lunes, noviembre 30, 2009

S.D. SOFAN - CAMARIÑAS: SUSPENDIDO

Novamente se suspendeu o partido que tiña que disputar a SD no seu campo do Carral. Se fai 15 días foi o encontro que o tiña que enfrontar ó Lira, esta semana foi o Camariñas o perxudicado polo estado do terreo de xogo. O colexiado do encontro, de común acordo cos adestradores e delegados decidiu que era un risco innecesario xogar o partido, mais habendo datas disponibles polo parón invernal. Con case total seguridade o encontro disputarase o 27 de decembro, data na que se para a liga e na que tamén se xoga outro dos encontros aplazados, Baio-Carnota.

miércoles, noviembre 25, 2009

GALA DO DEPORTE RADIO NORDES - A S.D. MELLOR DIRECTIVA DA COSTA

Recibiu o premio á mellor directiva da Costa a SD Sofán na gala celebrada o sábado de noite na Casa da Cultura de Vimianzo. Foi o presidente Liso Docampo quen subiu a recoller o galardón, pronunciando as proféticas palabras "... a ver si para o ano podemos repetir...". O mérito do premio é grande, pois os outros dous nominados, Cabana e Ponteceso, fixeron méritos sobrados para recibilo. En realidade, hai que decir que calquera das directivas que traballan a estes niveles do deporte modesto teñen un mérito tremendo, e realizan unha labor que non é nada recoñecida pero que resulta vital para que a xente xoven practique deporte.

A Gala foi moi visitosa, coa participación estelar do acordeonista Manolo de Fornís, que dou un autentico recital co seu instrumento. Joseba Larrañaga, subdirector do Larguero da Cadena Ser, deixou a todos os presentes abraiados co seu casi perfecto galego, e Manolín pronunciou uns versos de Luis Cernuda para animar a velada. Outros premiados a nivel futbolístico. foron Vituco (mellor xogador), Javier Bardanca (mellor adestrador), e Ponteceso (mellor equipo).

lunes, noviembre 23, 2009

MUROS 1 - S.D. SOFAN 3

Gran encontro o disputado pola SD en Miraflores diante duns 170 xiareiros con 40 afeccionados visitantes nas gradas, onde se impuxo con claridade ó conxunto local. Os de Baña sairon coas ideas moi claras, sabendo como facerlle dano ós muradáns, e o plan saiu á perfección. Gran ambiente de futbol no coqueto campo, reinando a deportividade entre xogadores e afeccións. Gardouse un moi respetuoso minuto de silencio polo pasamento da dona do ex presidente local Cunqueiro.

MUROS: Lupi, Adan (Jaro 65´), Gabi (Martín 35´), Teo (Cerilla 81´), Gael, Varito, Brais (Gelo 65´), Bibi (Piti 35´), Pesco, Sexo, Seluco.

S.D. SOFAN: Jose R., Mario, Roberto Souto, Juanjo, Diego, Adrian Garcia (Berti 75´), Aleman (Oscar Pardo 50´), Pizo, Abel (Gende 87´), Bertin, Jacobo (Eloy 70´)


ARBITRO: Hermo Alonso, que amonestou a Bibi e Martin por parte local, e a Mario, Oscar e Jose R. por parte visitante. Expulsou a Sexo no min. 78 por realizarlle observacións.

GOLES:

0-1 24´ Gran centro de Adrian dende a banda dereita que Teo introduce na sua propia porteria con mala fortuna

0-2 29´Balon longo de Abel á espalda da defensa e Bertin define con maestria ante Lupi.

1-2 79´Jaro revolvese na area e engancha un tremendo disparo ante o que nada pode facer Jose R.

1-3 89´Centro de Eloy con rosca ó segundo pao e Mario entrando dende atras marca de cabeza.


Saiu moi ben plantada a SD, defendendo con seguridade e contragolpeando con perigo. Jacobo, moi motivado toda a tarde, enganchou un par de contras que a piques rematan en gol. Adrian e Abel fixeron un gran traballo en bandas, vaciandose en defensa e en ataque. O Muros buscaba a arma do balón parado, un dos seus puntos fortes, pero cando tivo a mais clara ocasión de marcar apareceu a man máxica de Jose R. para sacar un remate de Seluco dentro da area. O meta sofanista estivo de 10 toda a tarde, dando gran seguridade á liña defensiva. Juanjo cortaba todo coa sua solvencia habitual, e nun par de contras ben trenzadas a SD estaba 0-2 por diante ante a desesperación local. Felipe tentou variar o rumbo con un par de cambios antes do descanso, pero foi Abel o que tivo a ocasión de sentenciar nunha gran contra na que cedeu o balón a Jacobo que a porta vacia non chegou por milimetros.


