domingo, septiembre 30, 2007

U.D. CARNOTA 0 S.D. SOFAN 3

Primeira victoria a domicilio da SD que sirve como balsamo para curar as feridas de anteriores derrotas e ó mesmo tempo é unha importante inxeccion de moral despois do dubitativo arranque do equipo. Alinearon os equipos a:

UD CARNOTA - Luis, Nico, Sergio Estevez, Berto, Eli (Castiñeira m. 46), Jorge, Pablo Beiro (Alex m.57), Martin, Cacho, Tropi e Ubaldo.
SD SOFAN - Jose Ramon, David Baneira, Victor Docampo, Juanjo, Varela (Gende m.83), Pizo, Adrian (Marcial m.77), Bertin, Berti (Pancho m.73), Eloy e Suso Docampo(Pombo m.67)

ARBITRO: Prieto Rojo, que amonestou a Cacho e Castiñeira por parte local, e a Baneira e Juanjo por parte visitante. Expulsou a Victor Docampo e Nico no m. 73 e a Marcial no m. 84

GOLES: 0-1 m. 23 internada de Adrian pola banda dereita, cede o balon a Eloy que marca de forte disparo 0-2 m. 54 Suso esquiva o fora de xogo, encara a Luis e bateo cerca da cepa do pao 0-3 m.67 Pizo de falta directa




Gran victoria da SD que con un plantexamento moi serio e un pouco de fortuna sacou tres puntos na sua visita a Mazaricos. A xogada clave do encontro foi o penalti fallado por Tropi no m. 14, pois pouco despois anotou Eloy e a partir de ahi o Sofan puxolle ó candado á sua porta. O Carnota sempre tentou de rasear a pelota, pero a SD xuntou moito as suas liñas e o vento imperante non permitiu combinacions claras. Ainda así Cacho tivo unha boa ocasion nun remate de cabeza no segundo pao. Berti tivo outra boa ocasion na porteria contraria e o colexiado anulou un gol a Suso por fora de xogo pouco antes do descanso.



No segundo tempo o partido quedou visto para sentencia co tempraneiro gol de Suso. Berti volveu a marrar un man a man con Luis, pero Pizo puxo a sentencia. A SD non pasou apenas apuros neste tramo do partido, no que o mais destacado foron as expulsions, innecesarias a todas luces. O Carnota mostrouse inoperante ante o gol a pesar de darlle bo trato ó balon, e a SD tirou de saber estar para manexar o partido con solvencia.

domingo, septiembre 23, 2007

PONTECESO 2 SD SOFAN 1

Nova derrota a domicilio da SD, nun partido moi parecido ó disputado fai 15 dias en Malpica, no que se adelantaron os visitantes pero o Ponteceso nos primeiros quince minutos do segundo tempo remontou o encontro e acabou levandose os 3 puntos. Dia de moito calor con uns 80 espectadores nas gradas.

PONTECESO: Pombo, Adrian, Salva(Roberto Rios m.46), David, Mato, Miguel Martinez, Tucho, Toniño(Pablo Rama m.70), Carlos, Ruben(Bolon m.65) e Nando(Mendieta m.72).

SD SOFAN: Jose Ramon, Baneira, Gustavo, Juanjo, Varela, Pizo(Marcial m.68), Bertin, Adrian(Oscar m.68), Victor D.(Jose m.55), Berti e Suso Docampo.

ARBITRO: Mañana Castro, que amonestou a Pombo e Mendieta por parte local, e a Baneira, Gustavo e Suso por parte da SD.

GOLES: 0-1 m. 40 Falta botada por Pizo ante a que Pombo pouco pode facer 1-1 m.52 Saque de banda colgado na area que Pizo peina e introduce o balon na nosa porteria 2-1 m. 60 internada de Carliños pola esquerda e o seu balon ó segundo pao introduceo Toniño na porta.


Partido moi trabado, de forte presion por ambos equipos e algo tenso por momentos. A pouco de comenzar o partido tivo unha boa ocasion Adrian, pero o seu tiro saiu fora. O Ponteceso encerrou á SD na sua area a base de xogadas a balon parado, creando algunha boa ocasion, pero Jose Ramon estivo moi acertado baixo paos no dia do seu debut. Pouco a pouco foise estirando o Sofan, Bertin e Pizo recuperaron moitos balons no medio campo e Berti e Suso movianse ben arriba pero sen crear verdadeiro perigo. O partido era moi trabado, con constantes interrupcions e as ocasions non chegaban. Aproveitou Pizo un libre directo para adiantar ó Sofan no marcador pouco antes do descanso.



