martes, marzo 30, 2010

PUBLICOUSE A REVISTA DA S.D. SOFAN

Un ano mais ven a SD de sacar á calle a súa revista anual, onde se da conta a socios e simpatizantes das actividades que se veñen desenrolando ano a ano. Ten vocación histórica esta publicación, pois tenta reflexar os feitos mais sobranceiros da tempada pasada para que as futuras xeracións sepan o que ocorria por estas datas no mundo futbolístico sofanista.

Asi relátase un detallado resumo do sucedido na tempada 2008/2009, incluidos por suposto os datos estadísticos que a tanta xente lles gusta. Queda constancia asi mismo do plantel completo que está a competir cas cores da SD durante esta campaña. En portada e paxinas interiores refléxanse varios feitos salientables, como foron o Premio de Radio Nordes á mellor directiva da Costa, a doacion do clube para as víctimas de Haiti, e o bo facer do noso equipo de veterans.

Agradecendo sen mais a todos os patrocinadores que a fixeron posible, instámosvos a facervos con un volumen, totalmente gratuito, solicitandollo a calquera dos directivos da SD ou recollendoo no mesmo campo do Carral un día de partido.

domingo, marzo 28, 2010

S.D. SOFAN 1 - MUROS 1

Partido intenso e disputado no Carral, ante 110 espectadores, con un terreo de xogo moi irregular que non permitiu ver o despliegue técnico que prometen estos dous equipos. A SD dominou o encontro e tivo ocasións para levarse os tres puntos, pero atopouse con unha actuación tremenda do porteiro visitante Ruben, que demostrou a súa categoría.

S.D. SOFAN - Costa, Roberto Souto, Miniño, Juanjo, Diego, Mario, Pizo, Aleman, Eloy, Bertín (Berti 65´) e Suso Docampo (Adrian 58´).

MUROS - Rubén, Ivan, Paki, Teo, Adan (Gael 46´), Varito, Gelo (Jaro 85´), Edu (Mingos 80´), Pesco (Piti 78´), Kiko e Sexo.

ARBITRO: Souto Budiño, que amonestou a Dieguito por parte local, e a Ruben, Teo e Kiko por parte visitante.

GOLES:
1-0 12´Gran pase de Eloy en profundidade a Suso Docampo, que cruza ante a saida de Rubén.
1-1 31´Saque de banda hacia a area visitante, producese un barullo e Gelo anda listo para meter a perna e igualar o encontro.

Saiu a SD moi metida no partido, con Mario e Suso formando parella de dianteiros. Eloy, que tivo o día clarevidente e xogou un partidazo, enviaba balóns á espalda da defensa visitante, creando perigo constante, e nunha desas xogadas produciuse o gol local. O propio Eloy lanzou de maneira maxistral unha falta respostada por Ruben cunha tremenda parada, e o rexeite rematao Diego en plancha fora por pouco. O Muros buscaba con rapidez a velocidade dos seus homes punta, sobre todo a Sexo, pero Roberto anulouno ben. Outro dos puntos fortes dos muradáns, as xogadas de estratexa, foron as que crearon mais perigo, e asi chegou o empate e outra clara ocasión de Varito tras unha saida dubitativa de Costa. Pola contra foi Mario o que tivo un clarisimo remate de cabeza sacado na misma liña de gol por un defensa, e Miniño lanzou unha falta que respostou o meta visitante con outra gran parada. Para finalizar un intenso primeiro tempo Kiko tivo a súa pero non precisou a vaselina ante Costa.

O segundo tempo foi de dominio claro local, con un Muros aguantando o chaparron e defendendo o marco con solvencia. Eloy seguiu creando perigo coas suas internadas, e o acoso produciu xogadas a balón parado que nunca foron culminadas polo equipo local. Unha falta ó borde da area saiu fora de milagro, golpeada por Eloy, e na seguinte foi Diego o que lanzou forte, e o balon dou entre o pao e Berti e saiu fora. Non era a tarde dos locais ante o marco, que o tentaron ata o final con constancia sabedores da importancia dos puntos. A mellor ocasión visitante foi un gran lanzamento de Mingos que respostou Costa cunha axil intervención.

domingo, marzo 21, 2010

LIRA C.F. 0 - S.D. SOFAN 4

Tarde soleada no irregular campo de Portocubelo. Uns 70 espectadores presenciaron unha goleada do equipo visitante, que xa na primeira media hora tiña sentenciado o encontro. Gardouse un minuto de silencio pola nai do dianteiro visitante Berti.

LIRA - Santi, Angel (David 71´), Isma (Toniño 83´), Chindo (Ancho 33´), Herminio, Paco, Marco Antonio, Javi, Victor (Juan 57´), Suso Patachin, Suso Perico.

