki á saida dun corner
2-3 88´Jacobo de falta directa.

Tentou levar a SD o peso dende o inicio, pero a presión do Muros foi moi efectiva. O primeiro gol foi producto dun erro local, que o rapidisimo Cexo non desaproveitou. Foi este xogador a mellor arma visitante no primeiro tempo, así como a seriedade defensiva, que impediu á SD crear ocasións claras de gol. Solo a balón parado se xeneraba algo de perigo na meta de Ruben, que un ano mais fixo un gran partido. O gol de Pensado reactivou os animos locais escasamente 10 minutos, pois outro erro á saida dun corner, e van... posibilitou que o partido quedase practicamente sentenciado.

O segundo tempo foi un querer e non poder do cadro local, que encerrou ó Muros, mais por inercia que por convicción. As contras dos muradáns, con Yanki inquedando continuamente á defensa , eran perigosisimas, e poideron caer algun gol mais do lado visitante. O gol de Jacobo maquillou un pouco o resultado, que foi xusto a todas luces.

lunes, noviembre 15, 2010

CLUB DEL MAR 2 - S.D. SOFAN 1

Mais de 350 espectadores desafiaron ás inclemencias meteorolóxicas e sufriron unha tremenda tormenta de auga e de fútbol no campo da Porta Santa. Incomprensiblemente o colexiado non suspendeu o encontro, e os 22 xogadores entregáronse ó límite e ofreceron un gran espectáculo. Venceu o que tivo mais acerto de cara a portería, pero a SD deixou unha inmellorable imaxe ante o conxunto de Repi.


CLUB DO MAR: Borja, Chori, Fran Borrazas, Juan Lareo, Chechu, Repi, Alberto, Pablo Corral, Manu (Jacobo 65´), Abel e Tonecho.


S.D. SOFAN - Carlos Tojeiro, Juanjo, Diego, Pensado, Juan Rabuñal, Miniño, Aleman (Gende 80´), Pizo, Jacobo (David Pensado 60´), Bertin e Luisito.


GOLES: 1-0 27´Abel de gran disparo cruzado dende o borde da area.
2-0 81´ Alberto aproveita o rexeite dun penalti lanzado por el mismo, que parou Carlos Tojeiro.
2-1 89´ Bertin de penalti.


Levou a SD a voz cantante nos primeiros intres, cun equipo local moi ben plantado e sacando rapidas contras. Un centro - chut envenenouse e estrellouse no pao longueiro da meta de Carlos Tojeiro, que na xogada seguinte salvou coa súa saida un remate de Manu. A parroquia local apretaba, pero o fútbol combinativo da SD foise impoñendo. Luisito comenzou a aparecer, pero ainda a pesar de ter o aire a favor, apenas se disparou sobre a meta de Borja. O acoso traduciase en sucesivos corners que apenas levaban perigo. O gol de Abel, que o dianteiro non celebrou recordando o seu pasado rojillo, foi un mazazo. Pensado intentouno dende lonxe, pero Borja estivo moi ben toda a tarde. Reclamouse penalti por unha zancadilla a Bertin. Cunha tremenda tormenta de auga chegouse ó descanso.


Repi cerrou liñas na segunda parte, e a SD, a pesar de que o partido parecia mais de waterpolo que de fútbol, puxo todo o empeño e corazón para levantar o encontro. Diego estivo moi ben pola súa banda, e os seus centros foron un perigo constante. Un lanzamento do zurdo petou no longueiro e na liña de gol antes de sairse da porteria. Reclamouse penalti por man de Juan Lareo. Nunha contra Tonecho foi o mais listo e forzou o penalti. Carlos adivinou o disparo de Alberto pero o de Baldaio aproveitou o rexeite para sentenciar o partido. Pensado lanzou acto seguido unha falta que foi repelida polo poste da meta local. Non era a tarde da SD. Nun libre indirecto dentro da area Repi dalle ca man ó balón e Bertin acortou distancias, pero non habia tempo para mais.

lunes, noviembre 08, 2010

S.D. SOFAN 1 - CARNOTA 0

Tarde de frío no Carral, onde uns 150 espectadores presenciaron unha nova victoria local, e disfrutaron co bo fútbol do conxunto de Baña, especialmente nun primeiro tempo para enmarcar no que levaron o peso do xogo durante a totalidade do período.

S.D. SOFAN - Carlos Tojeiro, Adrian Garcia, Diego (Oscar Pardo 90´), Juanjo, Pensado, Miniño, Pizo, Aleman, Mario Casal (Jacobo 67´), Bertin (Manolo Varela 77´) e Luisito (Gende 88´).

CARNOTA - Manuel, David, Nico, Pedro, Tono (Chouza 46´), Demetrio, Toniño, Pablo Beiro (Toumo 60´), Manu, Pumuki (Gabri 46´), Oliver (Urko 75´)

ARBITRO: Yañez Muiño, que amonestou a Diego, Mario e Luisito por parte local, e a Pedro por parte visitante. Expulsou no min. 60´a Demetrio e Adrian tras unha pequena tangana.