A saida dos vestiarios dos locales foi moi boa, xogando o mellor futbol do partido, e creando diversas ocasions a base de insistencia. Carliños enviou un balon moi alto cando tiña todo ó seu favor. Este xogador foi o elemento clave, pois das suas botas partiron constantemente bos balons para os dianteiros locais, que non estiveron moi atinados na tarde de onte. En poucos minutos o Ponteceso xa remontara o partido, e eso que Jose Ramon estivo moi fino en un par de intervencions. O Sofan tentou de buscar o empate con mais corazon que cabeza e primeiro Berti a pase de Suso e logo Pizo nun gran disparo poideron empatar, pero non foi posible. O resultado mais xusto poderia ser un empate, pero a SD volve de vacio do Pinguel

sábado, septiembre 22, 2007

BERTIN NO DEPORSPORT


O noso guapo dianteiro Bertin foi obxecto de interese polos redactores do Deporsport que publicaron o venres a noticia que adxuntamos. A ver si se motiva o bo dianteiro da SD e o domingo en Ponteceso anota os seus primeiros goles da tempada, que boa falta van a facer

domingo, septiembre 16, 2007

SD SOFAN 4 BUÑO 4

Partido de locos no Carral, con 8 goles, polemica arbitral e moitisima emocion. Boa entrada de publico en tarde de moito bochorno. Os equipos alinearon ós seguintes homes:

SD SOFAN - Costa, Victor Docampo, Gustavo, David Baneira, Varela (Oscar 64), Pizo, Adrian(Marcial m.85), Juanjo, Berti, Bertin(Suso Docampo m.64) e Eloy

BUÑO - Añon, Aitor, Manolo (Oscar m.65), Diego, Carlos, Aldao, Mario, Jorge Calvete (Emilio m.63), Victor, Juan Antelo (Richard m.55) e Neucha

ARBITRO: Rodriguez Tajes, que amonestou a Juanjo e Oscar por parte do Sofan, e a Diego, Mario, Jorge, Victor, Neucha, Richard, Emilio e Oscar por parte do Buño. Expulsou a Aldao do Buño no m.71.

GOLES: 0-1 m. 26 Tiro ó largueiro de Victor e Mario marca de cabeza no rexeite. 1-1 m. 31 Adrian rompe por velocidade á defensa do Buño, burla a Añon e marca a porta vacia 1-2 m. 39 Victor pelea un balon de cabeza, deixa o balon morto para que Jorge Calvete empalme ó fondo das mallas 2-2 m. 44 Internada de Adrian pola banda dereita, cede o balon a Berti que anota. 2-3 m. 53 Penalti inexistente que transforma Victor 3-3 m. 67 Pizo acerta a rematar un balon dentro da area moi axustada ó paro. 3-4 m.88 xogada de mala sorte de Oscar que marca na sua propia meta 4-4 m. 91 internada de Juanjo pola dereita e o seu disparo remachao Berti no segundo pao.


Partido extraño o visto en Sofan, de moita loita e pelexa pero non escesiva calidade. As dimensions do campo propiciaron un futbol moi directo con ocasions de gol constantes, sobre todo por parte local. Arrancou mellor o Buño, defendendose con seguridade e sacando perigosos contragolpes. Mario e Victor crearon moitos problemas á defensa local, e de tanto que tanto que foi o cantaro á fonte rompeuse. Co marcador en contra o Sofan tivo unha rapida reaccion e o empate de Adrian chegou de inmediato, pouco despois de que Bertin marrara unha clarisima ocasion diante de Añon. Pero nun novo despiste defensivo chegou o 1-2 e a SD tivo que volver a remar contra corrente. O gol de Berti antes do descanso foi un balsamo para a retirada ós vestiarios dos locais.

Sairon no segundo tempo moi convencidos os xogadores do Sofan das suas posibilidades, mellorando algo o xogo realizado na primeira parte, pero o colexiado sacouse da manga un penalti inexistente a Victor que o propio dianteiro transformou con moita calma. Chegou a reaccion no banquiño local e pouco despois dos cambios empatou Pizo. Neste tramo de encontro a SD dominou claramente, realizando as suas mellores xogadas, con Eloy e Adrian entrando por banda e Berti e Suso moi incisivos en ataque. Tivo o maior dos Docampo un man a man con Añon que o veterano gardameta rexeitou moi ben, e pouco despois un claro penalti a Berti foi sacado fora da area polo colexiado. Cando mais acosaba a SD chegou o mazazo do gol en propia meta, pero ainda sacaron forzas os locais para igualar o partido. Nun final de locos ainda puido gañar o Buño nun remate de Victor á saida dun corner cando o partido estaba casi finalizado.

domingo, septiembre 09, 2007

SCD MALPICA 2 SD SOFAN 1

Caeu derrotado a SD na Pedra Queimada contra un Malpica que parece ser o equipo gafe dos ultimos anos para os de Sofan. En tarde soleada e con frouxa entrada nas gradas alinearon os equipos a:

MALPICA: Toni, Avelino, Brais, Dieguito, Marco, Quique (Manuel m.55), Alfrediño (Alex m.90), Andres, Martuxa, Cheo e Charly (Charro m.55).

SD SOFAN: Costa, Victor, Pancho (Oscar m.65), Gende, Baneira, Pizo, Varela (Gustavo m.82), Juanjo, Berti (Cristian m.60), Bertin e Eloy(Suso m.60)
ARBITRO: Jose Manuel Grañas Martinez que amonestou a Marco, Quique e Martuxa por parte local e a Pancho, Baneiro, Gustavo e Gende este en 2 ocasions polo que foi expulsado no m.70, por parte da SD

GOLES: 0-1 M. 18 Corner botado por Pizo que Baneira remata de maneira impecable no segundo pao 1-1 m. 57 Alfredo engancha un trallazo dende fora da area tras xogada individual 2-1 m. 78 Martuxa aproveita un rexeite tras unha xogada embarullada.