S.D. SOFAN - Costa, Roberto Souto, Miniño, Juanjo, Gende, Aleman (Manolo Varela 46´), Pizo, Mario (Adrian 66´), Bertin, Diego (Eloy 61´) e Suso Docampo.

ARBITRO: Castaño Diaz

GOLES:
0-1 7´Xogada de Diego por banda esquerda que finaliza con un pase atras perfectamente rematado por Suso ó fondo das mallas.
0-2 14´Falta de entendemento da defensa do Lira que aproveita Mario para bater a Santi na sua saida.
0-3 25´Suso adiantase á saida de Santi, faille un sombreiro e marca a porta valeira.
0-4 32´ Gran centro de Bertin ó segundo pao que remacha Mario en boca de gol.

Sorprendeu Baña de saida con esa parella de dianteiros, Suso - Mario, que foi totalmente efectiva de cara a gol. O primeiro tanto desmoronou as opcions do Lira, que saira con defensa de 5 tratando de conter o previsible dominio visitante. A verdade é que non tivo rival a SD, pois os lirachos deixaron mover con comodidade o balón o mediocampo da SD, onde Pizo e Aleman xogaron moi comodos. Á media hora o partido estaba sentenciado, é só unha gran parada de Costa a lanzamento de falta de Suso Patachin, inquedou o banquiño visitante.

O segundo tempo foi un tramite, cos dous equipos xogando a un ritmo moi baixo e sen apenas ocasions de gol. O forte calor reinante influiu neste aspecto e a SD non fixo mais sangue na ferida, a pesar de producirse dous claros penaltis en area local que o colexiado pasou por alto. Con este triunfo o Sofán manten a sua loita pola terceira plaza, codo con codo con Carnota e San Lorenzo.

jueves, marzo 18, 2010

GUSTAVO, SANCIONADO CON 1 PARTIDO

Foi sancionado Gustavo Eiris, o defensa da SD, con un encontro pola expulsión sufrida o pasado domingo no encontro contra o Pindo. É baixa polo tanto para o partido a disputar en Portocubelo o domingo ás 16:30 horas, Lira CF-SD Sofán. Tampouco poderá disputar o encontro o gardamallas local, Kike, que foi asimismo sancionado con un encontro.


Ten varias dubidas David Baña para confeccionar o once inicial que saltará ó historico recinto liracho, pois o extremo Adrian ten un problema derivado nun golpe nun hombro, e ata última hora non se saberá do concurso de Berti, tras unha triste semana polo pasamento da súa nai. O xogador foi acompañado neste momento de dor pola familia sofanista e por xente vinculada á liga da Costa.


O encontro é trascendental para a SD na súa loita por manter a 3ª plaza, que está mais disputada que nunca. Os enfrontamentos desta xornada son apaixoantes neste senso, destacando o partido a disputar o sabado Castriz - Malpica, e o tremendo Camariñas - San Lorenzo do domingo.

lunes, marzo 15, 2010

S.D. SOFAN 1 - O PINDO C.F. 1

Incrible igualada do Pindo no Carral, nun mal encontro dos locais que se atoparon co marcador a favor mediada a segunda parte pero que cederon un empate no treito final ante un conxunto o de Sil que se comportou con heroicidade: Hugo lesionado todo o segundo tempo esperando o "gol do coxo", Julian de porteiro sendo un dos mais destacados do partido, e sen ningunha substitución para paliar o evidente cansancio dos seus homes.

S.D. SOFAN - Carlos Tojeiro, Roberto Souto (Gustavo 80´), Diego (Miniño 69´), Juanjo, Pensado, Manolo Varela (Eloy 46´), Alemán, Pizo, Adrián (Gende 85´), Bertín (Jacobo 66´), Suso Docampo

O PINDO C.F. - Julián, Ángel, Jose, Álex, Cote, Piquero, Rafa, Víctor, Paulo, Hugo e Pablo.

ARBITRO: Romero Lago, que amonestou a Gende por parte local, e a Julian, Alex, Victor e Pablo por parte visitante. Expulsou a Gustavo con carton vermello directo no min. 89´

GOLES:
1-0 75´Centro longo de Miniño que remata Jacobo de volea á rede.
1-1 84´Roubo de Victor, que cede a Piquero só dentro da area, e este bate de tiro cruzado a Carlos

Tarde soleada no Carral, e mal primeiro tempo do cadro local ante os 120 espectadores que se achegarón ó coliseo rojillo. Baña plantexou un centro do campo de forza, pero nunca se puido impoñer un alto ritmo de xogo para desarbolar a un Pindo que saiu con moitas precaucions defensivas. Julian realizou unha gran parada no primeiro corner botado polo conxunto local. A partir dos 20 minutos o Pindo estirouse un pouco, principalmente por medio de Hugo e Victor, os seus homes mais perigosos. Un gran tiro de Victor foi respostado por unha magnifica intervención de Carlos. Adrian e Roberto entraron ben por banda neste acto pero os seus centros nunca atoparon rematador. Suso estaba moi so no ataque, e de pouco lle serviu á SD ter o balón a maior parte do tempo.

