lunes, abril 30, 2007

SANTA COMBA B 2 - SD SOFAN 2


Sacou un empate a SD na sua visita ó Carreiro en partido correspondente á ida da primeira ronda da Copa da Costa. O resultado foi un mal menor para os visitantes que xogaron un partido bastante caotico.

ALINEACIONS:

SANTA COMBA B - Santi, Pablo, Esteban(Jorge m.89), Adrian (Ruben m. 56), Pio, Solis, Marcos Negreira (Amarelle m. 85), Alex, Daviciño(Gabriel m.68), Bruno e Miguel.

SD SOFAN - Costa, Pancho, Jose(Mutio m. 62), Gustavo, Varela, Pizo, Juanjo, Pablo Vazquez, Pombo, Eloy(Cancela m.60) e Bertin.

ARBITRO - Ferreño Presedo, sen complicacions. Amonestou a Bruno e Miguel por parte local, e a José por parte da SD

GOLES: 0-1 M. 33 Pase en profundidade a Bertin que eleva o balon por encima da saida de Santi 1-1 m. 45 falta lateral sacada ó segundo pao e Alex introducea na porteria ante a indecision da zaga visitante 2-1 m. 70 roubo de balon de Negreira cerca da area, producese un rexeite e Alex chegando dende atras empalma un trallazo que entra pola escadra 2-2 m. 93 Bertin aproveita un barullo na area para empalar unha boa volea que bate a Santi

Sorprendente partido o de onte no Carreiro, nun terreo de xogo que condicionou moito o choque polas suas dimensions e superficie. O Santa Comba, teoricamente inferior á Sd, plantexou o partido de maneira admirable, buscando explotar ó maximo as suas virtudes, e traballando exemplarmente en defensa. As baixas do equipo visitante fixeron que debutara unha dianteira inedita esta tempada, formada por Pombo e Eloy, que nunca encontrou ocos na defensa do filial. Pola contra, Daviciño era un pesadelo para os centrais carballeses pola sua movilidade e habilidade para recibir entre liñas. As ocasions brillaron pola sua ausencia no primeiro tempo ata o gol de Bertin, que parecia aclarar o panorama para a Sd. Pero nada mais lonxe da realidade, pois o empate ó borde do descanso foi un mazazo. Os locais pillaron confianza nas suas posibilidades, e iso, sumado á apatia visitante, fixo que no segundo tempo dominaran o partido, anotaran un gran segundo gol e incluso tiveron un par de contraataques que deberon sentenciar o choque. Tivo fortuna a Sd, pois a pesar de volcarse na meta de Santi apenas se crearon ocasions, e cando o partido esmorecia Bertin aproveitou habilmente un balon solto para firmar un empate que os visitantes consideran como un gran resultado de cara ó encontro de volta.

sábado, abril 21, 2007

ULTIMAS NOTICIAS

Varias novas de ultima hora afectaron á SD estos dias:

- Por un lado, xa comenzaron as obras no campo do Carral, destinadas a dotar de riego automatico o pasto onde corretean os nosos xogadores. Os homes da directiva traballaron a reo para esto fora adiante, quitandolle horas ó seu descanso para que os xogadores da SD teñan o mellor cesped posible o ano que ven. Con motivo destes traballos o equipo verase obrigado a buscar campo para disputar a copa da costa. Os mais firmes candidatos son o campo das Eiroas de Carballo, o da Rocheira en Coristanco ou As Pedreiras, campo do eterno rival o San Lorenzo, que tras a remodelacion ten un aspecto fenomenal

- Na tarde de hoxe sabado xoga o Sofan un amistoso en Nanton ante o equipo local, que servirá de preparacion para o inmediato inicio do torneo copero. Non ten o Sofan baixas sensibles, agas a de Pombo, e tentará o mister Chema que os homes non perdan o estado de forma idoneo de cara ó dificil compromiso co Santa Comba B

- Con respecto a este partido, decir que está practicamente feito o acordo entre as duas directivas para adiantar os partidos desta eliminatoria, que quedarian da seguinte maneira:

Santa Comba B - SD Sofan o dia 29 de abril no campo vello de Santa Comba
SD Sofan - Santa Comba B o dia 5 de maio, sabado, en campo por determinar

lunes, abril 09, 2007

SD SOFAN 4 UC CEE 4

Futbol total no Carral, onde na tarde de onte se viu un bo espectaculo, con xogo de ataque, goles, emocion e multiples ocasions propiciadas pola relaxacion defensiva de ambos equipos, que non se xogaban nada no encontro.