Saiu a Sd ben plantado no terreo de xogo, esperando ó Malpica e entregandolle o mando do balon e lanzando perigosas contras. Nunha delas Bertin cedelle o balon a Berti que remata solo no punto de penal e Toni desvia en gran parada. Pouco despois chega o primeiro gol nunha estratexia perfectamente executada. En contra do que poderia parecer, a SD botase atras con este gol e o Malpica comenza a facer o seu habitual futbol de toque, con Cheo entrando unha e outra vez pola banda dereita. As ocasions sucedense diante da meta de Costa, pero por sorte chegase con ventaxa visitante ó descanso.
No arranque do segundo periodo puido sentenciar o partido o Sofan, e contras moi ben levadas que unha vez Eloy e outra Berti, ambas a porteria vacia, non foron quen de marcar. E cumpliuse o dito de que " o que perdona paga". Alfredo non perdonou e levou o empate ó marcador cun autentico golazo. De maneira increible a SD baixou os brazos co empate, e o Malpica creciuse ata tal punto de marcar pouco despois o segundo e definitivo gol. Esto e a expulsion de Gende decantou definitivamente o encontro, pois os intentos desesperados do Sofan por empatar non tiveron exito ningun.

miércoles, septiembre 05, 2007

CRONICA DEPORSPORT


Fixose eco no dia de hoxe o DEPORSPORT do bo inicio ligueiro da SD, ainda que percibimos un exceso de triunfalismo nas palabras do redactor Guillermo Parga. No seno do plantel sofanista estamos cos pes no chan e traballando coa humildade propia deste clube para alcanzar os maiores exitos posibles, sen poñerse ningunha meta a priori. De todas maneiras agradecemoslle a Guillermo que nos de cancha no seu medio pois as suas palabras sirven como recoñecemento ó traballo que se ven realizanzo neste clube, e aproveitamos para valorar na sua xusta medida a magnifica labor que este medio está facendo co futbol costeiro. Que siga así por moito tempo.

domingo, septiembre 02, 2007

S.D. SOFAN 2 NANTON 1

Comenzou ben a tempada no Carral, cunha sufrida victoria ante un Nanton moi serio que puxo en moitos problemas ó equipo local. Unhas 100 personas viron un partido aburrido por momentos, que se animou no segundo tempo coa chegada dos goles e as ocasions.

ALINEACIONS:

SD SOFAN - Costa, Victor Docampo, Gende, Baneira, Pancho (Gustavo m. 75); Varela, Juanjo; Adrian, Bertin (Cristian m.54), Berti (Suso Docampo m. 54) e Eloy.

NANTON C.D. - Rizos, Miki, Victor Pereira, Felix, Sito, Isidro (Manolo m.56), Diego, Fabio (Victor Amado m.66), Luis, Serra (Marcos m.75) e Pichel (Carlos Vidal m.60)

ARBITRO: Ruben Baldomar Obellero, que amonestou a Varela e Adrian por parte local, e a Miki, Felix, Sito, Fabio e Manolo por parte visitante.

GOLES: 1-0 m. 60 Suso recibe dentro da area e resolve con maestria. 1-1 m. 73 Rechaza nun corner que empuxa Carlos Vidal libre de marca na area pequena. 2-1 m. 80 Baneira remata de cabeza nun corner anticipandose a Rizos.

Partido moi trabado no primeiro tempo, no que o Nanton se replegou moi ben e o equipo local non combinou coa rapidez suficiente para superar á defensa blanca. Comenzou dominando o Nanton, con un Luis moi participativo pero algo solo no ataque. Foi Eloy o que tivo a primeira ocasion lanzando unha falta ó largueiro. Victor e Adrian entendianse á perfeccion pola banda dereita e o perigo viña maioritariamente por ese costado. Á saida dun corner un remate de Varela provoca varios rechaces e é posible que lle fagan penalti a Berti. Os locais non tiñan as ideas claras e atacaban por rachas pero sen moita claridade. O forte calor tamen influiu para que se vira un futbol algo lento.

No segundo tempo animouse algo a cousa. Tivo Pichel un man a man con Costa que resolveu o meta salvando un gol cantado. Cando mais dominaba o Nanton chegou o gol de Suso e cambiou a decoracion do partido. Pronto empatou o Nanton e o futbol fixose algo mais bonito, con algunha xogada de calidade. Rematou Adrian con maestria, o balon rebotou no longueiro e na linea de gol antes de ser despexado pola defensa. Pouco despois Varela enganchou un dereitazo que o meta visitante sacou da mesma escadra. Pero nesa xogada chegou o 2-1. Costa sacou outra incrible man a pouco do final asegurando a victoria local, moi apretada e peleada que dará unha boa inxeccion de moral de cara ó derbi do domingo en Malpica.