No segundo acto a SD enfriou o encontro con picardia, e os primeiros 20 minutos foron de control de balon muradán pero sen apenas profundidade. Tivo Piti unha boa ocasión nun remate de cabeza que se foi alto. A pesar da expulsion de Sexo o gol de Jaro auguraba un final de infarto pero Mario abotou as ilusións locais. Ainda antes Eloy pudo marcar pero o seu disparo dende o punto de penalti saiu a rentes do pao. Tivo Bertin a ocasión do cuarto gol, pero a súa vaselina ante Lupi quedouse corta. O dianteiro carballes completou un autentico partidazo, sendo un pesadelo para a defensa local.

jueves, noviembre 19, 2009

A DIRECTIVA DA S.D., NOMINADA PARA A GALA DO DEPORTE DE RADIO NORDES

Foi nominada ó premio de mellor directiva da tempada a da SD, xunto coa do Cabana e a do Ponteceso. A X Gala do Deporte de Radio Nordes, que terá lugar o sábado 21 de novembro na Casa da Cultura de Vimianzo, é un acto pioneiro no deporte costeiro, e nela premiase a labor tanto de xogadores, adestradores, conxuntos e directivas durante a tempada anterior.

A ela está convidado o subdirector do programa de deportes "El Larguero" da Cadena Ser Joseba Larrañaga, que lle dará cor ó evento. A asistencia é gratuita para todos aqueles identificados co deporte costeiro.

domingo, noviembre 15, 2009

SUSPENDIDO O SOFAN - LIRA

O partido que tiñan que disputar a SD e o Lira esta tarde no Carral foi suspendido a última hora debido ó temporal que estamos a sufrir por estos lares. O estado do terreo de xogo, anegado de auga, era realmente perigoso para os xogadores e ambos equipos tomaron esta decisión de común acordo, tras buscar durante as últimas horas todas as alternativas posibles. A data do 8 de decembro, martes, parece a mais probable para a disputa do encontro.

viernes, noviembre 13, 2009

PENSADO OPERADO CON EXITO

O domingo 8, mentras a Sd caia estrepitosamente en Carnota, era operado Alberto Pensado dunha repentina afección de apéndice. A intervención foi satisfactoria e o xogador recupérase para voltar a entrar canto antes nos plans de Baña.


Estaba a ser Pensado un dos indiscutibles para o mister sofanista no arranque ligueiro, pero dende o partido contra o San Lorenzo estaba o xogador de baixa por un golpe na zona lumbar que lle estaba a dar bastante a lata. Non está a ter sorte o técnico centrocampista coas lesíons este o seu primeiro ano no Carral.

lunes, noviembre 09, 2009

O PINDO 2 - S.D. SOFAN 0

Xornada negativa para a SD no campo de Lombans, onde caeu derrotado con todo merecemento ante O Pindo. O equipo de Sieso foi mais agresivo, creendo na vitoria dende o primeiro minuto, marcou pronto, e soubo conter as ofensivas sofanistas. É ben certo que os de Baña tiveron multiples e claras ocasións, pero non se acertou de cara a gol nos momentos decisivos. Alinearon ambos equipos a:

O PINDO: Garrido, Miguel Blanco, Paulo, Kiko, Alex, Carlos (Rafa 60´), Piquero, Miguel de Lira, Julian (Angel 79´), Hugo e Rivas.

S.D. SOFAN: Jose R., Diego, Oscar, Juanjo, Gende (Roberto Souto 46´), Aleman, Mario (Pizo 56´), Abel, Eloy, Bertin (Berti 60´) e Adrian.

ARBITRO: Trigo Martinez, que amonestou a Alex, Carlos e Miguel de Lira por parte local, e a Aleman, Adrian, Abel e Pizo por parte visitante.

GOLES:
1-0 8´ Corner que remata Alex libre de marca no primeiro pao
2-0 80´Hugo aproveita unha falta de entendemento entre Roberto e Jose R. para marcar a porta vacia.

Comezou O PIndo apretando, e tras botar un par de saques de esquina, nun despiste na marca chegou o primeiro gol. Tocaballe remar contracorrente á SD. Tentouse tocar o balon, pero os locais cerraronse ben e os ocos non aparecian. Tentouno Abel con un par de tiros lonxanos, e tivo Bertin a ocasión mais clara, pero a sua vaselina ante a saida de Garrido bateu no pao longueiro. Hugo mostrouse como o mellor home local, traendo en jaque á defensa da Sd. Jose R. sacoulle un man a man a pouco do descanso. A Sd tivo outro par de ocasións claras, unha de Eloy e outra de Adrian, pero Garrido estivo moi ben toda a tarde.