Os cambios no segundo tempo e o baixon fisico do Pindo fixo que o dominio dos locais fose total e absoluto, encerrando ós de Sil na sua area. A pesar de non practicar un bo futbol, as ocasións foron caendo: Eloy rematou alto un gran centro de Roberto, o propio Roberto non foi quen de remachar unha gran ocasión na area pequena e Julian sacoulle unha man milagrosa a Suso Docampo. Foi Jacobo quen abriu a lata e parecia que o partido tiña dono, cando nunha incrible xogada o Pindo se atopou co empate. A saida de Gende como dianteiro creou un par de boas ocasións incluido un remate de cabeza do central que saiu fora por pouco, pero o empate foi inamovible.

lunes, marzo 08, 2010

CORME C.F. 0 - S.D. SOFAN 2

Partido aburrido o disputado onte pola SD no Pinguel de Ponteceso ante escasos 100 espectadores. O bo fútbol brillou pola sua ausencia e o mais positivo para os sofanistas foron os 3 puntos. Gardouse un minuto de silencio polo pasamento da abuela do xogador da SD Alemán.

CORME C.F. - Suso, Adolfo, Alejandro, Pandi, Martinciño, Abel (Enrique 60´), Gonzalo (Iago 60´), Lentejo (Pipo 76´), Martin Torrado, Lucas e Diego (Adrian 87´).

S.D. SOFAN - Jose R., Manolo Varela (Diego 56´), Miniño, Juanjo, Gende (Pizo 56´), Pensado (Gustavo 75´), Mario Casal, Adrian, Bertin, Jacobo (Berti 75´) e Suso Docampo.

ARBITRO: Grañas Martinez, que amonestou a Lentejo e Diego por parte local, e a Berti por parte visitante.

GOLES:
0-1 52´Falta lateral botada por Miniño e Manolo Varela acerta a meter a perna tras varios rexeites.
0-2 71´Disparo que rexeita Suso de maneira defectuosa e Mario Casal remacha coa cabeza na boca de gol.

Non lle sentou ben o desterro do Pinguel ó Corme, que en ningún momento inquedou á SD. Os visitantes levaron o control do balón pero sen apenas profundidade e precisión, o que se traduxo nun primeiro tempo sen apenas ocasións de gol. Unicamente un balón desviado por un defensa cormelán hacia a porteria de Suso que se estrelou no logueiro puxo a incertidume no graderío. A Sd lanzou 7 corners pero con un aproveitamento nulo. O ritmo de xogo era baixo mais propio dun partido de pretempada.

O segundo tempo comezou cunha SD un pouco mais metida no encontro, e o gol inicial xa terminou por sentenciar o encontro. O Corme era un querer e non poder, e ainda que se estirou un pouco coa saida de Iago, a portería defendida por Jose non pasou excesivos apretos. Nas contras puido matar antes o partido o Sofan, e co 2º gol tivo que ser Suso o que salvou ó seu equipo dun resultado mais abultado cun par de meritorias paradas. A saida de Pizo dou mais criterio na posesión do balón os de Baña, que cortan unha xeira negativa de 2 derrotas.

viernes, marzo 05, 2010

JOSE, UN GARDAMETA DE FUTURO, SINCERASE

Traemos a este blog a un dos homes mais carismaticos do noso vestiario, o xoven gardameta de Coristanco Jose R. Rodriguez Fariña. Chegado fai 3 anos procedente do equipo xuvenil do Bergantiños, pronto se asentou como a referencia na portería e pasa por ser un dos xogadores mais queridos polos compañeiros e afición. Porteiro de extraordinarias cualidades e persona de trato cariñoso e afable, Jose respondenos con sinceridade ás nosas preguntas, e de paso confirmanos a súa continuidade no clube para a tempada 2010/2011.

¿Que tal te encontras este ano?

- a verdad é que non me encontro todo o ben que quixera, a falta de entrenamento acábase notando pero tampouco o fixen tan mal penso, ainda que está claro que hai cosas que mellorar.

¿Que opinas da traxectoria do equipo?

- Non estou descontento pero un pouco decepcionado, xa que esperaba que poideramos ter máis posiblidades de estar arriba a estas alturas do campeonato pero o partido do Zas foi decisivo e escapousenos unha boa oportunidad de poder competir cos 2 favoritos da liga

¿Crees que había equipo para pelexar mais arriba?