ALINEACIONS -

SD SOFAN - Dani, Mutio, Pancho, Gende, Gustavo, Juanjo, Carro, Varela, You (Suso Docampo m. 76), Eloy e Marcos Cancela (Victor Docampo m. 64)

UC CEE - Barca, Ruben Fiuza, Miguel Fiuza, Julito, Dani Freire (Jorge m.45), Pablo, Carlos Leis, Nando (Mateo m.80), Mario, Leo e Victor

ARBITRO - Rodriguez Tajes, que amonestou por parte da SD a Varela, Pancho e You e por parte do Cee a Pablo, Julito e Barca

GOLES - 0-1 M. 9 Mario 1-1 m. 16 pase en profundidade de Varela, Carro encara a Barca e bateo por alto. 1-2 m. 26 Leo 1-3 m. 35 Leo 2-3 m. 56 Eloy tras bonita xogada 3-3 m 76 Carro a porta vacia tras gran xogada de Juanjo 4-3 m. 80 Suso Docampo empuxa unha gran xogada por banda dereita 4-4 m. 92 Mario internase por banda e bate a Dani na sua saida

Disfrutou onte o publico que se congregou no campo do Carral do futbol de dous equipos que xogaron sen complejos ó ataque. Dominou o Cee territorialmente no primeiro tempo buscando de maneira descarada os goles de Leo que na sua carreira polo pichichi veu a Sofan a marcar os maximos goles posibles. Marcou 2 pero no primeiro tempo puido lograr algun mais. O home mais perigoso dos visitantes foi Mario, que dou mostras continuas da sua calidade. A SD pola contra, creou perigo en rapidas internadas pola banda, especialmente de Carro, que fixo un partido soberbio volvendo loco a un dos considerados mellores defensas da liga, Fiuza, que onte quedou en evidencia ante o veterano extremo. O primeiro acto rematou coa sensacion de que o Cee podia golear, a pesar de que o Sofan non xogou nada mal.

O segundo tempo foi outro cantar, a SD comiuse literalmente ó subcampeon de liga, remontou o partido e se o futbol fora un pouco xusto co Cee marcharia do Carral cun carro de goles ó lombo, pois os locais fallaron innumerables ocasions e incluso You marrou un penal feito a Victor Docampo co marcador empatado. Incomprensiblemente o Cee xogou coa defensa adiantada e iso aproveitouno o Sofan para entrar unha e outra vez por bandas, con Carro, Juanjo de Victor inconmensurables e un Eloy que fixo un partidazo, quizais motivado pola presencia nas filas visitantes do seu ex compañeiro Miguel Fiuza. Os goles foron caendo pero Carro, Cancela e Eloy marraron clarisimas ocasions diante de Barca que poideron dar un marcador de escandalo. O peor foi que cando se culminou a remontada os locais non souperon manter a ventaxa e Mario igualou o partido nos minutos de desconto.

De todas maneiras a noticia mais alegre da xornada foi a volta ó Carral dos irmans Docampo, santo e seña do Sofan. Suso voltou da sua grave lesion de rodilla marcando un gol na sua linea habitual, e Victor demostrou que a pesar de que lle gusta mais andar detras dos jabalies, non se lle olvidou xogar ó futbol.

Rematou a tempada, e a SD logrou o obxectivo da permanencia, ainda que se puido quedar un par de postos mais arriba, pero a irregularidade no propio feudo deixou ó equipo na metade da taboa. Agora a esperar pola copa.

miércoles, abril 04, 2007

COPA DA COSTA

Xa saiu o sorteo da Copa da Costa 2006/2007. Na primeira ronda enfrontaremonos ó Santa Comba B, o primeiro partido en Santa Comba e o segundo no Carral os dias 6 e 13 de maio. Para ver o sorteo completo dirixidevos á páxina
http://www.unionvimianzo.com/copa/copa07/copa07.htm

lunes, abril 02, 2007

CARNOTA 2 S.D. SOFAN 0

Xornada casi festiva para a SD que non se xogaba nada no envite, e ainda que puxo toda a carne no asador viuse desbordado por un Carnota que se xogaba a permanencia e conseguio o seu obxectivo nunha segunda parte moi ben xogada por parte do equipo local

ALINEACIONS-

CARNOTA . Luis, Nico, Alex, Pedro, Sebas, Eli, Marco (Demetrio m.64), Martin, Jorge Cagide(Jose Manuel m. 83)(Urko m.87), Piri, Miguel(Pablo Beiro m.45).
SD SOFAN. Costa, Pancho, Gustavo(Mutio m.75), Gende, Varela, Pizo, Marcos Cancela, Juanjo, You, Pombo(Jose m.73) e Bertin.

ARBITRO - Sergio Rodriguez Tajes, que amonestou a Eli.

GOLES - 1-0 m. 48 rapido contragolpe do Carnota que culmina Pablo Beiro anticipandose de cabeza á defensa visitante. 2-0 m. 77 xogada embarullada na area visitante con claro fora de xogo incluido, e Pablo Beiro define a porta vacia.

Nos compases inicias do primeiro tempo a SD levou o peso do partido. O Carnota mostrabase moi agarrotado debido posiblemente ó importante que era o partido para eles. O medio campo visitante contactaba ben con Pombo e o xogo da SD era fluido . Na zona defensiva non se pasaban apenas apuros, excepto nunha gran xogada de Piri dentro da area que desbaratou Costa nunha gran salida. O dominio territorial da Sd non se transformou en ocasions de gol e Luis foi un mero espectador durante todo o encontro.

O gol nada mais sair dos vestiarios sentenciou o partido, pois a Sd, sen xogarse nada no partido, non tivo forzas para remar co marcador en contra e deixouse levar ata que o Carnota, moi tensionado e animado por un publico volcado co equipo local, marcou o segundo tanto que dou por finiquitado o partido. Os carnotans estiveron moi seguros en defensa toda a tarde, con un Pedro moi seguro no xogo aereo e un Eli que levou a manija no medio campo, e mereceron a victoria de maneira clara.