No segundo tempo segueu a mesma tónica, co equipo local buscando as contras con bastante acerto, e a SD sen encontrar o camiño da porteria. Os de Sieso dispuxeron de duas boas ocasions en remates de Hugo que sairon fora por pouco, e a SD comezou a tirar de futbol directo, pero os centrais do Pindo Alex e Kiko estiveron moi contundentes e acertados. Co 2-0 en contra tivo Berti unha clara ocasión pero unha vez mais Garrido detivo a ofensiva visitante. Estrelou Pizo un remate á saida dun corner no paro, na última opcion da Sd, que non tivo a sua mellor tarde nin moito menos.

miércoles, noviembre 04, 2009

A S.D. PRESENTA A SUA NOVA EQUIPACION

Estrenará a SD a súa nova e flamante equipacion o domingo en Carnota no encontro que os enfrontará ó Pindo. O color verde, tradicional nas equipacións suplentes da SD, é o elexido. Coma sempre que o imos visitar, Alvaro de Deportes Capitan e da tenda de bordados As Puntadas (ver http://www.aspuntadas.com/) aconsellounos co seu gusto habitual sobre o modelo a elixir. A marca Adidas, habitual nos últimos anos nas equipacións da SD, é a elixida.

Como non, temos que agradecer ós patrocinadores que nos permiten abastecer ós chavales destos uniformes, ALICATADOS HNOS. DOCAMPO, patrocinador clásico da SD, e INSTALACIONES JEYCAR, empresa de fontaneria do noso gardamallas Carlos Tojeiro. Gracias ó seu esforzo e ó de outros coma eles cada domingo a SD pasea o nome de Sofán polos campos da costa.

lunes, noviembre 02, 2009

S.D. SOFAN 3 - CORME 0

Gran partido de futbol o disputado onte polo equipo local, sen dúbida o mellor da tempada no Carral. O Corme, que acudiu con algunha baixa importante, non foi rival para un Sofán que vai afinando a maquinaria e que onte rendiu á perfección, con momentos de gran fútbol facendo disfrutar os mais de 100 espectadores que se deron cita no graderío. Tarde chuviosa e terreo de xogo en perfecto estado.

S.D. SOFAN - J.Ramon, Diego, Oscar Pardo, Gende, Juanjo, Alemán, Mario Casal, Eloy (Jacobo 58´), Abel (Manolo Varela 75´), Bertin (Berti 58´) e Adrian Garcia.

CORME - Suso, Martin, Adolfo, Lelo, Pandi, Rafa Valiña, Lucas (Benja 87´), Diego (Gonzalo 57´), Fus (Abel 57´), Martin Torrado (Alejo 57´) e Iago.

ARBITRO: Pardo Pose

GOLES.
1-0 15´Xogada de Eloy pola banda esquerda que remata Adrian Garcia no segundo pao á rede
2-0 27´Saque de banda que peina Mario Casal e Eloy no segundo pao non perdoa
3-0 37´Gran xogada de Eloy na frontal da area que lle serve en bandexa o balón a Bertin para que este marque a placer.


Saiu a SD con un ritmo endiablado, dominando o medio do campo e creando perigo en case todas as chegadas á area rival. Aleman, que completou un partidazo, e Mario roubaban infinitos balóns e servían os dianteiros. Bertin moveuse moi ben entre lineas e del sairon os mellores pases da tarde. Nunha asistencia do 9 Eloy quedou so ante Suso pero dou o pase antes de rematar e perdeuse a ocasión . O rubio xogador estivo moi fino e tanto el como Adrian foron un pesadelo entrando por bandas. Diego probou de longa distancia un par de veces pero non encontrou porta. O Corme so tiña o recurso de buscas a Iago en largo, pero a liña defensiva local mostrouse infranqueable, e para unha vez que foi superada, estaba ahí Jose R. para salvar o perigo. Os goles foron caendo e o público cansouse de aplaudir as boas xogadas trenzadas polo conxunto de Baña neste primeiro tempo.

O segundo foi un trámite, ainda que a SD fixo disfrutar á afección con un xogo veloz, vertical e por momentos preciosista. O Corme non foi capaz de crear perigo excepto nun disparo lonxano ó que respondeu Jose con un paradón. Alemán seguiu co seu particular recital, e Adrian demostrou que ten a lesión completamente olvidada. Berti tivo unha boa ocasión tras unha gran xogada de equipo pero o seu duro disparo saiu a rentes do pao.

Mantense a boa liña do equipo, ante as trascendentais xornadas que se acercan. Xa son 13 puntos dos últimos 15 posibles, e o domingo viaxaremos a Carnota para enfrontarnos ó Pindo tentando que siga a xeira.