- estou seguro de que si que hai,pero como dixen antes,este ano non creo que vaia a ser posible pero mantendo o equipo e con un ou dous fichajes creo que o ano que ven somos un dos favoritos pa ascender como tamén o noso veciño, o San Lorenzo, o Carnota e o Camariñas sin contar o Xallas ou o Zas.

¿Que opinas da familia sofanista no teu 3º ano no equipo?

- Estou moi contento con todos.Neste equipo nadie se pode queixar porque hai unha directiva excelente, que fai todo o que esta na sua man para satisfacer os xogadores sin poñer ningún tipo de problema a hora de pedirlle material ou calquera cousa. Despois está a afición que lle teño moito cariño porque siempre están ahí pa motivar tanto en Sofán como en calquer sitio da Costa,algo que se ve moi pouco nesta liga. E cos compañeiros estou moi a gusto co bo ambiente que hai entre todos, esto motiva a un a intentar facelo ben. Personalmente gustaríame ganar algun título por toda esa boa xente que hai no club.

¿Como te levas coa competencia na portería, Costa e Carlos Tojeiro (na foto)?

- Ben, ademais creo que non podo consideralos competencia senon compañeiros.

¿Que esperas para o futuro, para cando un título no Carral?

- agora que a liga é cousa de dous espero que poidamos quedar na terceira posición e facer un bo papel na copa e mismo sendo optimista ganala. Po ano seguinte seguirei aquí en Sofán aínda que o meu obxectivo é poder estar nunha categoría superior, pero como este ano non vai ser habrá que intentar mellorar moitas cousas pa poder conseguilo.

¿Que che quedou do teu paso polo Bergantiños, queda moi lonxe esa etapa da tua vida?

- Do Bergantiños sólo me quedaron compañeiros e algúns entrenadores como Emilio, Chema ou Elduayen. Pero do club en sí non gardo bo recordo de él por como me trataron o ultimo ano, decindo unha cousa e logo facendo outras. e coma min creo que uns cuantos máis. a verdad é que foi unha pena non ter fichado polo Sofán sendo juvenil (risas).

lunes, marzo 01, 2010

ESTEIRANA 2 - S.D. SOFAN 1

Derrota da SD en Miraflores ante a Esteirana, que xogou un partido moi serio en defensa e aproveitou as suas ocasións cando o encontro esmorecía. O Sofán levou o peso do xogo, creou ocasións suficientes para levar os puntos pero non estivo afortunado ante Luqui, un dos mellores do encontro.

Esteirana: Luqui, Fran do Español, Mingos, Roi, Chispi, Uru, Simón (Cajulo, min.60), Álex (Tarujo, min.76), Alberto, Pepiño, Guerra.

S.D. Sofán: José Ramón, Diego, Miniño, Juanjo, Mario, Manolo Varela (Gende, min.73), Adrián (Jacobo, min.60), Pensado, Berti (Bertín, min.60), Eloy, Suso Docampo.

Arbitro: Nuria Lopez Rodriguez, que amonestou a Simón e Pepiño por parte local, e a Mario e Carlos Tojeiro, este no banco, por parte visitante.

Goles:
1-0, 75´ Miguel Guerra controla un balón o borde da area e sen deixalo caer engancha unha preciosa volea que sorprende a Jose
2-0, 80´ Libre indirecto na area sofanista, o rexeite chega a Uru que marca de forte disparo que bate en Diego
2-1, min.87: Suso Docampo aproveita un balón morto na area.

O primeiro tempo foi de dominio visitante, que tivo o balón en todo momento pero non atopou o camiño da meta de Luqui. A Esteirana buscaba as contras con balóns longos o rapaz Guerra, moi incisivo toda a tarde e que foi un verdadeiro dolor de cabeza para a defensa da SD. Tivo Berti a primeira clara ocasión, pero o seu remate na area pequena foi rexeitado por Luqui en acertada intervención. Pouco despois Adrian atopouse con un balón morto na area da Esteirana pero rematou por enriba do longueiro. Tivo a súa a Esteirana no límite do descanso, tras unha gran xogada de Alex que non acertou a definir cando se atopaba só ante Jose R.

O segundo tempo seguiu polos mesmos derroteiros, e si cabe á SD costoulle mais atopar ocos na magnifica e animosa defensa local. O futbol dos visitantes volveuse predecible e as contras locales eran as que tiñan mais pinta de gol. Ainda así Berti dispuxo de outra boa ocasión pero non foi quen de regatear ó gardameta do equipo local. No momento clave do partido chegou o gol da Esteirana, e tras unha discutida decisión arbitral, o segundo que sentenciaba o partido. O arreon final da SD serviu para que Suso anotara un novo gol, e no tempo de desconto Luqui salvou milagrosamente un remate de Eloy, e o posterior rexeite estrelouno Jacobo na cruceta da meta azulgrana, co cal os puntos se quedaron na casa.