GOL: 1-0 29´ Contra da SD, Luisito chega adentrase na area e define con clase e maestría.

Chegaba o Carnota ó Carral con moitas baixas na súa liña atacante, de homes importantes,e abofé que se notaron, pois apenas inquedaron a portería de Tojeiro en todo o encontro. A Sd exerceu un dominio aplastante no primeiro acto, xogando un fútbol combinativo que gustou ó público presente, con un Pizo de jefe de orquesta no centro do campo, e un Luisito que estivo francamente inspirado na zona de tres cuartos. Adrian e Diego entraron como puñales por banda e as ocasións non tardaron en chegar. Diego lanzou un gran disparo lonxano e Manuel, o mellor do seu equipo, respondeu cunha gran parada. O propio Diego marrou dentro da area tras unha gran xogada de Bertin. Aleman disparou alto por pouco. As ocasións sucedianse e o gol non chegaba, pero foi Luisito quen resolveu o partido. Tras o gol o Carnota saiu un pouco da cueva, e un gran disparo de falta de Toniño tivo que ser repelido por Carlos antes do descanso.

O segundo tempo iniciouse mais parsimonioso, pero a doble expulsion de Adrian e Demetrio parece que fixo despertar un pouco ós xogadores. O Carnota tentouno cun futbol mais directo pero foi incapaz de crear perigo. Por contra a SD seguia marrando claras ocasións. Bertin, tras unha gran xogada individual, botou o balón fora diante de Manuel. Mario rematou de cabeza e incomprensiblemente o balón foise alto. Bertin, pouco despois, rematou un gran centro de Luisito e o balón saiu lamento o pao. Tanto perdonar fixo que se temera que en calquera xogada o Carnota igualara, pero a defensa da Sd estivo moi sobria e contivo as timidas ofensivas visitantes.

lunes, noviembre 01, 2010

CAMARIÑAS C.F. 2 - S.D. SOFAN 3

Resarciuse a SD da derrota da fin de semana pasada e sacou tres valiosos puntos no Hnas. Patiño de Camariñas. Unha vez mais foron conqueridos a costa da saude dos bravos xogadores sofanistas: o lateral Roberto Souto marchou para o San Rafael con rotura de tabique nasal. No hospital coruñés xa reservan unha habitación cada fin de semana para os nosos xogadores. Toquemos madeira.

CAMARIÑAS: Pombo, Pesqui, Breo, Maikel, Josiño, De la Sierra (Antelo 85´), Moriño, Javi (David 71´), Juan Bello, Brais e Adrian Negro (Nico 80´).

S.D. SOFAN: Carlos Tojeiro, Roberto Souto (Jacobo 46´), Diego, Miniño, Pensado, Juanjo, Aleman, Mario Casal, Pizo, Luisito (Gende 88´), Bertin (Manolo Varela 89´)

ARBITRO: España Andrade.

GOLES: 0-1 2´Contra levada con maestria por Roberto Souto, e o seu centro é desviado ó fondo das mallas por Breo.
1-1 12´Saida en falso de Carlos que aproveita Adrian para marcar a porta valeira.
2-1 25´Juan Bello transforma unha falta directa por toda a escadra.
2-2 76´Luisito de falta directa
2-3 87´Jacobo tras un barullo na area.

O día non era moi propicio para ver fútbol de calidade, pois o vento dificultaba moito as accións dos xogadores. Ainda así o encontro foi de moi bo nivel, con dous conxuntos que demostraron o porque da súa clasificación. Na primeira xogada de ataque unha cabalgada de Roberto acabou no primeiro gol da tarde. Non se descompuxo o conxunto de Manolín, que a base dunha presión abafante levou o control do xogo. A defensa camariñana estaba situada no centro do campo e roubaban balóns con prontitude. Moriño e Juan Bello eran os directores de orquesta dun conxunto palilleiro que combinou con moito acerto neste primeiro acto. Pronto remontou o marcador, e tivo ocasións para que fose mais amplio. A Sd estaba demasiado encerrada na súa parcela. Así Javi en un par de disparos, Adrian cun remate de cabeza que saiu lamendo o pao, e Juan cun remate ó que respondeu Carlos cunha gran parada, puideron ampiar a conta. So Pizo cunha vaselina que se foi fora, foi quen de responder na meta de Pombo. A lesión de Roberto dou paso ó descanso.

Saiu a SD con mentalidade mais ofensiva no segundo acto, e levou o peso do xogo durante este periodo. As ocasións non foron claras pero o balón rondou a meta de Pombo todo o rato. Jacobo tivo un par de disparos dende o borde da area. Mario apareceu mais neste intervalo de partido, e as súas incorporacións de segunda liña foron cortadas con falta na súa maioría. O partido endureceuse, sobre todo a raiz do golazo de Luisito, que puxo o balon onde durmen as arañas. Adrian Negro retirouse lesionado cun golpe no tobillo. O Camariñas tentou estirarse co empate pero foi a Sd quen se levou o gato á auga nos ultimos intres, con un Jacobo moi oportunista.